Categoría: Comercio Galicia

  • Xuntanza de delegadas e delegados de Alcampo Galicia cos responsables da Sección Sindical Estatal

    A Sección Sindical Estatal de CCOO de Alcampo reuniuse esta mañá cos delegados e delegadas de Alcampo de Galicia.
    Nesta xuntanza de traballo tratáronse diferentes temas que afectan a toda a plantilla da empresa Alcampo, entre
    os cales está a futura negociación do
    próximo convenio colectivo que remata a súa vixencia o día 31 de
    decembro do 2016, polo que toca afrontar a dura e dificil tarefa da
    negociación.
    Desde a Federación de Galicia, agradecemos a
    asistencia do Secretario Xeral da Sección Sindical Estatal de Alcampo ,
    así como a asistencia de todos os delegados e delegadas de Galicia.
  • Asinados os convenios de Comercio de Mobles e Comercio de Materiais de Construción da provincia de Pontevedra

    Na sinatura destes dous convenios tivemos en conta
    que son dous sectores tocados especialmente pola
    crise con empresas que xa pecharon, outras que están con ERTES
    continuos e sen demasiadas perspectivas de mellora, polo que
    estabamos obrigados a tomar unha posición responsable. De todas
    maneira conseguimos asinar, aínda
    que sexa de forma moderada, incremento salarial para cada un dos anos
    de vixencia e algunha mellora máis. Segue

    Texto Convenio Comercio Mobles

    Texto Convenio Materiais de Construcción

    Comercio do Moble
    da provincia de Pontevedra,

    chegamos a un
    acordo e asinouse este convenio cos seguintes cambios sobre o
    convenio anterior:

    • Incremento salarial do 0?25% para 2016, 0?50% para 2017 e 0?75%
      para 2018.

    • Licencia para acompañamento de fillo menor de 14 anos a asistencia
      médica.

    • Sometemento o AGA e a Comisión Tripartita Galega
      para inaplicación de convenios para solución de conflitos e
      posibles descolgues sen acordo.

    Comercio Materiais de Construción: O pasado 26 de maio
    decidimos firmar o convenio CCOO e UGT, negándose a asinalo a
    representación de CIG, situándose en reivindicacións maximalistas
    que son claramente inasumibles pola parte empresarial e dificilmente
    defendibles na situación actual.

    As condicións de modificación sobre o anterior convenio son as
    seguintes:

    • Vixencia de 2 anos, ata o 31 de decembro de 2017.

    • Incremento salarial para 2016 do 0,75% e para 2017 o 1,25%, con
      cláusula de revisión a final de 2017 sobre o IPC real e sen
      carácter retroactivo.

    • Establecer como días de licenza retribuída os días 24 e 31 de
      decembro de 2016 e 7 de xaneiro e 9 de decembro de 2017.

    • 1 día por matrimonio de parentes hasta 2º grao.

    • Posibilidade de implantar un protocolo de actuación para a
      prevención e tratamento do acoso sexual ou moral nos centros de
      traballo.

    • Incluír nas competencias dos Comités de Empresa a obriga de
      recibir información polo menos anualmente sobre a aplicación na
      empresa do dereito de igualdade no trato e de oportunidades entre
      homes e mulleres.

    • Obrigatoriedade de elaborar un Plan de Igualdade nas empresas que
      superen os 250 traballadores e traballadoras.

    • Solución de conflitos a traveso do AGA e a Comisión Tripartita
      Galega para a inaplicación de convenios colectivos.

    Tras esta sinatura só resta
    a súa publicación no Boletín.

    Vigo a 17
    de xuño de 2016

  • A declaración de Zona de Gran Afluencia Turística nunha Cidade non pode supor a precarización do emprego e a perda de dereitos

    A
    Federación de Servizos de CCOO de Galicia quere saír ao paso das
    declaracións vertidas na prensa por parte da Patronal de Grandes
    Almacéns (ANGED), nas que vén dicir que deixar fóra das
    devanditas zonas ás grandes cadeas de distribución evita a
    competitividade das tendas físicas vs tendas online e evita a
    creación de centos de postos de traballo que serían necesarios para
    atender un horario comercial máis amplo.

    É
    necesario aclarar que a Patronal ANGED xa vén pedindo desde hai
    moitos anos a liberalización total do comercio e só grazas ao
    rexeitamento dos Sindicatos e do Pequeno Comercio se puido evitar. 

    Esta Patronal sempre argumenta que esta liberalización vai crear emprego, e con todo, ano tras ano o que fai é precarizar a situación no sector, asinando convenios cos seus sindicatos afíns que van minguando as condicións de traballo nos centros. Só no último convenio pasouse a aumentar a xornada en 28 horas anuais e deixar de remunerar os domingos e festivos pasando a traballarse coma se dun día máis se tratase (co que nos podemos imaxinar en que situación nos quedariamos se, como pretenden, nos fan abrir todos os domingos e festivos do ano). Segue

    Por
    suposto non aceptamos tampouco que se defina ao comercio como un
    servizo público, ANGED confunde e esquécese de engadir a
    preposición e definilo como o que realmente é, «un servizo para
    o público».

    Entendemos
    que o desafío do comercio hoxe pasa por entender as necesidades do
    consumidor ofrecéndolle o que necesita e mantendo un bo ambiente
    laboral nas tendas para que o traballador poida desenvolver o seu
    traballo en condicións óptimas, e non en fomentar o consumo
    irresponsable e baixar prezos á conta das condicións laborais dos
    traballadores.

    Por
    último, se ANGED o que propón é que nos acheguemos ás condicións
    de libre apertura de Portugal, nós propomos achegarnos ás
    condicións doutros países onde tamén no comercio se pode conciliar
    a vida familiar e laboral.

    En
    definitiva estamos de acordo en afrontar ese debate coherente sobre o
    futuro do comercio, sempre que sexa iso (coherente), e non busque
    precarizar aínda máis as condicións xa de seu inasumibles de todos
    os traballadores e traballadoras do comercio, e considerando que 12
    horas ao día 6 días á semana son máis que suficientes para
    atender ao consumidor.

  • Liberalización de horarios: A zona de libre horario comercial limitarase ao Casco Vello, ensache e Bouzas

    Tras
    unha intensa negociación na que participamos CCOO, UGT e CIG,
    finalmente chegouse a un acordo para delimitar a Zona de Gran
    Afluencia Turística na cidade de Vigo, na que se permitirá a
    apertura do comercio todos os días do ano.

    As primeiras propostas que se puxeron enriba da
    mesa, e que incluían zonas como a Gran Vía, a Rúa do Príncipe ou
    o Centro Comercial A laxe, tiveron por parte das tres centrais
    sindicais unha resposta contundente de negativa absoluta, sendo
    preciso realizar accións encamiñadas a conseguir que non se
    incluísen estas zonas e tampouco establecementos de mais de 300
    metros cadrados. Solicitáronse concentracións ás portas do
    Concello de Vigo, a primeira delas onte pola mañá, que se mantivo
    como asemblea, á espera do desenvolvemento dunha reunión urxente.

    Continúa

    Na citada reunión, celebrada onte entre os tres sindicatos, as asociacións de comerciantes e o goberno municipal, alcanzouse o acordo de que a zona na que se poderá abrir ata as 10 da noite, sexa a correspondente a rúa San Francisco, paseo de Alfonso, Cachamuíña, paseo de Granada, Segunda República, Policarpo Sanz, García Barbón e Arenal ( só ata o cruzamento da rúa de Pontevedra), Montero Ríos, Cánovas do Castelo e a zona vella de Bouzas. Queda excluído o centro comercial A Laxe, o barrio de O Cura, e parte do Ensanche.

    Por parte de CCOO, desde que saíu a lei sobre apertura dominical no ano 2012, e posterior ampliación en 2014, mantivemos a nosa oposición a esta lei e á apertura do comercio en domingos e festivos (ligazón). Como non podía ser doutra forma, en Vigo e ante a conxuntura de superación das 600.000 pernoitas que marca esta lei para que sexa declarada Zona de Gran Afluencia Turística, opuxémonos rotundamente, a pesar do cal buscamos unha solución para evitar que puidesen abrir legalmente, máis domingos e festivos dos establecementos que xa o fan actualmente.

    Finalmente conseguimos o noso propósito: que a zona delimitada non inclúa ningún establecemento de máis de 300 metros, ningunha área comercial e eliminar zonas de complicado encaixe como Zona Turística, limitándose exclusivamente ás zonas consideradas Casco Vello da cidade.

    Queremos resaltar a participación activa neste proceso ademais da Unión Comarcal de Vigo e a Federación de Servizos de Galicia, do Comité de Empresa de Mediamark Vigo e os delegados e delegadas de Comercio, que asistiron a Asamblea-Concentración de onte día 23. Unha vez mais demostrase que a Negociación-Presión e o traballo conxunto son a formula para conseguir os nosos obxetivos.

  • Xuntanza de delegadas e delegados de Alcampo Galicia

    No
    día de hoxe reuníronse nos locais de CCOO en Santiago, os delegados
    e delegadas de ALCAMPO de Galicia.

    Este
    ano finaliza a vixencia do Convenio Colectivo de Grandes
    Almacéns,(ANGED), polo que desde a Federación de Servizos de
    Galicia iniciamos xuntanzas de todos os delegados/as para preparar
    estas negociacións.

    O
    obxetivo desta xuntanza :

    • Debatir
      e propoñer os temas e puntos para a negociación.

    • Elaborar
      puntos para incluir na plataforma de CCOO.

    • Información
      e traslación da negociación.

    Todos
    os acordos aos que se chegue trasladaranse á Sección Sindical
    Estatal, para que, en coordinación co resto de Seccións Sindicais
    Estatais, elabore a plataforma e negociar o próximo convenio.