Categoría: Accion sindical

  • CCOO Servizos sae ás rúas de Madrid para pedir subas salariais e o desbloqueo da negociación colectiva

    Milleiros de traballadoras e traballadores, de delegados e delegadas sindicais, procedentes de todos os recunchos do país participaron nas marchas a Madrid convocadas por CCOO e UGT, para protestar contra a actitude irresponsable e egoísta de CEOE e CEPYME que están a apostar pola conxelación dos salarios, ante o aumento desbocado dos prezos.

    Como denunciou o secretario xeral de CCOO, Unai Sordo, «as organizacións empresariais están demasiado afeitas a saír da crise sempre pola vía da desvalorización dos salarios, a destrución de emprego e das condicións de vida da maioría social».

    Tres marchas e unha gran concentración

    Desde primeiras horas da mañá, e desafiando á choiva, a multitudinaria participación nas marchas, que foron avanzando en tres columnas desde Atocha, Praza de España e Porta de Toledo, ata a Praza Maior, colapsou as céntricas rúas da capital que se viron asolagadas por miles de manifestantes, os petos vermellos e as bandeiras de cada organización, que poñían a nota multicolor a unha nova xornada de protesta baixo o lema “Salario ou conflito”.

    Unha gran mobilización que reflicte a indignación e rebeldía da clase traballadora ante a cicatería dunha patronal que só pensa en salvagardar os seus beneficios, trasladando o incremento dos prezos á cesta da compra, e á conta de conxelar os salarios, xerando situacións de desigualdade e pobreza.

    Neste sentido, os manifestantes xa advertiron que «ante a negativa da patronal ás propostas sindicais, a nosa resposta seguirá sendo a loita e a mobilización ata que senten a negociar o incremento dos salarios». Ler máis

     

    As reivindicacións son xustas

    O contexto de inflación desbocada, con orixe no conflito de Ucraína, mantense e agrávase porque as grandes empresas aproveitan a situación actual para trasladar a alza de prezos ao resto de produtos, ampliando de forma desproporcionada as súas marxes de beneficios e encarecendo o custo da vida. Por iso os sindicatos sosteñen que é fundamental garantir o poder adquisitivo das familias traballadoras e evitar que a cidadanía volva pagar os custos dunha crise que non xerou.

    Se a isto se engade a recente decisión do BCE de subir os tipos de xuro por terceira vez no que vai de ano, é evidente que, se non aumentan os salarios, reducirase aínda máis o consumo, o que repercutirá negativamente na actividade económica e lastrará a creación de emprego, empeorando aínda máis a situación. 

    As organizacións sindicais demandan responsabilidade á patronal para que desbloquee a negociación colectiva, sente á mesa para alcanzar un novo Acordo para o Emprego e a Negociación Colectiva (AENC) que dea confianza e certeza á economía; pero ante a súa negativa, animan a cidadanía a participar na manifestación convocada en Madrid. 

  • Salario ou Conflito

    Na previa á semana de presentación de resultados do 3er trimestre de 2022, o Secretario Xeal de CCOO Servicios recorda en declaracións á Ser que CCOO ven denunciando de forma reiterada que o modelo de negocio imposto polos Bancos é laboralmente insostible para o persoal:

    “El papel de las plantillas en el futuro del sector financiero” (2019)

    “Imprescindibles: El principal activo del sector financiero” (2020)

    “Imprescindibles: Por un sector laboralmente responsable” (2022)

    Nestes Informes propositivos, acompañados dunha campaña sostida de actuacións, CCOO analizou e denunciou:

    • Que o axuste neto de persoal en máis de 115.000 persoas desde 2008 sitúa a España como o país da UE onde os persoais do sector financeiro soportan a maior carga de atención.
    • Que este proceso, unido ao peche de máis da metade de oficinas e os procesos de dixitalización, ha incrementando de forma exponencial a sobrecarga de traballo: xestión comercial e bancaria, risco xurídico, formación obrigatoria, carga administrativa… concentrado na metade de persoas.
    • Que a esta sobrecarga, con constatables consecuencias sobre a saúde, súmanse prolongacións de xornada, obxectivos comerciais inasumibles, presións desmedidas… levando a unha situación límite para persoais tensos, queimadas e desmotivadas. Un modelo laboralmente insustentable que debe cesar de inmediato.
    • Que, mentres as cúpulas do sector descoidan e ignoran aos persoais, ademais de negarse a compensar a súa perda de poder adquisitivo por unha inflación imprevista, cóidanse a se mesmos: Entre 2018 e 2021 os beneficios das principais entidades subiron un 34,17% e os soldos de Presidentes e CEOs un 37,77%

    Desde esta semana, que a Banca presenta novos beneficios récord, CCOO movilízase para reivindicar outro modelo laboral no que se coide ao persoal, o principal activo do sector: Polo emprego e o poder adquisitivo (“Salario ou Conflito”), as delegadas e delegados de CCOO mobilizámonos o #28O en distintos puntos de España e o #3N na gran manifestación en Madrid.

  • O convenio do comercio vario mellora as condicións laborais de máis de 13000 persoas na provincia de Pontevedra

    Desde CCOO queremos valorar moi positivamente este acordo, porque con el dáse un paso moi importante, conseguindo aglutinar nun só convenio a gran parte do comercio, como a venda polo miúdo (retail) de tecidos en xeral, pezas confeccionadas, alfombras e tapices, paquetería, mercería, quincallería, comercio polo miúdo de xoguetes, artigos deportivos, comercio de bazares, artigos de agasallo, adorno e reclamo; tendas denominadas de “miniprezos" e similares
    En xeral, aquelas adicadas ao comercio de artigos múltiples sen predominio dentro do mesmo establecemento tales como comercio da pel, venda por xunto de tecidos, mercería e paquetería en xeral, pezas confeccionadas, alfombras e tapices, zapatos, e tamén nas que no futuro se encadren ou agora non teñan convenio de referencia.
    Ler máis.

    • Un convenio a 3 anos: 2022-2024.
    • Categorías profesionais: Actualización dá clasificación, definición de funcions e promoción profesional..
    • Xornada laboral: Definición dás quendas de traballo de maña e tarde (07:00 a 16:00 e 14:00 a 22:00)
    • Incrementos Salaris: 2022 – 6,5%; 2023 – 3%; 2024 – 3%
    • Abono dunha paga de 400€ non consolidables, que pode aboarse fraccionado, nun período máximo de catro meses desde a publicación do convenio.
    • Revisión salarial: As táboas salariais serán revisadas con carácter retroactivo o 31 de Decembre de 2024, si a suma dos IPCs reais de 2023 e 2024 supera a suma dos incrementos salariais dos mesmos anos (6%). Sen embargo o incremento terá un tope do 10% para os dous anos, de tal forma que a revisión salarial máxima será dun 4% (6% + 4%).
    • Pagas extras: Conformación Xeral de catro pagas extras, marzo, xuño, setembro, decembro.
    • Nadal, Domingos e festivos: Abono de 5€ por hora traballada desde as 16:00h dos días 24 e 31 de decembro.
    • Traballo en festivos voluntario, con tope de 7 horas día e abono de horas ao 175%
    • Contratación:
    • Contrato Fixos Descontinuos: Chamamento mínimo 4 meses a xornada completa, con aviso previo de 15 días e consolidación do tempo traballado que supere os 4 meses de referencia nun período de tres anos, con prioridade de incorporación, antes de celebrarse contratos de duración determinada ou temporal e tamén prioridade para ocupar vacantes permanentes indefinidas.
    • Contratos Tempo parcial: Xornada mínima de 24H e 30H máximo para empresas de menos de 14 traballadores/as e para 15 ou máis, xornada mínima de 27H e máxima de 30H. Non poderase realizar distribución irregular dá xornada. Preferencia a hora de ocupar vacantes a Tempo Completo.
    • Excedencias: Contemplando diferentes casuísticas.
    • Excedencia por coidados.
    • Especial de 3 a 6 meses con reserva do posto de traballo.
    • Excedencia Especial de verán.
    • Incapacidade Temporal: Contemplando o pago do 100% da retribución.

    Consulta os aspectos máis destacables

  • «Ou salario ou conflito», advirte a secretaria xeral de CCOO

    "Levámolo dicindo durante todo o verán, despois de que a CEOE se erguese da mesa de negociación: "salario ou conflito". É unha cuestión de principios", sinalou a dirixente sindical ante os medios de comunicación.

    "A clase traballadora non pode pagar o custo da crise. Fálase moito de pacto de rendas, pero a patronal só quere oír falar del cando os traballadores e as traballadoras sexan quen asuman o custo da crise, por iso cómpre actuar tamén sobre os beneficios empresariais", clarificou a sindicalista.

    Hoxe venres, 7 de otubro, a secretaria xeral de CCOO, canda o seu homólogo da UGT, estarán na concentración convocada en Ourense, ás 12 horas, diante da patronal provincial.

    Mobilizacións do venres, 7 de outubro

    Xoves, 6 de outubro

    — Ourense: concentración ás 12.00 horas diante da Confederación de Empresarios de Ourense. Asistirán a secretaria xeral de CCOO e o secretario xeral de UGT

    — Lugo: concentración ás 12.00 horas diante da Confederación de Empresarios de Lugo (só CCOO)

    — Pontevedra: concentración ás 12.00 diante da Cámara de Comercio (só de CCOO)

    — Vigo: concentración ás 12.00 horas diante da Confederación de Empresarios de Pontevedra

  • O comité de Coremain denuncia o despedimento de ducias de persoas en Galicia

    O comité de empresa de Coremain denuncia a pretensión da empresa de despedir a ducias de persoas traballadoras. A empresa comunicou á representación sindical a súa decisión de presentar un ERE extintivo o pasado venres día 26 de agosto. O comité manifesta o seu máis rotundo rexeitamento tanto aos despedimentos como a posible deslocalización dos postos de traballo.

    A día de hoxe Coremain segue se concretar o número de despedimentos, que van de 30 a 80, creando incerteza entre as persoas que poden ser incluídas no ERE.

    O comité culpa a Coremain desa deslocalización ao teren apostado en anos anteriores por derivar parte da carga de traballo a Perú, apuntando o camiño que parece seguir a nova adxudicataria do proxecto Vodafone (CAU-Centro de Axuda ao Usuario), a cal pretende trasladar todo o servizo de atención a usuarias e usuarios a este país e non contempla a subrogación do persoal actual. Ler máis

    Isto supón seguir afondando na redución de postos de traballo do sector en Galicia, así como o traslado de datos de milleiros de persoas a un país que non está suxeito á normativa europea de protección de datos. Nos últimos 6 meses, as decisión empresariais de deslocalización levadas a cabo por parte de Vodafone, en servicios que se prestaban desde Galicia, supoñen una destrución de máis de 200 postos de traballo.

    Canda isto, o comité denuncia que a Xunta de Galiza segue sen exercer as súas competencias e non esixe ás empresas que operan no noso país que garantan a atención no noso idioma, obrigando a que os usuarios teñan que usar unha lingua distinta a súa lingua materna e facilitando a deslocalización de empresas. O obrigatoriedade de facilitar unha atención en galego podería garantir un mínimo de 2000 postos de traballo en Galicia.

    Rexeita tamén a pretensión de Vodafone de maximizar os seus beneficios a custo dos dereitos laborais deslocalizando os servizos a terceiros países con salarios aínda máis baixos que os establecidos no convenio colectivo de Consultoría.