Categoría: Comercio

  • Proclamadas as candidaturas da Federación de Servizos ao Congreso Extraordinario da Unión Comarcal de Arousa

    Quedan proclamadas as candidaturas para a asamblea electiva da
    Federación de Servizos de CCOO de Galicia ao Congreso Extraordinario da
    UC de Arousa. 
    A asemblea electiva celebrarase no lugar e data seguintes:
     
    • Data de celebración: 10/07/2018
    • Lugar de celebración: Local UC CCOO R/ Alexandre Bóveda,2-2 36600 Vilagarcia (Pontevedra)
    • Horario: Fase Electiva: 13:00-17:00 horas.

    Candidaturas asemblea electiva Federación Servizos

  • Mobilizacións no comercio vario da Coruña e do comercio téxtil de Ourense no primeiro día de rebaixas

    O sector do comercio vario da
    provincia da Coruña e o comercio téxtil da provincia de Ourense
    mobilizaranse o próximo venres, día 29 de xuño, cadrando co inicio
    das rebaixas. Os sindicatos Comisións Obreiras (CCOO), UGT e CIG,
    que promoven as mobilizacións, denuncian que as patronais de ambos
    os dous sectores pretenden «condenar» os traballadores e
    traballadoras «a salarios conxelados ou de miseria». «As rebaixas,
    nos prezos, non nos nosos dereitos», advirten.

    No caso do comercio vario coruñés, CCOO, CIG e UGT rexeitan as pretensións da patronal de recortar dereitos na negociación do novo convenio. Os sindicatos salientan especialmente a «teima» das empresas do sector en eliminar o dereito do persoal a cobrar o salario íntegro en casos de incapacidade temporal. O aspecto salarial tamén é relevante, xa que os soldos non se actualizan desde xuño do 2015 e a oferta empresarial é só do 1 %, sen incluír atrasos de anos anteriores.

    En materia de contratacións, as empresas pretenden seguir «aproveitándose» dos contratos formativos para contar cunha porcentaxe de persoal cobrando o salario mínimo. Na mesma liña, néganse a establecer un sistema que diminúa a contratación a tempo parcial e que garanta o aumento das xornadas parciais non desexadas.

    Tampouco hai avances sociais: ofrecen oito horas anuais para acompañamento médico de fillos ou fillas ou excedencias sen salario para ‘facilitar’ a conciliación.

    Canto ao comercio téxtil ourensán, a proposta das empresas situaría os soldos «lixeiramente por riba do salario mínimo» no ano 2020. Para a Federación de Servizos de Comisións Obreiras, isto sería «indecente», amais de non cadrar «cuns cadros de persoal formados e profesionalizados».

    Coa oferta empresarial na man, unha dependenta que en 2010 cobrase 873,19 euros mensuais chegaría ao 2020 cobrando 925,58, isto é, un incremento de só 52,39 euros en toda unha década. Para ese mesmo exercicio, a proposta de SMI é de 850 euros, polo que a proposta da patronal deixaría ese colectivo apenas 75,58 euros por riba dese mínimo.

    A maiores, CCOO denuncia que a patronal quere «facer desaparecer de súpeto» todo o período 2011-2017 e eliminar calquera suba salarial ou pagamento de atrasos para eses anos. Ademais, négase a negociar a redución da xornada anual, o incremento da garda legal ata os catorce anos ou o aumento dos días de lactación, polo que se dificulta a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

    Concentracións 29 de xuño

    •  Ferrol: concentración ás 12 horas na entrada principal do Centro Comercial Odeón
    • A Coruña: concentración ás 11:30 horas na praza de Lugo 
    • Santiago de Compostela: concentración ás 11:30 horas na praza de Galicia (fronte ao Zara)
    • Ourense: concentración ás 19 horas diante do Zara (rúa do Paseo)
  • CCOO Servizos gaña as eleccións en Froiz Lugo

    Onte, vintesete de xuño, celebráronse as eleccións sindicais da empresa
    Froiz de Lugo. Na súa anterior edición os resultados foron de sete delegados/as para o sindicato USO e dous para CCOO.
    Nesta ocasión é importante destacar a participación da maioría dos
    tralladores e traballadoras da empresa e sobre todo a implicación neste
    proceso de toda a afiliación e simpatizantes de CCOO, conseguindo uns resultados moi positivos, nos cales CCOO revalidou a súa presenza
    no comité ao acadar catro dos membros elixidos no colexio de especialistas. 
    O resto de sindicatos participantes, UGT e USO quedáronse en dous e tres representantes electos, respectivamente.
    CCOO agradece o respaldo do persoal pola súa participación democrática e polo apoio outorgado aos nosos candidatos e candidatas, comprometéndonos a traballar para ser útiles e eficaces e poder intervir con máis garantías no devir da empresa e do sector.
  • O Congreso extraordinario da Unión Comarcal de CCOO de Arousa terá lugar o 27 de xullo

    O vindeiro día 27 de xullo
    de 2018 terá lugar o congreso extraordinario da U.C. de CCOO de Arousa
    convocado pola comisión xestora da U.C. de Arousa.
    Como
    afiliado, afiliada, ao sindicato, tes o dereito a ter voz e voto e participar
    nesta renovación de CCOO (segue)
    Na seguinte ligazón tés á túa disposición o anexo organizativo:
    Censos electorais:
    Os
    censos provisionais para a participación da afiliación de CCOO Servizos
    da comarca de Arousa no proceso congresual, cerráronse o 31 de maio do
    2018, están baixo a custodia e responsabilidade da Secretaría de Organización da Federación de Servizos polo que para a revisión das
    respectivas inclusións individuais, cada persoa afiliada poderá remitir un
    correo electrónico á dirección de servizos ata o 27 de xuño do 2018.
    Asemblea de Seccións Sindicais e empresas agrupadas no ámbito de CCOO Servizos:
    A asemblea de sección sindicais, empresas agrupadas e persoas desempregadas,  xubiladas e xubilados celebrarase o vindeiro día 10 de Xullo do 2018 de 13:00 horas a 17:00 horas no local de CCOO na Comarca de Arousa.
    De
    conformidade á distribución de delegadas e delegados establecida no
    anexo organizativo,á Federación de Servizos correspóndelle participar
    con 3 delegadas ou delegados coa seguinte porcentaxe de xénero a ter en
    conta:  mulleres 56.4% e homes 43,6 %.
    Orden do día na asamblea CCOO Servizos : Elección da delegación ao congreso extraordinario da U.C de CCOO de Arousa
    CANDIDATURAS
    1. COLEXIO
      ELECTORAL.- O órgano convocante da asamblea da CE de CCOO Servizos
      queda conformado como colexio electoral e as súas función serán recibir
      e validar as súas candidaturas, que se presenten conforme as normas
      congresuais. 

    2. LUGAR
      DE PRESENTACIÓN.-As candidaturas debidamente cumprimentadas
      presentaranse en modelo normalizado,
      ante a dirección de correo electrónico: servicios.galicia@servicios.ccoo.es  

    3. PRAZOS.- Poderanse presentar ata 5 días antes da data sinalada para a asamblea, o 5 de Xullo de 2018.

    4. REQUISITOS

      1. PERSOAS AFILIADAS E AO CORRENTE DE
        PAGO, incluídas no censo.

      2. COMPOSICIÓN. Deben incluir tantas
        persoas como delegados e delegadas a elixir (3) máis un 20% de suplentes.

      3. PORCENTAXE DE HOMES Y MULLERES.-As
        candidaturas gardarán a proporcionalidade de xénero seguinte: mulleres 56.4% e homes 43,6 %.

      4. ANTIGÜIDADE  DAS PERSOAS CANDIDATAS: Para formar parte das candidaturas para a delegación de CCOO Servizos no congreso de CCOO Arousa requírese unha
        antigüidade mínima de 6 meses
        na afiliación en CCOO.

      5. ACEPTACIÓN DE CANDIDATURAS.- A
        aceptación das candidaturas debe ser fóra de toda dúbida, conforme ás normas e
        estatutos confederais.

           CONVOCATORIA:

    • Data de celebración: 10/07/2018
    • Lugar de celebración: Local UC CCOO R/ Alexandre Bóveda,2-2 36600 Vilagarcía (Pontevedra)
    • Horario: Fase Electiva: 13:00-17:00 horas.

      Secretaría de Organización de CCOO Servizos 

      Formulario modelo candidatura

    • Comezan as negociacións do Convenio do Comercio Téxtil de Ourense

      O pasado 5 de abril,
      constituíuse a mesa de negociación do noso convenio, os tres
      sindicatos puxémonos de acordo en elaborar unha plataforma conxunta
      para defendela de forma unitaria a cal foi entregou á patronal o pasado día
      16 de abril. As traballadoras e traballadores do téxtil de Ourense temos un convenio prorrogado e con conxelación salarial desde o ano
      2011. Non podemos escoitar, cada día, que a situación económica
      mellora, e consentir que isto non se reflicta, tanto nos salarios,
      como nas condicións de traballo do persoal. Desde a negociación do
      convenio temos que traballar para conseguir un salario digno e unhas
      condicións que nos permitan conciliar a nosa vida laboral e
      familiar. Resumo plataforma sindical conxunta

      FAGAMOS
      VALER A UNIDADE A UNIÓN FAI A FORZA

      Convenio
      Comercio Téxtil 2018 Resumo da Plataforma Sindical Conxunta

      Vixencia e
      duración.

      De 1 de xaneiro de
      2011 a 31 de decembro de 2019

      Salarios.

      Anos 2011, 2012,
      2013, 2014, 2015, 2016 e 2017: IPC do ano anterior máis 1 punto.
      Anos 2018 e 2019: Incremento de 60 ? lineais cada un dos anos nas
      quince pagas.

      Pagas
      extraordinarias.

      A paga de beneficios
      pasará a denominarse ?paga de primavera?.Como norma xeral, agás
      acordo explícito entre as partes, as pagas extraordinarias non se
      ratearán nas nóminas mensuais.

      Xornada laboral.

      • Xornada
        máxima anual de 1.800 horas.

      • Libranza
        mínima de 18 sábados ao ano.

      • Os descansos
        durante a xornada serán:

        • Xornadas de
          5 horas: 15 minutos.

        • Xornadas de
          6 ou 7 horas: 30 minutos.

        • Xornadas
          partidas de 8 horas: 15 e 30 minutos (mañá e tarde)

      • Nos comercios
        con horario de apertura continuada, a xornada laboral das persoas
        empregadas será tamén continuada.

      • Cada
        traballador terá dereito a catro días de asuntos propios que
        poderán gozar sempre que os comunique con quince días de
        antelación e que non supoñan prolongación ou adiantamento do
        período de vacacións.

      Traballo en
      domingo, festivo e xornadas especiais
      .

      • O traballo en
        domingos, festivos e xornadas especiais serán de carácter
        voluntario.

      • Enténdese
        por xornadas especiais os días 24 e 31 de decembro ou as campañas
        extraordinarias (Black Friday etc…).

      • A retribución
        será de 30 ?/hora, debendo garantirse un mínimo de cinco.

      • A xornada
        máxima en festivos seguirá sendo de 7 horas, mais para os efectos
        da súa compensación, tanto en cartos como en libranza, terá o
        mesmo tratamento que se fora de 8 horas.

      Vacacións.

      31 días naturais e
      non poderán comezar a computarse en festivo nin en véspera de
      festivo. Axustar a relación entre vacacións e IT ao actual marco
      legal. Necesariamente, 15 días gozaranse entre o 15 de xuño e o 30
      de setembro.

      Contratación
      fixa.

      Deberá ser dun
      mínimo do 75% do cadro de persoal no segundo ano de apertura.

      Contratos
      formativos
      e contrato en prácticas.

      Regulalos para
      evitar o fraude.

      Inasistencias
      retribuídas.

      • Matrimonio:
        18 días.

      • Incrementar a
        4 días o apartado 2), e a 6 días no caso de desprazamento.

      • Un día por
        voda de pais, nais, irmáns ou fillos.

      • Lactación:
        20 días hábiles.

      • Revisar garda
        legal e paternidade.

      • Incrementar
        garda legal ata os 14 anos.

      • Elección da
        concreción horaria na redución de xornada por garda legal.

      • Comezo das
        licenzas o primeiro día laborable seguinte ao feito causante.

      Outras condicións
      económicas.

      • Plus
        transporte: 51 ? mensuais.

      • Plus
        nocturnidade: Aboarase nunha contía do 30% do salario base polo
        tempo traballado entre as 22:00 e as 8:00 horas.

      Novos artigos:

      • Obrigatoriedade
        de aplicación do convenio sectorial nas empresas multiservizos.

      • Creación
        dunha póliza de seguros colectiva.

      • Nas xornadas
        do 24 e 31 de decembro, a hora de peche non poderá ser máis alá
        das 16:00 horas

      • Contrato a
        tempo parcial:

        • A duración
          mínima será de 28 horas.

        • Xornadas
          mínimas de 4 horas continuadas.

        • Establecer
          limitacións para a celebración destes contratos.

        • Consolidación
          das horas complementarias: o 50% das realizadas no ano natural.

        • As persoas
          con concreción horaria tamén se beneficiarán da consolidación.

        • As horas
          complementarias non poderán superar o 15%.

        • As horas que
          excedan a xornada contratada que non sexan avisadas con máis de 7
          días de antelación, terán a consideración de horas
          extraordinarias.

        • Preferencia
          de conversión dos contratos parciais a tempo completo antes de
          realizar novas contratacións parciais.

      CCOO Servizos CIG Servizos UGT FeSMC