Categoría: Autónomos

  • CCOO e UGT congratúlanse do «éxito» da folga e da participación «masiva» nas mobilizacións

    O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e UGT-Galicia congratúlanse do «éxito» da folga convocada hoxe polo sindicalismo de clase. O seguimento dos paros de dúas horas foi masivo, especialmente en grandes empresas e administracións públicas. Polo de agora, non houbo incidentes salientables nin no paro que da madrugada (entre as 00:00 e as 02:00), nin tampouco ao mediodía (das 12:00 ás 14:00). 

    Para CCOO e UGT, o «apoio maioritario» da sociedade galega a esta convocatoria é «a proba» de que as reivindicacións do sindicalismo de clase, compartidas polo movemento feminista, «son tamén maioritarias entre os galegos e as galegas»: cómpre «denunciar e desterrar» a brecha salarial, a precariedade laboral das mulleres e o acoso e a violencia de xénero.

    Sabio e Rodríguez coidan que a data de hoxe é «histórica» e marcará «un antes e un despois» na loita pola igualdade. O apoio á folga amosa «o total rexeitamento» da sociedade galega á situación que padecen as mulleres do noso país. «As reformas laborais impostas, os recortes e as medidas de austeridade non fixeron máis que incidir nas desigualdades», denuncian as dirixentes sindicais.

    Contra o «teito de cristal»

    As secretarias da Muller de CCOO e UGT denuncian a «discriminación laboral e salarial» das traballadoras galegas: a igual formación, os homes acadan maiores taxas de ocupación en todos os niveis formativos. Ademais, a brecha salarial é de 22 puntos, polo que as mulleres galegas terían que traballar 71 días máis ao ano para percibiren o mesmo salario que os homes nun ano. Tamén critican a existencia dun «teito de cristal» que é a causa de que só o 2,3 % da poboación ocupada feminina estea en postos de dirección ou xerencia.

    A «praga» da violencia machista e do acoso

    Ademais da situación laboral, as mulleres son vítimas doutra das grandes «pragas» da sociedade actual, a violencia machista. No 2017, foron asasinadas 49 mulleres e 8 nenos e nenas. O recente Pacto de Estado contra a violencia demóstrase insuficiente e case non recolle medidas de carácter laboral, que son «fundamentais» ?en opinión dos sindicatos? para que as mulleres poidan saír dunha situación de violencia de xénero.

    Rodríguez e Sabio lembran tamén a situación de acoso sexual nos centros de traballo. Aínda que a lei protexe contra estas situacións, «as denuncias son poucas polas dificultades probatorias ou polos medos a perder o emprego», lamentan.

    Galería de imaxes

  • A Federación de Servizos de CCOO reúnese cos grupos parlamentarios para tratar a situación do Banco Popular

    A Federación de Servizos de CCOO de Galicia está
    a manter reunións cos distintos grupos parlamentarios galegos para
    abordar a problemática xurdida por mor da venda do Grupo Banco
    Popular ao Banco Santander. Hoxe celebráronse reunións cos grupos
    políticos En Marea e Partido Popular , estando previsto para mañá,
    día 14, un encontro co PSG.

    Nas xuntanzas de hoxe, a delegación de
    CCOO-Servizos estivo integrada pola secretaria xeral, Lucía Trenor,
    a responsable da sección sindical do Banco Popular, Carmen Peteiro,
    e polo responsable do sector financeiro de CCOO, Francisco Villares. Segue


     Desde o sindicato alertaron das «graves» repercusións sociais que
    para a nosa terra tería o desmantelamento dunha entidade financeira
    «netamente galega» e pedíronlles aos partidos políticos que se
    impliquen na defensa do emprego e das condicións laborais.

    CCOO-Servizos estendeu esa petición tanto aos postos de traballo
    directos -case o 12% do persoal do Popular, unhas 1430 persoas,
    está en Galicia-, como ás empresas vinculadas  -comercializadoras
    do parque inmobiliario do banco, centros de chamadas, etc.,- que
    suman unhas 500 persoas.

    Reacción dos grupos

    O Grupo Parlamentario de En Marea coincidiu con CCOO no rexeitamento
    a posibles despedimentos e peches de oficinas, así como na defensa
    da Fundación Barrié, cuestións que levará ao debate
    parlamentario. Do Grupo Parlamentario Popular tamén amosaron
    preocupación por estes puntos e solicitarán a mediación do
    presidente da Xunta para a defensa dos dereitos laborais e dos
    intereses da cidadanía.

    Traballo coordinado de CCOO

    CCOO-Servizos ten a representación maioritaria no ámbito estatal e nas empresas afectadas, isto é, tanto nos dous bancos como nas
    empresas que lles prestan servizos. Asemade, todas as seccións
    sindicais implicadas están a traballar coordinadamente desde que se
    coñeceu a operación de compra.

    Isto entra dentro do calendario de encontros que
    se estenderán á dirección do Banco Santander e Universal Support -centro de chamadas, contact center,
    con máis de 200 persoas afectadas-, tamén nesta semana.

  • Novidades para o traballo autónomo en 2016

    O documento, que está dispoñible para consulta ou descarga en liña nesta
    mesma web, contén información sobre a seguridade social, cota de
    autónomos/as para este ano, adecuación da mesma con vistas á xubilación
    ou a tarifa plana, a fiscalidade, retencións, requisitos para estar en
    módulos ou imposto de sociedades, entre outras cuestións, ou as
    situacións de desemprego. 

    Documento

    Ademais, publícanse no BOE as normas de cotización e de cesamento da actividade de autónomos.