Categoría: Comercio

  • Asinado o Convenio Colectivo de Comercio de Materiais de Construción e Saneamento da provincia de Pontevedra

    Tras
    cinco reunións da mesa negociadora o pasado 2 de maio, asinamos o
    Convenio de Comercio de Materiais de Construción e Saneamento da
    provincia de Pontevedra, o que terá unha vixencia de dous anos,
    2018 e 2019.

    As
    melloras introducidas no novo convenio asinado son:

    • Incremento Salarial do 1,5% cada un dos anos con revisión con
      carácter retroactivo entre o 1% e o IPC real.

    • Incremento nun 50% máis no valor das horas extras en domingos e
      festivos (pasa a ser do 150% sobre o valor da hora ordinaria).

    • O seguro de vida pasa a 30.000 eur.

    • Incorpórase a preferencia sobre novas contratacións a xornada
      completa para os contratos a tempo parcial, así como a regulación
      da xornada e as horas complementarias.

    • Establécense como días de descanso retribuído en 2018 os días 24
      e 31 de decembro.

    • Inclúese a intervención cirúrxica con repouso domiciliario de
      familiares ata segundo grao como licenza retribuída.

    • Dentro da licenza de acompañamento ó médico de familiares,
      incluímos os fillos discapacitados.

    • Introducimos un texto sobre conciliación que, entre outras cousas,
      dá a posibilidade de modificación da quenda de vacacións por parte do
      pai nos períodos de baixa maternal ou lactación.

    • Para os casos de violencia de xénero dáse a posibilidade de
      adaptación da xornada de traballo.

    • Incorpórase a figura do delegado sindical en empresas a partir de 40
      traballadores ou traballadoras.

    CCOO
    valoramos moi positivamente a sinatura de este convenio que, como en
    anos anteriores, foi negociado nas reunións xustas e necesarias e
    que segue a mellorar as condicións de traballo neste sector tanto no
    nivel económico como nas condicións de traballo.

    Texto provisional Convenio Colectivo Comercio Materiais de Construción e Saneamento provincia de Pontevedra 2018-2019

  • CCOO logra constituir as mesas de igualdade no Grupo Inditex

    CCOO veu  impulsado que todas as empresas do Grupo Inditex puxesen en marcha o comezo da renovación e negociación dos plans de igualdade, como garantía de dereitos e oportunidades para as mulleres no ámbito laboral. A Federación de Servizos de CCOO aborda a negociación de cinco Plans de Igualdade do Grupo Inditex: Pull&Bear, Bershka, Oysho, Zara, que renovan o I Plan de Igualdade, que xa chegaran ao final da súa vixencia e o I Plan de Igualdade en Kiddy´s Class.

    A constitución das mesas encargadas de negociar os diferentes plans que xa chegaran ao seu fin de vixencia chega cuns meses de atraso no caso de Zara, onde a  vixencia finalizou fai máis dun ano. Tras meses desde que fósemos convocadas, e onde foi imposible constituír a mesa de negociación do II Plan de Igualdade pola irrupción da UGT coas súas pretensións de repartir a representatividade, constituíuse finalmente atendendo a criterios presentados pola Federación Servizos CCOO, é dicir co poder lexítimo que as traballadoras e trabadores dan á representación sindical na empresa a través dos procesos electorais.
    No caso de Kiddy’s Class, será o seu primeiro Plan de Igualdade. CCOO solicitou hai un tempo á dirección xeral da empresa que non fosen só algunhas as marcas ou empresas que tivesen plan de igualdade, senón que todas as traballadoras do Grupo Inditex, indistintamente de onde traballen, puidesen desenvolver a negociación propia dos seus plans de igualdade. O mesmo ocorre en Zara Home, onde CCOO ten o obxectivo para as súas traballadoras de que conten cun Plan propio e que se aborde a negociación en datas próximas.
    Coa negociación dos distintos Plans de Igualdade, CCOO queremos introducir propostas que se apliquen á totalidade do persoal, nos procedementos internos da empresa, e en aspectos que teñen que ver co acceso, contratación, formación, promoción, retribución etc. O obxectivo é establecer medidas que permitan manter unhas condicións laborais, onde a permanencia na empresa, o descanso semanal, as oportunidades de promoción da muller, sexan medidas que consigan a igualdade de oportunidades de mulleres e homes.

  • CCOO e UGT congratúlanse do «éxito» da folga e da participación «masiva» nas mobilizacións

    O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e UGT-Galicia congratúlanse do «éxito» da folga convocada hoxe polo sindicalismo de clase. O seguimento dos paros de dúas horas foi masivo, especialmente en grandes empresas e administracións públicas. Polo de agora, non houbo incidentes salientables nin no paro que da madrugada (entre as 00:00 e as 02:00), nin tampouco ao mediodía (das 12:00 ás 14:00). 

    Para CCOO e UGT, o «apoio maioritario» da sociedade galega a esta convocatoria é «a proba» de que as reivindicacións do sindicalismo de clase, compartidas polo movemento feminista, «son tamén maioritarias entre os galegos e as galegas»: cómpre «denunciar e desterrar» a brecha salarial, a precariedade laboral das mulleres e o acoso e a violencia de xénero.

    Sabio e Rodríguez coidan que a data de hoxe é «histórica» e marcará «un antes e un despois» na loita pola igualdade. O apoio á folga amosa «o total rexeitamento» da sociedade galega á situación que padecen as mulleres do noso país. «As reformas laborais impostas, os recortes e as medidas de austeridade non fixeron máis que incidir nas desigualdades», denuncian as dirixentes sindicais.

    Contra o «teito de cristal»

    As secretarias da Muller de CCOO e UGT denuncian a «discriminación laboral e salarial» das traballadoras galegas: a igual formación, os homes acadan maiores taxas de ocupación en todos os niveis formativos. Ademais, a brecha salarial é de 22 puntos, polo que as mulleres galegas terían que traballar 71 días máis ao ano para percibiren o mesmo salario que os homes nun ano. Tamén critican a existencia dun «teito de cristal» que é a causa de que só o 2,3 % da poboación ocupada feminina estea en postos de dirección ou xerencia.

    A «praga» da violencia machista e do acoso

    Ademais da situación laboral, as mulleres son vítimas doutra das grandes «pragas» da sociedade actual, a violencia machista. No 2017, foron asasinadas 49 mulleres e 8 nenos e nenas. O recente Pacto de Estado contra a violencia demóstrase insuficiente e case non recolle medidas de carácter laboral, que son «fundamentais» ?en opinión dos sindicatos? para que as mulleres poidan saír dunha situación de violencia de xénero.

    Rodríguez e Sabio lembran tamén a situación de acoso sexual nos centros de traballo. Aínda que a lei protexe contra estas situacións, «as denuncias son poucas polas dificultades probatorias ou polos medos a perder o emprego», lamentan.

    Galería de imaxes

  • 8M no Corte Inglés

    Con
    motivo da folga convocada para o día 8 de marzo volvemos a ver que
    Fetico e Fasga continúan facendo o mesmo papel, seguidismo da
    patronal e das empresas, tentando desprestixiar unha mobilización
    histórica e necesaria.

    Non
    imos perder nin un minuto en responder aos argumentos tan absurdos
    que utilizaron na reunión extraordinaria do Corte Inglés de Vigo,
    que se celebrou neste centro o día 22 de febreiro. Non recoñecen, e parece non preocuparlles moito, os problemas reais que sufrimos
    as mulleres, tamén nesta empresa. Imos explicarvos os motivos que
    nos levaron a convocar esta mobilización.

    As
    CCOO estivemos sempre en primeira liña na loita polos dereitos das
    mulleres e pola igualdade. Quixemos protagonizar unha mobilización
    laboral sen precedentes na historia do movemento sindical e feminista
    en España.

    Por
    que CCOO pode convocar unha folga xeral? Porque é a primeira
    organización sindical neste país e formamos parte de organizacións
    sindicais internacionais.

    Sobran
    os motivos:

    • Os
      contratos de semanas ou meses recaen maiormente nas mulleres, as
      cales están a traballar con xornadas con menos horas.
    • As
      pensións son un 37% máis baixa para as mulleres.
    • No
      2017 foron asasinas 49 mulleres e 8 nenas e nenos por violencia
      machista.
    • A
      brecha salarial segue aumentando en todos os sectores do noso país,
      en traballo de igual valor as mulleres cobran ata un 30% menos que os
      homes.
    • Os
      coidados recaen maioritariamente sobre nós, e 9 de cada 10 permisos
      ou excedencias recaen sobre as mulleres.
    • Cantas
      mulleres están a traballar nos departamentos de loxística? E na
      liña de caixas?
    • E
      cantas de directoras de centros? Teñen o mesmo porcentaxe de
      presenza na empresa?
    • Realmente
      cremos que a igualdade efectiva e real chegou por asinar un acordo ou
      non? queda moito camiño por andar.

    Por
    todo isto cremos que unha folga de 2 horas por quenda de traballo é
    a forma máis eficaz para conseguir este obxectivo. Tamén, porque é
    a menos gravosa para o conxunto das persoas traballadoras, ao supor
    un menor prexuízo económico.

    Todos
    os traballadores e traballadoras teñen dereito á folga, é un
    dereito recoñecido pola Constitución a todas as persoas
    traballadoras, e están cubertas pola convocatoria xeral. Por tanto,
    non hai que notificalo, nin preavisar a intención de secundar a
    folga. Doutra banda, a empresa tampouco debería preguntar aos seus
    traballadores e traballadoras se acudirán a traballar ou non, xa que
    podería considerarse un intento de coacción, algo perseguido pola
    lei.

    Ao
    tratarse dunha folga ou paro de 2 horas, o desconto salarial será de
    dúas horas incluíndo a parte proporcional das pagas
    extraordinarias.

  • Acompáñanos en 8 de Marzo para exigir igualdad real #VivasLibresIguales

    Relación de actos en las ocho capitales andaluzas con motivo de la huelga del 8 de Marzo: 

    – Contra la desigualdad entre hombres y mujeres
    – Contra las violencias machistas
    – Contra la brecha salarial

    Y para exigir:
    – Una Ley Igualdad Salarial
    – Que se dote de presupuesto a la Ley  contra la violencia género
    – Medidas de corresponsabilidad
    – Unos servicios públicos de calidad que aligeren la carga añadida de cuidados familiares que asumen las mujeres