Categoría: Comercio Galicia

  • Asinado preacordo do Convenio do Comercio de Metal de Pontevedra

    Despois dun longo proceso acadamos un acordo no Convenio de Comercio do Metal da
    provincia de Pontevedra que levaba en ultractividade desde o ano
    2014.

    O
    principal problema durante toda a negociación foi a pretensión da
    patronal de conxelar a antigüidade, ao que finalmente accedemos a
    cambio de actualizar a cantidade ao devindicado
    á
    data de publicación do convenio e un 6% adicional no incremento
    salarial para todas a categoría, ademais de que o Complemento de
    Antigüidade que teña cada un increméntese cada ano no mesmo
    porcentaxe que o faga o salario base. (A modo de exemplo: unha persoa
    con 10 anos de antigüidade o seu Complemento de antigüidade sería
    o 10% polos dous cuadrienios máis o 2.5% polos dous anos restantes
    ata os 10, é dicir o 12.5% do salario base). Ler máis

    Ademais
    establecemos as seguintes melloras sobre o convenio actual:

    • Incremento
      salarial á parte do establecido pola conxelación da antigüidade
      será do 1?25% para 2017, o 2% para 2018 e o 1?25% para o 2019,
      con cláusula de revisión sobre o IPC real. O cobro de atrasos será
      desde xaneiro de 2018.

    • Establécese
      a obriga de aplicar
      o convenio a aquelas empresas multiservizos que traballen no sector.

    • A
      obriga de negociar o convenio unha vez rematado nun prazo máximo de
      tres meses e de non facelo iniciarase coa intervención do AGA.

    • Establécense
      as vacacións en 22 días laborables cando se traballa de luns a
      venres e 24 se se traballa tamén os sábados.

    • As
      licenzas establécense para todos os familiares ata segundo grao de
      consanguinidade ou afinidade. Tamén se establece o goce a partir do
      día seguinte laborable.

    • Increméntase
      a 21 días a posibilidade de acumulación da lactación.

    • 10
      horas ao ano para asistir ao consultorio médico tanto propio como
      por acompañamento de familiares.

    • O
      seguro de vida increméntase ata os 24.000 ? e incluímos a
      cobertura da enfermidade profesional.

    A
    representación de CCOO na mesa de negociación valoramos
    positivamente que por fin se alcanzara un acordo que polo menos cubre
    unha das nosas prioridades no aspecto económico, máis baixo de
    convenio superior a 14.000 euros anuais, e desbloquea unha
    negociación que se alongaba moito no tempo.

    O
    próximo día 24 de outubro teremos a reunión para a firma
    definitiva do texto. 

  • Asinado o acordo de Convenio Colectivo de Comercio Téxtil de Ourense

    Desde
    CCOO
    consideramos como tema a destacar tras a sinatura do acordo, que por
    fin acabamos coa situación de bloqueo que tiña este convenio desde
    finais do ano 2010.

    Acabouse tanto
    a conxelación salarial, como manter un texto que tan só polo simple
    paso do tempo era obsoleto nalgúns dos seus artigos.

    É
    un convenio asinado para o que queda deste ano 2018 e o ano 2019, por
    tanto desde
    CCOO considerámolo como un convenio de tránsito que nos permite
    acabar con este bloqueo e empezar a planificar o futuro a curto
    prazo.

    É
    importante poñer en valor que se desbloqueou o convenio GRAZAS
    Á VOSA PARTICIPACIÓN, coa asistencia tanto ás mobilizacións

    que tiveron lugar durante o verán, como ás asembleas nos locais
    sindicais, deixando claro á luz pública e á Patronal, que este
    bloqueo tiña que finalizar. Ler máis

    Por
    destacar algúns dos termos do acordo indicamos:


    Incremento salario 2018:

    6%


    Incremento salario 2019:

    2%


    Plus de nocturnidade:

    Incremento do 30% de salario entre as 22:00 e as 6:00.


    Traballo en domingos e festivos:

    Compensación de 8 horas por 7 traballadas.


    Equiparación salario:

    Encargada e Dependenta maior.


    Vacacións:

    • 17 días
      entre 15 xuño e o 30 de setembro.

    • Non poderán
      empezar en domingo ou festivo.

    • Regulación
      en caso de Incapacidade Temporal para gozalas posteriormente.


    Persoal fixo:
    Mínimo
    de 70% en centros de máis de 12 traballadores aos 3 anos.

    – Licenzas
    e permisos:

    • Incremento de
      días no apartado 2) de licenzas.

    • Equiparación
      de parellas de feito.

    • Incremento
      dos días de lactación.

    – Contrato
    a tempo parcial:

    • Mínimos de
      28 H semanais para contratos indefinidos en centros de máis de 5
      persoas en plantel.

    • Preaviso de
      horas complementarias con 7 días de antelación.

    • Dereito
      preferente a incremento de xornada antes de realizar novas
      contratacións.

    • Contratos de
      menos de 25 H sen peche ao mediodía, xornada continuada.

    • Contratos de
      menos de 20 H con peche ao mediodía, xornada continuada.

    Para
    máis información sobre o acordo podes acudir aos locais de CCOO,
    onde as delegadas que asistiron ás reunións poderán informarte con
    máis detalle. 

  • Acordos sobre a demanda da subida salarial de 2018 Muerde La Pasta

    Como tod@s sabedes, en maio interpuxemos unha demanda á empresa polas irregularidades na subida salarial de 2018 segundo marca o noso convenio e o día 17 de setembro tivemos o procedemento de mediación co SIMA (Servizo Interconfederal de mediación e arbitraxe F.S.P.) promovido por CCOO no que asistimos os/as representantes legais dos traballadores/as (RLT) e a empresa chegando aos seguintes acordos:

    • As partes acordamos celebrar unha primeira reunión da Comisión Paritaria o día 5 de outubro co fin de revisar as táboas salariais de 2018 garantindo os importes mensuais no art. 45 do convenio do grupo.
    • Nesta primeira reunión comprobaranse as nóminas de xuño das compañeiras e os compañeiros de Madrid, Alacante e Murcia.
    • Acordamos tantas reunións como sexan necesarias para a análise da situación salarial das compañeiras e os compañeiros das provincias restantes.
    O prazo máximo para levar a cabo estas análises é o 31 de outubro de 2018. Agora é o momento de loitar polos nosos dereitos, untos somos máis fortes  . Seguirémosvos informando.
     
    Para calquera dúbida acode ao teu delegado ou delegada de CCOO para que te informe. 

    Acta SIMA

  • Pechado con acordo o expediente de regulación de emprego en Adolfo Domínguez

    O pasado día 10 de Xullo pechouse con acordo o expediente de regulación de emprego que afectaba a oficinas centrais e a tendas da marca Adolfo Dominguez.

    Nun incio o expediente expúxose coa intención de extinguir 110 postos de traballo e 23 mobilidades xeográficas, tralo período de consultas o acordo pechouse nos seguintes termos:
    O número final de afectados poas extincións son de 56 persoas, 38 delas en tendas e 18 en servizos centrais, con indemnización fixada en 30 días cun tope de 18 mensualidades. Quedan excluídos da afectación pola extinción persoas con redución por garda legal, maternidade, familias monoparentais, discapacidade e violencia de xénero. Estas persoas en caso de non aceptar o novo posto de traballo daráselles a indemnización pactada.
    Nos servizos centrais farase unha modificación substancial de condicións a 9 persoas, en caso de non aceptación a indemnización será a prevista legalmente.
    O resto de persoal non afectado pola extinción recolocarase noutras tendas e a empresa garante que seguirán cobrando o mesmo salario aínda e cando na tenda de destino fagan unha xornada inferior, sempre que a diferenza de xornada non supere o 20%.
    Establécese o compromiso de non realizar un novo expediente de regulación de emprego en dous anos, así como o ofrecemento das vacantes que se produzan ás persoas que extinguiron o seu contrato ata o 31 de decembro do 2018.
    CCOO cremos que o acordo é atinado ao reducir considerablemente as persoas que estaban afectadas, protexendo de maneira especial ás persoas con situacións máis vulnerables.
  • Proclamadas as candidaturas da Federación de Servizos ao Congreso Extraordinario da Unión Comarcal de Arousa

    Quedan proclamadas as candidaturas para a asamblea electiva da
    Federación de Servizos de CCOO de Galicia ao Congreso Extraordinario da
    UC de Arousa. 
    A asemblea electiva celebrarase no lugar e data seguintes:
     
    • Data de celebración: 10/07/2018
    • Lugar de celebración: Local UC CCOO R/ Alexandre Bóveda,2-2 36600 Vilagarcia (Pontevedra)
    • Horario: Fase Electiva: 13:00-17:00 horas.

    Candidaturas asemblea electiva Federación Servizos