Categoría: Accion sindical

  • CCOO non asina o convenio de hostalaría de Ourense porque condena á precariedade os traballadores e traballadoras

    A Federación de Servizos de CCOO decidiu na tarde do luns non asinar o convenio provincial de hostalaría de Ourense porque «condena á precariedade» os traballadores e traballadoras. O sindicato critica a decisión de UGT e CIG de asinar o texto, xa que os incrementos salariais previstos están moi por baixo do Acordo de Emprego e Negociación Colectiva (AENC), que prevé un salario mínimo anual de 14 000 euros. Neste convenio, o salario anual máis baixo será de 12 810 euros en 2019, 1190 por baixo do pactado no AENC, e de 13 327,58 en 2021, polo que aínda faltarían 672,42 para chegar aos mínimos do acordo estatal. Ler máis

    O obxectivo do AENC, que vincula sindicatos e patronal, é chegar a ese salario mínimo de 14 000 euros anuais no ano 2020. Porén, cos incrementos pactados neste convenio, que se sitúan no 2 %, será imposible alcanzar a esa cifra nin sequera no 2022. Por esta razón, CCOO considera «unha vergoña» o asinamento do convenio.

    CCOO lembra que este convenio afecta a tres mil persoas na provincia de Ourense, das cales ao redor do 40 % —unhas 1200— pertencen aos grupos profesionais 5, 6 e 7, que son os peor pagados. Para paliar a situación, poderíase incorporar unha terceira paga extra, pois o convenio de hostalaría de Ourense é o único de Galicia que só inclúe dúas. A proposta do sindicato consistiría en engadir no ano 2019 media paga extra, e a partir do 2020 a paga completa.

    Rexeitada esa opción, a única posibilidade sería coa modificación do salario mínimo (SMI) por parte do Goberno, o que alteraría as táboas salariais pactadas, pero «crearía outras disfuncións». Por exemplo, un traballador ou traballadora que actualmente teña a categoría de auxiliar de cociña e un salario de 915 euros, podería ver de súpeto o salario aumentado a mil euros, contía equivalente á da persoa da categoría inmediatamente superior, que non experimentaría un aumento proporcional.

    Facer depender as táboas salariais do que o Goberno decida facer co SMI sería colocar diferentes profesionais case co mesmo salario, independentemente da súa cualificación profesional, «xerando novos problemas».

  • A Federación de Servizos insta á Xunta a mediar no conflito de Unitono Ourense

    O pasado nove de maio a Federación de Servizos de CCOO de Galicia, representada pola súa Secretaria Xeral Lucía Trenor, asistiu a unha reunión do Comité de Empresa de Unitono co conselleiro de Economía, Emprego e Industria Francisco Conde.

    Na reunión participaron ademais a secretaria xeral de Emprego Covadonga Toca e o director do IGAPE Juan Cividanes.

    Durante a reunión o comité de empresa de Unitono trasladou a problemática existente na plataforma do centro de Ourense, solicitando a intervención da Xunta para atopar unha solución conxunta á deslocalización que está sufrindo. Ler máis

    A Consellería trasladou o seu compromiso de axente intermediario entre Naturgy e Unitono. Asemade, a empresa Unitono trasladoulle á Xunta a súa intención de diversificación de clientes na plataforma que teñen en Ourense para conseguir maior volume de negocio.

    A Federación de Servizos de CCOO expuxo unha vez máis á Xunta a necesidade de que Unitono aplique unhas solucións a curto prazo que permita o aumento do da carga de traballo para o seu centro en Ourense. Do mesmo xeito abordáronse as necesidades dunha modificación lexislativa que permita o mantemento de empregos en Galicia.

    Lucia Trenor, Secretaria Xeral de Servizos de CCOO Galicia, fixo especial fincapé na situación e problemática na que se atopa o sector de Contact Center en Galicia, que ocupa a case 10.000 persoas pondo como exemplo os conflitos existentes en empresas como: Teleperformance, Bosch, DxC Technology, Unitono, Universal Support, etc…

    Desde a Xunta ratifícase o compromiso realizado na primeira reunión mantida coa secretaria de Emprego Covadonga Toca levando a cabo un estudo para analizar a situación do sector do Contact Center en Galicia.

  • CCOO vólvese a mobilizar en rexeitamento ás medidas forzosas do ERE de Caixabank

    Non basta con retirar as extincións forzosas, é necesario evitar unha purga coa mobilidade forzosa. O persoal de CaixaBank segue baixo a ameaza de mobilidades forzosas e cambios das súas condicións laborais. Por iso, o persoal de CaixaBank mobilizouse hoxe, 24 de abril, para manifestar o seu máis absoluto rexeitamento nas sedes de todas as Direccións Territoriais, e Servizos Centrais de Barcelona ás 17:00h.

    O persoal de CaixaBank segue baixo a ameaza: mobilidades forzosas, baixas indemnizacións que non garanten éxito nas adhesións e cambios das condicións laborais, como as 100 tardes para os xestores/as, apertura da tarde dos martes, etc. Ler máis

    A voluntariedad nas adhesións non evita as extincións forzosas e compromete dita voluntariedad porque sabemos que, aínda non queréndonos ir, poden aplicar unha mobilidade tamén forzosa que en caso de non aceptar acabaría en despedimento.

    A Dirección de CaixaBank debe dar un xiro máis na negociación e CCOO avanzará.

    Máis información: 

    Ricard Ruiz – Secretario Xeral CCOO CaixaBank: 699 073 329 
    Ruth Bolaños – Secretaria de Comunicación e Dinamización: 679 704 292

    Vídeo

  • Asinado o Convenio de Materiais de Construción e Saneamento de Ourense

    O mércores 10 de abril asinamos o Convenio Colectivo de de o Sector de Materiais para a Construción e Saneamento de Ourense.
    A sinatura realizouse por parte da patronal ASEMACO e todos os sindicatos coa seguinte representación na mesa: CCOO 2, UXT 1 e CIG 1.
    Os datos a destacar neste acordo son os seguintes: Ler máis

    • Vixencia anos 2019 – 2020.

    • Porcentaxe dun mínimo de 70% de emprego fixo.

    • Incorporación ao salario basee do plus de transporte diario, cun importe de 60€ ao mes, que agora se abonará tamén no tres pagas extras e o mes de vacacións.

    • Incremento medio mínimo anual dun 2,4% (resultante de incorporar o plus de transporte ao salario basee e aplicar un 1,25% á suma de ambos os conceptos, o que nos permitirá alcanzar durante a vixencia do convenio o mínimo de 14.000€ anuais pactados no AENC)

    • Revisión salarial no caso de que o IPC supere os incrementos pactados

    • Incremento de Póliza de seguro de vida a 30.000€.

    • Xornada de descanso retribuido os días 18 maio 2019 e 2 de maio 2020.

    • Obriga de control de presenza e entrega dun resumo mensual das horas realizadas a entregar co recibo de nómina.

    • Inicio dos permisos retribuidos dos apartados b) e c) do convenio, en día hábil posterior ao feito causante, así como a posibilidade de gozar en días alternos os do apartado b)

    • Eliminación de categorías obsoletas que estaban por baixo do SMI.

    Asinamos un convenio que mellora notablemente as condicións de traballo do persoaL do sector, tanto a nivel salarial, como no que respecta a melloras sociais ou conciliación da vida familiar e laboral.

  • Novo día de folga en #UnitonoOurense cun seguimiento do 100% nas dúas quendas.

    Comunicado comité empresa de Unitono Ourense:

    Como sabedes tivemos unha reunión extraordinaria coa empresa para tratar a situación actual.
    UNITONO di que a súa intención non é deslocalizar ou pechar este centro e que na mesma liña esta Naturgy. Ler máis

    Non obstante a empresa NON SE COMPROMETE A GARANTIR NIN O AUMENTO DA CARGA DE TRABALLO NIN GARANTIR OS POSTOS DE TRABALLO.
    Moito din que apostan por nós pero, cremos que as palabras teñen que vir acompañadas con feitos porque de palabras bonitas non comemos!!!

    Convidamos á empresa que acudise xunto co Comité á reunión coa secretaria xeral de emprego da Xunta de Galicia. E declinou a oferta. Tamén pedimos que se convoque unha mesa de negociación entre a empresa, o Comité e Naturgy. Non tivemos resposta.

    O Comité propuxo á empresa que sente a negociar co cliente para que se reparta o traballo entre as dúas plataformas pero obtendo maior carga de traballo aquí. A empresa négase pois xa é u contrato cerrado. Entendemos que NON HOUBO UNHA VONTADE REAL POR PARTE DA EMPRESA DE NEGOCIAR.

    Tras 4 horas de reunión, a empresa o único que nos ofreceu a garantir por escrito que durante dous meses non van adoptar medidas de recortes contra os traballadores/ as. 
    ESTO NON É GARANTÍA DE EMPLEO SENON É GARANTÍA DE PRECARIEDADE e en ningún momento garantizan estabilidade e continuidade o único que temos é Data de Caducidade

    Temos neste momento un sentimento de desánimo máis profundo se cabe e a nosa postura e seguir pelexando coa vosa axuda

    NON SABEMOS CANTO PODE DURAR O QUE SI SABEMOS É QUE NON NOS VAMOS A RENDIR

    Vídeo