Categoría: Accion sindical

  • O persoal de Teleperformance intensifica as protestas para defender os seus dereitos

    O comité denuncia que a empresa «fai o xordo» ás reivindicacións, polo que se intensificarán as protestas, con paros parciais a partir de hoxe, 28 de xuño, e concentración ás 12:30

    Os sindicatos denuncian continuos problemas no cómputo do rexistro da xornada —que se traducen en descontos nas nóminas—, a formación insuficiente e sen apoio, a implantación dunha ferramenta única para a comunicación coa empresa —e que presenta deficiencias—, a falta de información á representación legal do persoal ou a negativa de Teleperformance a compensar de maneira xusta os gastos do teletraballo durante a pandemia.

  • Asinado o convenio colectivo do comercio de alimentación de Ourense

    Como principais características, o novo convenio terá vixencia para o período 2021-2024, reducirá a xornada laboral a 1812 horas anuais —equiparándose ao resto de convenios provinciais— e recollerá incrementos salariais por riba do 2,5 %. Ler máis

    O novo convenio consegue anticipar o peche dos días 24 e 31 de decembro ás 19:00, fixa no 31 de xaneiro a data máxima de entrega dos calendarios de vacacións —estaba no 31 de marzo—, mellora a licenza do artigo 7.2 —agora só contará os días laborables en caso de falecemento ou enfermidade grave de descendentes ou cónxuxe—, incorpora unha nova licenza retribuída para se examinar do permiso de conducir e mais un novo artigo de desconexión dixital.

    Canto aos incrementos económicos, serán de 25 euros mensuais para o 2021, aos que se sumarán subas de 27, 30 e 30 euros mensuais nos restantes anos de vixencia do convenio. Estas cantidades supoñen para a maioría do persoal —encadrado no grupo III B— uns incrementos do 2,58 %, 2,72 %, 2,94 % e 2,86 % para cada un dos anos de vixencia. Neste grupo, o salario anual para o 2021 sería de 14.893,50 euros e de 16.198,50 ao remate da vixencia.

    Por último, cabe sinalar que o convenio deixa o salario anual para o grupo máis baixo —grupo IV— en 14.489,55 euros anuais no 2021 e en 15.794,55 €/ano ao remate da vixencia, moi por riba dos 13.300 euros anuais do actual salario mínimo interprofesional.

    Novidades convenio Comercio Alimentación Ourense

  • Gañada a demanda de CCOO e outros sindicatos contra Paradores, que deberá compensar o seu persoal

    A Audiencia Nacional deulles a razón a CCOO e a outros sindicatos e estima parcialmente a demanda presentada contra Paradores. Segundo os denunciantes, con motivo do estado de alarma, a empresa deixou sen pagar diversos complementos salariais ao persoal, causándolle un notable prexuízo económico. Ante a negativa a corrixir a situación, non quedou máis solución que acudir á Xustiza, que agora dálle a razón á representación legal do persoal. Ler máis

     

    A sentenza, que ten carácter executivo, obriga a Paradores a aboar a prima de produción —atendendo á percibida por cada traballador ou traballadora no mes de marzo do 2020—. No referente ao complemento de manutención, deberase aboar conforme ao valor económico fixado nas táboas salariais do convenio.

    Canto ao complemento de nocturnidade, aboarase cunha recarga do 25 % do salario base para quen, durante o período entre o 14 de abril e o 24 de xuño do 2020, tivo que prestar servizos entre as 22:00 e as 06:00 horas —conforme as quendas horarias mensuais establecidas—. Por último, o complemento de quenda partida pagarase segundo o valor fixado nas táboas salariais —novamente, para o persoal que así o fixo entre o 14 de abri le o 24 de xuño.

    Desde a Federación de Servizos de CCOO instan a Paradores a acatar xa a sentenza —só cabe recurso de casación perante o Tribunal Supremo— para non dilatar máis a solución nin aumentar o custo para o erario, xa que se trata dunha empresa pública «e o diñeiro dos recursos sae dos petos de todas e todos nós.

  • Éxito de participación na folga de Caixabank, cun paro case total

    A Federación de Servizos de CCOO aplaude o seguimento da folga de Caixabank. Este martes pecharon practicamente todas as oficinas da entidade bancaria en Galicia (case o 95%) e case todo o persoal (98%) secundou a xornada de paro.

    Desde CCOO cualifican de «lamentable» que, a dúas semanas de rematar a prórroga das negociacións —tempo extra conseguido grazas ás mobilizacións—, a dirección do banco «teime en defender unha postura radicalmente contraria ás nosas liñas vermellas».

    Entre outras cuestións, Comisións esixe reducir o número de saídas e que estas sexan voluntarias —e cunhas axeitadas condicións para que así sexa—, que non haxa recortes de carácter laboral e que a homologación salarial entre o persoal procedente de Caixabank e Bankia se produza canto antes.

  • Teleperformance A coruña: ante a prepotencia, mobilizacións

    Teleperformance, en Agrela, unha empresa de Contact Center, que se publicita como un referente mundial no seu sector con uns 800 empregadxs en A Coruña, e que da servizo a grandes multinacionais tanto de telecomunicacións, enerxéticas e outros sectores, segue incumplindo os acordos e compromisos cos traballadorxs e xs seus representantes.

    O Comité de empresa de Teleperformance Coruña denuncia que a empresa continúa facendo caso omiso das continuas reivindicacións tanto de traballadorxs como da representación laboral das persoas traballadoras.

    Ante esta situación decidiuse levar adiante un calendario de movilizacións:

    – Concentracións nas datas dos días 11 e 23 de Xuño de 12:30 a 13:30 diante do Centro de traballo que Teleperformance ten en Agrela.

    – Convocatoria de paros parciáis nos horarios de 12:30 a 13:30 e de 16:00 a 17:00 horas na data do 28 de Xuño. Simultáneamente no horario de 12:30 a 13:30 realizaráse una concentración diante das instalacións.

    O OBXECTIVO deste calendario de mobilizacións é rematar con: Ler máis

    – Os continuos problemas no cómputo do rexistro de xornada que derivan en contínuos e reiterados descontos en nómina por ausencias debidamente xustificadas polas persoas traballadoras, así como por desconexións por fallos técnicos responsabilidade de Teleperfomance. Cabe sinalar que o problema das incidencias de nómina levámolo arrastrando dende fai máis de dous anos, e que se foi agravando durante a pandemia.

    – As formaciones precarias, insuficientes e sen apoio tanto no centro como en teletraballo.

    – A implantación dunha ferramenta única para a comunicación coa empresa con múltiples deficiencias e erros, que deixa totalmente indefensa o cadro de persoal e limita o traballo sindical das/os representantes das persoas traballadoras.

    – A falla de información á representación das persoas traballadoras e ausencia de vontade por parte da empresa para conseguir puntos de encontro.

    – E como remate, a negativa da empresa a compensar de maneira xusta e decente os gastos derivados do teletraballo durante a pandemia, tal e como recolle o RD 28/2020, e non como una mera esmola que é o que a empresa ten esposto.

    O Comité de empresa toma a decisión de levar adiante este calendario de mobilizacións como consecuencia da nula vontade por parte da empresa non xa de conseguir un acordo, senón nin de sentarse para intentalo.

    Dende que comezou a pandemia, a empresa atopou o caldo de cultivo ideal para levar adiante todas e cada unha das súas pretensións, aplicando de maneira incondicional medidas unilaterais e restritivas, recortes de dereitos e modificacións nas condicións de traballo .

    Ante todo iso este Comité atópase coa incapacidade e falta de vontade da empresa para dar solucións.

    Estas mobilizacións continuarán de non cambiar a situación que se leva arrastrando dende fai moitos meses e que Teleperformance decidiu ignorar.

    NON PODEMOS PERMITIR QUE A PASIVIDADE E INOPERANCIA DA EMPRESA SE TRADUZA NA RUÍNA E PRECARIEDADE DAS PERSOAS TRABALLADORAS