Categoría: Comercio Galicia

  • Carta á Xunta de Galicia: A liberdade horaria no comercio non é xusta

    Desde a Federación de Servizos de CCOO de Galicia remitimos un escrito ao conselleiro de Economía, Emprego e Industria, para insistirlle na necesidade de derrogar a resolución do pasado 15 de marzo sobre liberdade de horarios de establecementos de primeira necesidade. Cuestionamos á Xunta de Galicia que manteña en vigor un texto que unicamente beneficia a El Corte Inglés. «Unha norma que favorece só unha empresa non é xusta nin racional», salienta a organización sindical.

    O acceso aos bens imprescindibles xa está garantido polo Real decreto en que o Goberno central declarou o estado de alarma, así como na garantía expresada en múltiples comunicados das grandes distribuidoras de alimentación.

    A maioría das empresas do sector tomaron a decisión de reducir o seu horario comercial, co fin de poder atender tanto a reposición de mercadoría, como a desinfección dos centros, e así preservar as garantías de saúde do persoal e dos propios clientes, «cuestión prioritaria nestes momentos».

    Actualmente, ao abeiro da dita resolución da Xunta só abre os domingos El Corte Inglés, polo que esta empresa está a alentar a xente a que tamén acuda ese día da semana a facer a compra, malia que «o importante é que prevaleza a mensaxe á cidadanía de quedar na casa».

    Así mesmo, a norma promove a «competencia desleal entre formatos comerciais», xusto no peor momento para moitas empresas «que xa se encontran en situacións económicas moi delicadas».

    Rexeitamos que El Corte Inglés estea a facer negocio á custa do descanso do seu propio persoal, non só abrindo os domingos, senón tamén o pasado 10 de abril (Venres Santo), en que a empresa traballou a porta pechada. Ese persoal non ten nin terá dereito a ese descanso.

    Carta á Xunta de Galicia

  • A liberdade horaria pon en perigo a miles de pequenos comercios e máis de 80.000 empregos.

    O acceso aos bens imprescindibles xa está garantido polo RD no que o Goberno declarou o estado de alarma, ademais da garantía expresada en múltiples comunicados por parte das grandes distribuidoras de alimentación, que indican que o abastecemento de todos os supermercados e hipermercados desta comunidade autónoma, ademais dos do resto do país, está garantido. A que atende a liberdade de horario no comercio no medio dunha crise sanitaria, nun momento que se nos pide racionalizar as compras?

    O 99% das empresas teñen menos de 10 persoas traballando e xeran o 92,4% dos postos do traballo. A apertura sen límite beneficia só as grandes empresas e ameza o emprego no resto. A liberdade de horario é unha reivindicación histórica das GRANDES PATRONAIS do comercio.

    A apertura de establecementos todos os días vai en contra da recomendación de racionalizar as compras. Tamén somete a máis riscos unha parte fundamental da clase traballadora que, co seu traballo, garante o subministro alimentario nos fogares.

    Para as pequenas empresas é un reto imposible competir ante medidas que se aproban só para beneficio duns poucos. Ademais, dificulta poder establecer medidas de conciliación familiar aumentando os riscos psicosociais a que que están expostas estas/es traballadoras/es.

    Para saírmos desta crise cómpre, máis ca nunca, apoiar o pequeno comercio, e lexislar pensando na maioría da clase traballadora. A liberdade horaria pon en risco máis de 80.000 empregos. A responsabilidade e o sentido común teñen que aplicarse en todos os ámbitos.

  • Gadis atende as demandas de CCOO e decide pechar as suas tendas o xoves santo.

    Desde a Federación de Servizos de CCOO de Galicia valoramos como positiva a medida tomada por Gadis de pechar o Xoves Santo, dándolle así dous días de descanso ao seu persoal, no sentido correcto de salvagardar a saúde das persoas e contribuir á prevención e contención do virus.

    Tamén consideramos como moi oportuna a achega dunha gratificación ao seu persoal, como xa fixeron outras marcas, para compensar o sobreesforzo, entrega e xenerosidade amosada por un persoal que leva traballando ao límite desde o inicio desta crise.

    Esperamos e desexamos que está medida sexa implantada polo resto de empresas do sector, supermercados e hipermercados, así como que atendan a demanda de non abrir os domingos.

    Insistimos na necesidade da derrogación inmediata pola Xunta de Galicia da medida adoptada respecto da Liberdade de horarios de establecementos de primeira necesidade. Debe acometerse a modificación da RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2020, para os establecementos comerciais cuxa apertura se definiu baixo principios de abastecemento esencial, xustamente para definir os seus horarios de apertura baseándose nos devanditos principios e a limitación de permanencia para a contención da emerxencia sanitaria.

    Cuarto. Todos os establecementos comerciais de primeira necesidade exceptuados da suspensión no Acordo do Consello de la Xunta de Galicia do 13 de marzo e neste acordo, e que, polo tanto, poden continuar abertos, terán liberdade horaria para fixaren sen limitacións os horarios dos seus establecementos comerciais”.

  • CCOO Servizos pídelle á Xunta que o Xoves Santo sexa declarado inhábil no sector da alimentación

    Desde a Federación de Servizos de CCOO entendemos que, a pesar de que a lei permite a apertura nese festivo, dada a actual situación cómpre tomar medidas para a prevención e a contención do virus. Recollemos así as demandas de numerosas traballadoras e traballadores do sector.

    CCOO Servizos instamos a Xunta de Galicia a que non permita que o sector da alimentación abra o Xoves Santo, en pleno estado de alarma. Todos os anos, a fixación de festivos para a apertura xera un forte debate entre empresarios e sindicatos, pero este ano abrir o Xoves Santo, ademais, é inseguro e innecesario.

    Cremos que é prioritario asegurar a protección das persoas traballadoras, especialmente expostas nesta situación, e abrir nun festivo como este resulta contrario ao sentido común. Hai que ter en conta, ademais, que ante a enorme presión sufrida por estas traballadoras, a necesidade de descanso é evidente.

    A Federación de Servizos de CCOO subliñamos que con esta petición recollemos o sentir de centos de traballadoras e traballadores que cada día acoden ao seu posto de traballo con inquietude e preocupación.

    Abundando na mesma idea, consideramos que debe acometerse a modificación da RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2020, para os establecementos comerciais cuxa apertura se definiu baixo principios de abastecemento esencial, xustamente para definir os seus horarios de apertura baseándose nos devanditos principios e a limitación de permanencia para a contención da emerxencia sanitaria.

    Moi especialmente, entendemos que a regulación relativa á definición de “zonas de grande afluencia turística” (ZGAT) e aperturas en domingo debe suspenderse todo o tempo que prolongue o estado de alarma, xa que —ocioso é dicilo—, pola súa propia definición carece de sentido nunha situación como a presente, incluíndo a curto prazo o referente ao período de Semana Santa.

    Cremos que debe ser compatible a debida garantía de acceso a produtos básicos alimentarios ou de hixiene coa seguridade e saúde dos cadros de persoal; e pensamos que recentes normativas liberalizadoras son inconvenientes e poden ter “un efecto chamada” xusto no momento de maior confinamento da poboación, polo que deberían restrinxirse e racionalizarse os horarios de atención nos días festivos.

    Por último, tamén queremos recoñecer a enorme tarefa das traballadoras e traballadores do sector da alimentación. Son moitas as profesións que están sendo clave nesta crise, son moitas as persoas que están a traballar para poder pasar esta situación dunha mellor maneira e, sen dúbida, este sector tamén merece o noso aplauso.

    Carta Xunta de Galicia – Xoves Santo

  • Carta ao Ministerio de Industria, Comercio e Turismo: CCOO solicita que equipare en todas as CCAA os horarios de apertura de establecementos comerciai

    O art. 10 do RD 463/2020 supón unha redefinición dos establecementos comerciais comerciantes polo miúdo de alimentación, bebidas, produtos e bens de primeira necesidade, en termos de sector esencial para garantir o abastecemento da poboación nesta situación, asegurándose de que "a permanencia nos establecementos comerciais cuxa apertura estea permitida (sexa) ser a estritamente necesaria para que os consumidores poidan realizar a adquisición de alimentos e produtos de primeira necesidade".

    Por iso, CCOO Servicios considera que debe abordarse os termos de aplicación presentes e concretos da Lei 1/2004, de 21 de Decembro, de horarios comerciais, para os establecementos comerciais cuxa apertura se definiu baixo principios de abastecemento esencial, xustamente para definir os seus horarios de apertura en base aos devanditos principios e á limitación de permanencia para a contención da emerxencia sanitaria. Ler máis

    Moi especialmente, CCOO Servicios entende que debe suspenderse sempre que prolongue o estado de alarma, a regulación relativa á definición de "zonas de gran afluencia turística". No mesmo sentido, deberían suspenderse durante o estado de alarma normativas autonómicas de liberalización de horarios comerciais, existentes ou que puidesen articularse.

    En definitiva, o sindicato entende que deberían unificar a definición de horarios de apertura dos establecementos comerciais previstos no RD 463/2020 baixo os criterios xa indicados de garantía de abastecemento esencial e seguridade para persoais e clientela. O que iría na liña das recomendacións da Guía de Boas Prácticas de Prevención da Saúde recentemente publicada polos ministerios de Sanidade e de Industria, Comercio e Turismo

    Desde CCOO Servicios enténdese que é moi recomendable tentar que as quendas e os horarios sexan sustentables e máis reducidos para uns persoais que están a facer un sobre esforzo considerable, acumulando cargas de traballo e véndose reducidas polos contagios e os consecuentes procesos de corentena, que aparellan protexer a toda a contorna.

    Carta Ministerio Comercio Industria e Turismo sobre horarios comerciais