Categoría: Comercio Galicia

  • Nova reunión do Convenio Colectivo de Comercio Alimentación da Coruña

     O mércores 6 de setembro mantivemos unha nova reunión do Convenio
    Colectivo de Comercio Alimentación da Coruña.

    O punto primordial da reunión era pedir que a patronal clarificase a
    pseudo-plataforma que entregou na reunión anterior que non
    detallaba as pretensións que tiña respecto a cada un dos apartados
    negociables: salarios, xornada, contratación, etc.

    Unha vez detallada a Plataforma Patronal, xa nos queda clara a súa
    intención de modificar todos os aspectos do convenio. Poñemos como
    exemplo das súas pretensións as seguintes:

    – Incrementar o tempo necesario para promocionar de nivel.

    – Incrementar os períodos de proba.

    – Dar carta branca ao contrato de interinidade para evitar
    incrementar a contratación indefinida.

    – Dar máis facilidades para a contratación a tempo parcial con
    horarios irregulares que poñen a plena disposición da empresa.

    – Abonar como hora ordinaria as horas extras diarias e reducir o pago
    das de domingos e festivos.

    – Recortar e complicar a xustificación das licenzas retribuídas.

    – Reducir o abono do salario en caso de enfermidade e complicar a
    xustificación mediante actuación das mutuas.

    – Eliminar calquera posibilidade de concreción horaria por
    maternidade e reducir os días de lactación.

    – Un convenio para cinco anos cuns Incrementos salariais ridículos:

    2016.- 0%

    2017.- 0,25%

    2018.- 0,25%

    2019.- 0,5%

    2020.- 0,5%

    – E para rematar preséntannos un intento de modificación do réxime
    disciplinario que polo seu tamaño e detalle parécese máis a unha
    copia do Código Penal ou da famosa ?Lei Mordaza?, que facilita a
    sanción ou o despedimento case polo feito simple de respirar.

    Unha vez máis, a patronal do Comercio Alimentación vai ao seu, e
    esquécese dos problemas dos traballadores e traballadoras do sector:

    – Falta de control de presenza mediante fichaxe, con excesos de
    xornadas e horas extras realizadas e non abonadas.

    – Precariedade salarial e exceso de contratación a tempo parcial.

    – Imposibilidade de conciliación da vida laboral e familiar.

    – Nula intención de mellorar en materia de saúde laboral e
    prevención de riscos.

    Sen dúbida seguimos moi afastados e cunha visión totalmente
    diferente da situación actual: onde eles falan de crise, nós, dos
    datos reais sobre a mellora da economía, como indican os seus
    propios informes sobre o incemento de beneficios presentados nos
    medios de comunicación.

    https://www.facebook.com/ServizosCCOO

    https://twitter.com/servizosccoo

  • Xuntanza da estrutura da Federación de Servizos de Galicia coa nova Dirección Provisional

    Despois
    da disolución
    da anterior executiva da Federación de Servizos de Galicia, hoxe
    martes, seis de agosto celebrouse
    unha xuntanza en Santiago á cal asistiu a estrutura cos integrantes da Dirección Provisional.

    Tratáronse
    diversos temas, entre os cales están a situación da Federación, a
    atención sindical e a organización do traballo ata o Congreso da
    Federación que se celebrará o próximo quince de marzo.

    Na
    imaxe, e de esquerda a dereita, algúns dos integrantes da
    Dirección Provisional:
    Alejandro Salvador (apoio Organización), Benito Gutiérrez
    (presidente da Dirección Provisional), Francisco Villares
    (responsable de Organización) e Raquel Blanco (apoio Acción
    Sindical).

  • Firmado o Convenio Colectivo de Comercio Retallista Téxtil de Pontevedra

    O pasado día 29 de xullo asinamos o convenio de Comercio Retallista Téxtil
    da provincia de Pontevedra, nos termos establecidos no preacordo
    alcanzado na reunión anterior. Lembramos as melloras que se
    introduciron:

    • Vixencia
      para os anos 2016, 2017, 2018.

    • Incremento
      salarial:1.5% para cada un dos anos de vixencia, en tódolos
      conceptos económicos.

    • Cláusula
      de revisión para cada un dos anos de vixencia na diferenza entre o
      IPC real e o incremento establecido para este ano.

    • Créase
      un novo plus de traballo nas tardes do 24 e 31 de decembro
      consistente en un recargo de 5? sobre a hora efectiva traballada
      entre a partir das 16:00 horas.

    • Horas
      extraordinarias pasarán a aboarse cunha recarga do 100% do seu
      valor habitual.

    • Vacacións:
      disfrute entre os meses de maio a outubro. Se voluntariamente se
      disfrutan fóra deste período o dereito é a 31 días de vacacións
      e unha bolsa de 200?.

    • Amplíase
      a posibilidade de acollerse a excedencia por maternidade ata un
      máximo de 4 anos e co límite de idade do fillo o filla de cinco
      anos.

    • A
      póliza de seguro de vida pasa a ser de 20.000 ?.

    • Licenzas:
      amplíase en 1 día a licenza por matrimonio, pasando a 16 días, e
      establécese en 6 días a licenza do artigo 30 por nacemento de fillo
      ou filla e polo falecemento accidente ou enfermidade grave,
      hospitalización ou intervención cirúrxica sen hospitalización de
      parentes ata o segundo grado de consanguinidade ou afinidade.

    • Guarda
      legal: amplíase a posibilidade de reducir a xornada ata que o menor
      cumpra os 14 anos.

    • Posibilidade
      de acumulación da lactación en 23 días naturais.

    • Nas
      empresas con máis de 15 traballadores establecese a xornada efectiva
      mínima para os contratos a tempo parcial en 27 horas semanais.

    Dende
    CCOO facemos unha valoración positiva do acordado, que mellora en
    conciliacións e sobretodo nun incremento nas horas mínimas nos
    contratos a tempo parcial. Ademais garante un incremento salarial
    aceptable para os tempos que corren e a garantía de mantemento do
    poder adquisitivo.

    Convenio Comercio Téxtil Pontevedra

  • CCOO Servizos mellora a súa representatividade en VEGALSA Oroso (p.l. Eroski)

    Onte celebráronse en Oroso as votacións correspondentes ao
    proceso electoral da empresa VEGALSA (platoforma loxística de Eroski). Ata o día de onte o comité estaba formado por 5 delegados/as de UGT, 2 de CCOO e 2 de FETICO. Grazas ao traballo dos nosos delegados/as durante estos últimos catro anos o resultado neste último proceso foi o seguinte:  

    UGT-4
    CCOO-3
    FETICO-2.
    NORABOA COMPAÑEIROS!!!!!
    O BO TRABALLO SEMPRE DA BOS RESULTADOS!!!
  • CCOO servizos obtén dous delegados nas eleccións de Alcampo Santiago

    No día de onte celebráronse as votacións das elección sindicais en Alcampo Santigo.
    O anterior comité estaba formado por 3 delegados/as de FETICO, 3 de UGT, 2 de CCOO e 1 de CIG.
    Despois
    do resultado de onte, e durante os próximos catro ano o comité estará
    formado por 4 delegados/as de FETICO, 3  de CIG, 2 de CCOO e UGT 0.
    Valoramos
    positivamente os resultados conseguidos polo noso sindicato, xa que
    este ano, por primeira vez, a CIG presentaba candidatura no colexio de
    técnicos.
    NORABOA A RICARDO PÁJARO E CHUS LAVANDEIRA!!.