Categoría: Comercio Galicia

  • CCOO gaña as eleccións sindicais en MediaMarkt Vigo e mellora os resultados anteriores

    A composición do
    comité no anterior mandato era de dúas/dous
    delegadas/os para CCOO, dúas/dous para CIG e un para Fetico. Nesta
    nova convocatoria partíase dun censo de 65 persoas para elixir tres
    delegadas/os no grupo de especialistas e dúas/dous no de
    técnicas/os.

    Un vez realizado o
    escrutinio CCOO obtén tres delegadas/os (2 en especialistas e
    1 en técnicos), CIG un e Fetico un.

    Desde CCOO queremos
    agradecer ás traballadoras e traballadores de MediaMarkt Vigo a súa
    implicación no proceso electoral e a súa confianza no noso
    sindicato, cuxas delegadas e delegados, desde o primeiro día que
    foron elixidos traballaron duramente para mellorar as condicións
    laborais de todo o personal, o cal, agora, recoñeceu esa labor cos
    seus votos, o que nos permite renovar o noso compromiso de seguir
    traballando para estar á altura das súas expectativas.

  • CCOO Servizos mellora a súa representatividade en DIA SA (Lugo)

    Onte luns, día 3,
    celebráronse eleccións en DIASA Lugo (Supermercados DIA% Lugo) cun
    resultado de dúas delegadas CCOO e tres de Fetico.
    Excelente
    resultado se temos en conta que o anterior comité de empresa estaba
    conformado por nove delegadas (tres de CCOO), pero que a diminución do persoal debido
    entre outras causas ao franquiciado de varias tendas provocou que o
    novo comité estea conformado agora por 5 delegadas.
    As
    representantes de CCOO iniciarán agora o seu traballo sindical cunha
    meta definida, que é conseguir mellorar e resolver todos aquelas cuestións que propoñiamos na nosa campaña electoral:

    • Acabar co
      costume de poñer diñeiro en caixa para compensar os descadres. 
    • Acabar coas horas de máis que non están compensadas nin pagas,
      coa implantación dun sistema de fichaxe. 
    • Acabar coas xornadas
      maratonianas, cando se fai unha implantación pola apertura dunha
      nova tenda.
    • Acabar co risco e perigo de estar soas na tenda.

    CCOO Servizos quere agradecer
    ao persoal a súa participación no proceso e especialmente a quen
    apostou pola nosa candidatura á hora de elixir a súa papeleta de
    votación.

  • Publicado o Convenio Colectivo Comercio Alimentación de A Coruña

    Trala sinatura do preacordo e tal como se informou o vinte de decembro de 2016, CCOO decidiu non asinalo en base a:

    • Por unha parte ao recorrido que aínda quedaba para o proceso negociador e a posibilidade de iniciar campañas de mobilizacións e folga
    • Por outra a unha serie de temas fundamentais que era importante mellorar respecto ao convenio anterior:  
      • Non reduce a xornada laboral: é un dos convenios coa xornada anual máis alta e non considera un mínimo de sábados libres ao ano
      • Non regula o control de presenza polo que se seguirán producindo prolongacións irregulares de xonada
      • O incrementos salariais son insuficientes
      • Non referencia o mantemento do poder adquisitivo ao IPC

    Texto Convenio Colectivo Comercio Alimentación A Coruña (01.01.2016 a 31.12.2019)

  • CCOO Servizos obtén toda a representatividade en DÉCIMAS (A Coruña, Ferrol e Santiago)

    CCOO gañou as eleccións sindicais ao ter sido elexidas as tres delegadas de personal que se presentaron, quedando a CIG sen representación.

    CCOO mellora os resultados obtidos nas anteriores eleccións en Sport Street S.L., empresa da que provén Décimas SLU, despois da segregación en distintas marcas.

    Cabe salientar que o plantel é maioritariamente feminino e que estre feito se reflectiu na elección das representantes. CCOO quere expresar o seu agradecemento ás persoas que participaron neste proceso e en especial ás que co seu voto depositaron a súa confianza nas Comisións Obreiras.
  • Publicado o Convenio Colectivo do Sector do Comercio Detallista Téxtil de Pontevedra

    Podes consultar aquí o texto do Convenio Colectivo publicado no BOP.
    O sector de comercio detallista téxtil queda englobado en comercio vario