CCOO veu impulsado que todas as empresas do Grupo Inditex puxesen en marcha o comezo da renovación e negociación dos plans de igualdade, como garantía de dereitos e oportunidades para as mulleres no ámbito laboral. A Federación de Servizos de CCOO aborda a negociación de cinco Plans de Igualdade do Grupo Inditex: Pull&Bear, Bershka, Oysho, Zara, que renovan o I Plan de Igualdade, que xa chegaran ao final da súa vixencia e o I Plan de Igualdade en Kiddy´s Class.
Categoría: Comercio Galicia
-
CCOO logra constituir as mesas de igualdade no Grupo Inditex
A constitución das mesas encargadas de negociar os diferentes plans que xa chegaran ao seu fin de vixencia chega cuns meses de atraso no caso de Zara, onde a vixencia finalizou fai máis dun ano. Tras meses desde que fósemos convocadas, e onde foi imposible constituír a mesa de negociación do II Plan de Igualdade pola irrupción da UGT coas súas pretensións de repartir a representatividade, constituíuse finalmente atendendo a criterios presentados pola Federación Servizos CCOO, é dicir co poder lexítimo que as traballadoras e trabadores dan á representación sindical na empresa a través dos procesos electorais.No caso de Kiddy’s Class, será o seu primeiro Plan de Igualdade. CCOO solicitou hai un tempo á dirección xeral da empresa que non fosen só algunhas as marcas ou empresas que tivesen plan de igualdade, senón que todas as traballadoras do Grupo Inditex, indistintamente de onde traballen, puidesen desenvolver a negociación propia dos seus plans de igualdade. O mesmo ocorre en Zara Home, onde CCOO ten o obxectivo para as súas traballadoras de que conten cun Plan propio e que se aborde a negociación en datas próximas.Coa negociación dos distintos Plans de Igualdade, CCOO queremos introducir propostas que se apliquen á totalidade do persoal, nos procedementos internos da empresa, e en aspectos que teñen que ver co acceso, contratación, formación, promoción, retribución etc. O obxectivo é establecer medidas que permitan manter unhas condicións laborais, onde a permanencia na empresa, o descanso semanal, as oportunidades de promoción da muller, sexan medidas que consigan a igualdade de oportunidades de mulleres e homes. -
8M no Corte Inglés
Con
motivo da folga convocada para o día 8 de marzo volvemos a ver que
Fetico e Fasga continúan facendo o mesmo papel, seguidismo da
patronal e das empresas, tentando desprestixiar unha mobilización
histórica e necesaria.Non
imos perder nin un minuto en responder aos argumentos tan absurdos
que utilizaron na reunión extraordinaria do Corte Inglés de Vigo,
que se celebrou neste centro o día 22 de febreiro. Non recoñecen, e parece non preocuparlles moito, os problemas reais que sufrimos
as mulleres, tamén nesta empresa. Imos explicarvos os motivos que
nos levaron a convocar esta mobilización.As
CCOO estivemos sempre en primeira liña na loita polos dereitos das
mulleres e pola igualdade. Quixemos protagonizar unha mobilización
laboral sen precedentes na historia do movemento sindical e feminista
en España.Por
que CCOO pode convocar unha folga xeral? Porque é a primeira
organización sindical neste país e formamos parte de organizacións
sindicais internacionais.Sobran
os motivos:- Os
contratos de semanas ou meses recaen maiormente nas mulleres, as
cales están a traballar con xornadas con menos horas.
- As
pensións son un 37% máis baixa para as mulleres.
- No
2017 foron asasinas 49 mulleres e 8 nenas e nenos por violencia
machista.
- A
brecha salarial segue aumentando en todos os sectores do noso país,
en traballo de igual valor as mulleres cobran ata un 30% menos que os
homes.
- Os
coidados recaen maioritariamente sobre nós, e 9 de cada 10 permisos
ou excedencias recaen sobre as mulleres.
- Cantas
mulleres están a traballar nos departamentos de loxística? E na
liña de caixas?
- E
cantas de directoras de centros? Teñen o mesmo porcentaxe de
presenza na empresa?
- Realmente
cremos que a igualdade efectiva e real chegou por asinar un acordo ou
non? queda moito camiño por andar.
Por
todo isto cremos que unha folga de 2 horas por quenda de traballo é
a forma máis eficaz para conseguir este obxectivo. Tamén, porque é
a menos gravosa para o conxunto das persoas traballadoras, ao supor
un menor prexuízo económico.Todos
os traballadores e traballadoras teñen dereito á folga, é un
dereito recoñecido pola Constitución a todas as persoas
traballadoras, e están cubertas pola convocatoria xeral. Por tanto,
non hai que notificalo, nin preavisar a intención de secundar a
folga. Doutra banda, a empresa tampouco debería preguntar aos seus
traballadores e traballadoras se acudirán a traballar ou non, xa que
podería considerarse un intento de coacción, algo perseguido pola
lei.Ao
tratarse dunha folga ou paro de 2 horas, o desconto salarial será de
dúas horas incluíndo a parte proporcional das pagas
extraordinarias. - Os
-
CCOO denuncia as dificultades para a igualdade efectiva entre homes e mulleres no sector dos servizos
Delegadas de Comisións Obreiras denuncian as dificultades para a
igualdade efectiva entre homes e mulleres no sector dos servizos. Nun
encontro sectorial que o sindicato organizou o mércores na Coruña co
gallo da folga do vindeiro día 8, representantes de CCOO en diferentes
empresas relataron as eivas detectadas no seu día a día, tanto do punto
de vista profesional coma sindical.Procedentes de empresas da telemercadotecnia, do comercio téxtil,
comercio de alimentación, banca, hostalaría, grandes almacéns e
consultorías, detallaron todo tipo de situacións inxustas para as
mulleres: dependentas do comercio téxtil relegadas a zonas «pouco
visibles» cando chegan a certa idade, pobreza salarial ?e baixas
pensións futuras? polo abuso da contratación a xornada parcial, falta de
medidas para aplicar a corresponsabilidade ?as mulleres son maioría á
hora de solicitar gardas legais?, o teito de cristal en sectores como a
banca ?as mulleres son minoría en postos de alta dirección?, o acoso
sexual ou por razón de sexo ?especialmente na hostalaría? ou a non
aplicación de medidas de protección á maternidade ?como postos de
traballo non adecuados? son algunhas das situacións que denunciaron.A folga está «plenamente xustificada»
Isabel
Fernández, secretaria da Muller de CCOO-Servizos, explica que aínda
hoxe hai moitas empresas que son «bastante reticentes» a incluír no
articulado dos convenios colectivos un artigo que expresamente fale da
igualdade efectiva entre mulleres e homes. O sindicato tamén detecta
«atrancos» á hora de elaborar protocolos contra o acoso sexual ou por
razón de sexo, ou sobre a violencia machista.Segundo a
sindicalista, é «especialmente lamentable» que estas eivas se detecten
tamén nas empresas de máis de 250 traballadores e traballadoras xa que,
nestes casos, a lei obriga á elaboración de plans de igualdade, que son a
«foto fixa» que permite «identificar» onde se atopan as fendas
salariais e laborais que separan homes e mulleres.Por último,
sinala que, á luz das experiencias das compañeiras que interviron no
encontro, «está claro que aínda queda moito que facer» en materia de
igualdade, polo que está «plenamente xustificada» a convocatoria de
folga do próximo 8 de marzo. -
Suspendida a folga no Lefties do Centro Comercial Gran Vía de Vigo tras lograr o comité a readmisión do despedido
A Federación de Servizos de CCOO de
Galicia informa da suspensión da folga prevista para hoxe e mañá
no Lefties do Centro Comercial Gran Vía de Vigo, coa que se
pretendía lograr a readmisión dun compañeiro. Tras unha «intensa»
negociación, os sindicatos CCOO, CIG e UGT conseguiron na tarde do
xoves que a empresa readmita o traballador despedido noutra das
tendas do grupo (a da rúa Progreso), pero conservando as mesmas
condicións laborais. Este acordo determina a desconvocatoria da
folga. O vindeiro martes, día 27, haberá unha reunión para pechar
os flocos económicos da readmisión.CCOO,
que ten a maioría no comité de empresa, congratúlase polo acordo
acadado. O sindicato salienta a unidade de acción sindical, que
contribuíu a que este conflito se resolvera positivamente para o
traballador afectado. «Neste conflito puxemos en valor a
solidariedade das persoas coa situación inxusta que padeceu un
compañeiro», insisten desde Comisións.Antecedentes
CCOO
e o resto dos sindicatos afirmaron en todo momento que consideraban
«inxusto e arbitrario» o despedimento dun traballador do Lefties de
Gran Vía, que tiña a responsabilidade de segundo encargado e
contaba, ademais, co apoio dos seus compañeiros e compañeiras.Como
reacción, o comité de empresa xa convocara concentracións os
pasados días 12, 13 e 14 para pedir a readmisión. Ao non haber unha
resposta «satisfactoria» á reivindicación, decidiuse convocar a
folga, agora xa sen efecto grazas ao acordo.