Seguindo a decisión unánime das asembleas convocadas para o debate do preacordo, hoxe mércores, 28 de decembro, levouse a cabo a sinatura do Convenio. Desde CCOO poñémonos a disposición das persoas traballadoras do sector para acadar o obxectivo de que as condicións nel recollidas se cumpran. Nesta central sindical temos claro que non podemos descoidarnos unha vez acadado o acordo, e que calquera convenio non só é bo por si mesmo, senón porque realmente se aplique.
Categoría: Comercio Galicia
-
Asinado o Convenio Colectivo de Comercio Alimentación provincia de Pontevedra
Anexamos o texto do Convenio Comercio Alimentación provincia de Pontevedra, á espera da publicación do texto defintivo no BOP e DOG. -
CCOO Servizos non asina o preacordo do Convenio Comercio Alimentación provincia de A Coruña
O 14 de
Decembro, chegouse a un preacordo para a firma do Convenio Colectivo
de Comercio Alimentación da provincia da Coruña.CCOO
decidiu NON ASINALO
e a decisión, aínda que difícil de tomar, faise desde a
responsabilidade que temos como sindicato na defensa das condicións
laborais dos traballadores e traballadoras do sector.A
decisión de NON ASINALO non é caprichosa,
tomámola baseándonos nunha serie de temas fundamentais que
queriamos mellorar con respecto ao convenio anterior, unha vez pasado
o máis duro da crise económica e na idea de que presionando á
patronal, poderiamos conseguir un convenio con mellores condicións: Segue-
NON
REDUCE A XORNADA LABORAL,
cando actualmente o de Comercio Alimentación Coruña é un dos
convenios coa xornada anual máis alta, nin entra a discutir a nosa
pretensión de conseguir un mínimo de sábados libres ao ano como
posible mecanismo para reducir a xornada. -
NON
FALA SOBRE CONTROL DE PRESENZA DIARIO,
cando todos e todas sabemos que se producen excesos de xornadas á
hora de entrada e saída. Horas extras encubertas que non se abonan
nin compensan. Parece que a algúns iso non lles importa. -
Ten uns
INCREMENTOS SALARIAIS INSUFICIENTES,
porque a algunhas das empresas que o asinan, como GADISA ou FROIZ,
éncheselles a boca falando dos seus grandes beneficios nos medios
de comunicación ou nas ceas e reunións de empresa, para logo
propoñer incrementos salariais para os seus persoais que oscilan
entre os 9? ao mes para as categorías máis baixas e 17? ao mes
para as máis altas. -
NON
GARANTE O MANTEMENTO DO PODER ADQUISITIVO,
porque non garante os incrementos salariais en función dun máis
que posible incremento do índice anual de IPC, co que pode pasar
que o IPC se dispare e sexa o persoal quen o asuma para maior
beneficios das empresas. Por exemplo, un IPC do 1,25% no 2017, come
a escasa subida salarial de 9?. VERGOÑOSO.
Nestas
condicións CCOO NON PODÍA ASINAR O CONVENIO
e propoñiamos realizar mobilizacións ao longo da campaña de Nadal,
para sacar á luz pública esta situación e como medida de presión
para que a Patronal atendese ás nosas reivindicacións de mellora.USO e
UXT, decidiron renunciar ás mobilizacións, encartarse á patronal e
asinar o convenio cunha máis que axustada maioría do 53% de
representatividade.Asinan e
fano baixo a escusa de que os traballadores e traballadoras non
queren que os sindicatos nos mobilicemos, pero a realidade é que non
deixaron que decidisen como adultos responsables se querían ou non
mobilizarse, tratando ao persoal como nenos aos que hai que tutelar.Agora
que cada un saque as súas conclusións, asuma as súas
responsabilidades e teña en conta o que pasou á hora de decidir a
quen cede a súa representación cando toquen eleccións sindicais. -
-
Desconvocada a folga de Comercio-Alimentación da provincia de Pontevedra
Nas asembleas celebradas no día de hoxe, cunha participación de máis de 300 persoas, e que foron convocadas para valorar o preacordo ao
que se chegou o pasado día 2 e decidir sobre a folga convocada para
os días 5 e 7 de decembro, decidiuse por unanimidade validar os termos do acordo
acadado entre a patronal e os catro sindicatos presentes na mesa de
negociación, coa participación en calidade de mediadores do AGA de
Jose Mª Casas e Ana Pouso.Os termos de este acordo de mellora sobre o actual convenio son os
seguintes:

-
Vixencia de catro anos cun incremento en tódolos conceptos
económicos do 1% para 2016, 1% para 2017, 1´5% para 2018 e 1´5%
para 2019. No referente a xornada, 20 minutos de descanso
retribuído para xornadas continuadas de máis de 6 horas. -
No referente a xornada, 20 minutos de descanso
retribuído para xornadas continuadas de máis de 6 horas. -
Prioridade para as contratacións de tempo parcial para ocupar as
vacantes a tempo completo e consolidación do 50% das horas
complementarias estruturais traballadas nun período de 18 meses. -
Dereito ao desfrute de 16 días de vacacións entre o 1 de xuño e o
30 de setembro para o 100% do cadro de persoal, manténdose as
condicións máis beneficiosas. -
Nos casos
de solicitude de licenza por asuntos propios elimínase a obriga de
presentar xustificante. -
Posibilidade de acumular o período de lactación nun total de 22
días consecutivos. -
Ampliar aos 14 anos do fillo a posibilidade de
redución de xornada por garda legal. -
Ampliar ata os cinco anos a excedencia por
coidado de fillos con reserva do posto de traballo, e ata 3 anos de
duración para atender o coidado dun familiar ata o 2º grao de
consanguinidade ou afinidade. -
Acórdase a constitución dunha comisión a fin de tratar
determinadas cuestións do Convenio Colectivo durante a vixencia do
mesmo.
Por parte de CCOO facemos unha valoración positiva deste acordo,
tendo en conta que se axusta ao obxetivo principal que tiñamos no
inicio desta negociación que era mellorar as condicións do anterior
convenio. Con este novo convenio acadamos melloras na necesidade de
conciliación, nas condicións das persoas contratadas a tempo
parcial e unha mellora nas condicións económicas que estaban en
risco pola insistencia da patronal na conxelación da antigüidade, a
eliminación da promoción profesional automática e a eliminación
do complemento para as situación de baixa por IT.CCOO tamén queremos facer unha especial mención á participación
activa dun gran número de traballadores e traballadoras nas
asembleas, que nos puxeron as cousas un pouco máis doadas,
reforzando a parte social na mesa negociadora.A partires de agora CCOO pómonos a disposición das persoas
traballadoras do sector, para acadar a necesidade de que as
condicións recollidas no convenio se cumpran. Nesta central sindical
temos claro que non podemos relaxarnos unha vez acadado o acordo, e
que calquera convenio non é bo nin malo por si mesmo, senón porque
realmente se aplique. -
-
Folga no Comercio de Alimentación de Pontevedra
As catro centrais sindicais presentes na mesa de negociación do Convenio de Comercio de Alimentación da provincia de Pontevedra, e representadas por:
María do Tránsito Fernández Fernández, na calidade de Secretaria Comarcal da CIG-Servizos Vigo, e con enderezo aos efectos de notificación na rúa Gregorio Espino, 47 de Vigo, Eva Rojas Fiestras, na calidade de Secretaria de Acción Sincidal de SMC Vigo Arousa UGT, e con enderezo aos efectos de notificación na rúa Heraclio Botana, 67,3º de Vigo, Jorge Carneiro Penedo, na calidade de responsable de Pontevedra Federación Servizos de CCOO con enderezo aos efectos de notificación na rúa Teixugueiras, 11 de Vigo e María Teresa Pérez Lago, na calidade de Secretaria Comarcal USO Vigo con enderezo aos efectos de notificación na rúa San Roque, 111 de Vigo:INFORMAMOSQue todas as comunicacións que se dean sobre as negociacións do convenio ou sobre as mediacións efectuadas polo AGA serán feitas polas persoas indicadas neste encabezamento, non avaliamos as diferentes informacións que se fixeron nestes días por persoas non autorizadas.Que no día de hoxe se mantivo outra reunión de mediación, onde a patronal fixo a súa oferta final a cal se debaterá nas asembleas do domingo día 4, en Vigo (Gregorio Espino, 47) e Pontevedra (Rúa Pasantería), ás 11:30 da mañá.Se fose aceptada, CCOO-CIG-UGT-USO, desconvocariamos as folgas dos días 5 e 7 de decembro.Agradecemos a vosa colaboración e interese.En Vigo, a 1 de decembro de 2016Nota orixinal:
