Categoría: Comercio Galicia

  • CCOO Servizos considera insuficiente o complemento salarial aplicado por Inditex

    Con
    respecto ás reunións convocadas pola dirección da empresa, con
    toda rapidez, para aplicar un plus que equipare as condicións
    salariais das tendas
    de INDITEX Ourense e Lugo a outras provincias, desde CCOO queremos indicar: segue

    Que
    loxicamente estamos a favor de calquera incremento económico, pero
    non se pode dicir que o plus foi negociado. O importe do mesmo
    decidiuse unilateralmente pola dirección da empresa e o que se expón
    para Lugo e Ourense non equipara realmente condicións, non soluciona a
    diferenza con respecto a outras provincias e non se achega ás
    pretensións que ten CCOO:

    • Desde
      CCOO traballamos para que todas as traballadoras e traballadores de
      INDITEX teñan as mellores condicións laborais, xa sexan de tendas,
      loxística
      ou oficinas,
      evitando que haxa traballadores e traballadoras de primeira,
      segunda e terceira categoría.

    • Por
      iso desde CCOO cremos que a única forma seria e responsable de
      evitar diferenzas nas condicións entre o persoal, é unha reunión
      global a nivel de Galicia. INDITEX ten que sentar a negociar de
      verdade, porque todo o persoal ten que ter as mesmas condicións
      independentemente da provincia e o centro de traballo.

    • Outras
      opcións sindicais son moi libres de dicir e facer o que queiran,
      pero nós limitámonos aos feitos e estes son que non hai
      negociación, hai decisión unilateral da empresa no que respecta a
      importes de complementos por provincia e aínda que non podemos
      negar que o complemento é importante, non podemos conformarnos,
      porque as diferenzas salariais e sociais seguen existindo.

    • En
      CCOO só temos un obxectivo, conseguir que algún día, esperemos
      máis pronto que tarde, absolutamente todo o persoal das tendas de
      INDITEX, teña as mellores condicións sociais e económicas.

    https://www.ccoo-servicios.es/galicia/

    https://www.facebook.com/ServizosCCOO

  • Paralízanse as mobilizacións de comercio vario da Coruña ante a convocatoria da constitución da mesa negociadora

    As mobilizacións realizadas pola CIG, CCOO e UGT no sector do comercio vario da provincia da Coruña deron resultado, pois as patronais convocaron unha xuntanza o vindeiro 21 de novembro, na que se constituirá a mesa negociadora. Por esta razón, paralízanse as mobilizacións previstas para os seguintes días.

    Este primeiro paso permítenos desbloquear a negociación. Agora, o noso obxectivo é insistir ata conseguir o asinamento dun novo convenio.
     As tres centrais sindicais informarán puntualmente da situación da negociación.

    Comunicado conxunto

  • Comercio Vario Coruña: a patronal non quere negociar un novo convenio

    A
    vixencia do Convenio Colectivo do Comercio Vario da provincia da Coruña rematou
    en decembro de 2015 e actualmente está en ultractividade ata o 30 de xuño de
    2018. 

    Atopámonos con que moitas das asociacións patronais afectadas por este convenio non quere
    sentarse a negociar, impedindo que poidamos constituir a mesa de negociación. Fixeron caso omiso dunha solicitude de
    mediación tramitada polos sindicatos a través do Consello Galego de Relacións
    Laborais.

     O grave problema que isto provoca é que SI NON SE ASINA UN NOVO CONVENIO, ESTE DESAPARECE, desaparecendo por tanto os dereitos
    acadados e con consencuencias demoledoras. 

    Non se
    cobraría o 100% nas baixas, conxelaríanse os salarios, reduciríanse ao mínimo as
    licenzas retribuídas e poderían contratar
    novo persoal cobrando só os 707,60 euros brutos de salario mínimo
    interprofesional, aplicaríase o
    Estatuto dos Traballadores sen  nengunha
    mellora, DEIXANDO O SECTOR EN PRECARIEDADE TOTAL.

     Ante
    esta situación, estamos a
    realizar as actuacións necesarias para forzar á patronal a sentarse a negociar
    e conseguir o mantemento do Convenio
    de  Comercio da provincia da Coruña. 

    PARA
    INFORMARTE DE PRIMEIRA MAN, PARA CALQUERA APORTACIÓN E PARTICIPAR NÁS DECISIÓNS
    QUE SE TOMEN POLA LOITA DOS NOSOS DEREITOS, ACUDE AS ASAMBLEAS, CONCENTRACIÓNS
    E MOVILIZACIÓNS QUE IREMOS COMUNICANDO.

     PROXIMA
    CONCENTRACIÓN 17 DE NOVEMBRO AS 12:00 HORAS

    Plaza
    Galicia – Santiago

    Plaza de
    Lugo – A Coruña

    Centro
    Comercial Odeón – Ferrol


  • CCOO e UGT apostan por un modelo turístico sustentable e con emprego decente

    Con motivo da celebración do Día Mundial do Turismo 2017, a Federación de Servicios de CCOO e a Federación de Servicios, Movilidad y Consumo de UGT denuncian que a bonanza económica que vive a industria turística a nivel xeral traduciuse en maior explotación laboral, con salarios baixos, precariedade, falta de negociación colectiva sectorial e aumento da externalización. Segue 

    Así, de xaneiro a xullo de 2017, o número de viaxeiros que visitan España aumentou nun 4,21% respecto do mesmo período do ano anterior. Hai un 3,21% máis de pernoctacións que en 2016 e o emprego creceu un 5,18%. En canto ao gasto, nos sete primeiros meses do ano o gasto total aumentou un 15,1% respecto ao ano pasado, acadando os 49.119 millóns de euros.
    A pesar de que a rendibilidade do sector hoteleiro aumentou en España no que vai de 2017, o emprego nos subsectores da hostalaría e, sobre todo, a súa calidade, é precario, a tempo parcial e en, en moitos casos, fraudulento, xa que se traballan máis horas das contratadas.
    O crecemento da afiliación á Seguridade Social no sector da hostalaría en España creceu un 5,50% no sete primeiros meses de 2017 con respecto a 2016. Con todo, este crecemento no emprego tradúcese en que só o 3% dos novos contratos foron indefinidos a tempo completo, fixos descontinuos ou fixos a tempo parcial.
    Ademais, este ano aflorou unha forte demanda de vivendas turísticas que provocou a masificación dalgúns destinos turísticos, o que resultou nun crecente sentimento de rexeitamento cara á industria turística, a chamada «turismofobia». Neste sentido, os sindicatos reclaman un cambio cara a un modelo turístico diferente, socialmente sustentable, que aposte polo emprego de calidade e os salarios decentes.
    Neste sentido, para os sindicatos é fundamental levar a cabo campañas de información e unha actuación inspectora para a detección e corrección na prestación de servizos turísticos «clandestinos».
    Deste xeito, CCOO e UGT avogan por un pacto a favor da hostalaría regulada, contra a precariedade laboral e a economía mergullada, e no que participen todos os axentes implicados no sector turístico do noso país, que contemple a regulación, o máis homoxénea posible, das vivendas turísticas en España.

    Propostas Día Mundial do Turismo 2017

  • CCOO Servizos asina o Convenio de Comercio Alimentación de Ourense

    Hoxe
    19 de setembro, chegamos a un acordo para asinar o Convenio
    Colectivo de Comercio Alimentación de Ourense. Mantendo
    a base do convenio anterior e sen retroceder en ningún dos seus
    apartados, mellóranse e engádense os seguintes conceptos:


    Vixencia 2017
    – 2020


    Incorporación de protocolos
    de acoso.


    Incorporación de Articulado sobre Prevención de Riscos.


    Elimínase
    a obrigatoriedade de xustificar o tres días

    de licenza por asuntos propios.


    Admítese
    que a licenza por hospitalización

    poida collerse en calquera momento da mesma.


    Incorpórase unha Licenza
    Non Retribuída

    para usar en caso de enfermidades graves ou de longa duración de
    parentes.


    Amplíase a posibilidade de Redución
    por Garda Legal, dos 12 aos 14 anos.


    Incorpórase unha regulación
    no contrato a tempo parcial
    ,
    que permite consolidar o 50% das horas complementarias realizadas nun
    período de 15 meses.


    Inclúese
    dentro do salario base, a gratificación de actividade
    ,
    que ata agora se pagaba só en 12 mensualidades e que agora se abonará tamén nas tres pagas extras.


    Realízase por tanto un incremento salarial lineal nos seguintes
    termos:

    Ano
    2017.- 14 eur/mes

    Ano
    2018.- 28 eur/mes

    Ano
    2019.- 20 eur/mes

    Ano
    2020,. 20 eur/mes

    O
    que equivalería a un incremento
    aproximado do 10%

    nos grupos e niveis máis utilizados, conseguindo ademais que esta
    subida sexa maior nos salarios máis baixos e non nos máis altos,
    como pasa cando a subida é porcentual.

    En
    resumo, conséguese que o Convenio Colectivo de Ourense avance no
    que respecta a achegarse ás condicións sociais e económicas do
    resto de Provincias da nosa Comunidade.