Categoría: Comercio Galicia

  • CCOO Servizos gaña as eleccións en Coop. Las Rías A coruña e revalida a súa maioría

    A Federación de Servizos de CCOO de Galicia gañou as eleccións
    sindicais celebradas onte en Cooperativa Las Rías. A candidatura proposta polo
    sindicato logrou tres delegados de persoal, sendo a única que se
    presentou.

    Cabe salientar que nas anteriores eleccións tamén conseguiu a maioría a
    pesar de presentarse unha candidatura da CIG, que conseguiu un delegado.
    CCOO agradécelles aos traballadores e traballadoras a participación no
    proceso electoral e a confianza depositada.
  • CCOO Servizos gaña as eleccións en Egasa XXI A coruña e revalida a súa maioría

    A Federación de Servizos de CCOO de Galicia gañou as eleccións sindicais celebradas hoxe en Egasa XXI. A candidatura proposta polo sindicato logrou tres delegadas e dous delegados, sendo a única que se presentou.

    Cabe salientar que nas anteriores eleccións tamén conseguiu a maioría a pesar presentarse unha candidatura da CIG, que non conseguiu votos suficienters para obter un delegado.
    CCOO agradécelles aos traballadores e traballadoras a participación no
    proceso electoral e a confianza depositada.

  • CCOO-Servizos traballará para homoxeneizar condicións laborais en Inditex

    A Federación de Servizos de CCOO de Galicia organizou este martes
    unha reunión coa representación legal do grupo de empresas de Inditex
    para marcar criterios de unificación da negociación e tamén traballar na
    homoxeneización das condicións laborais.

    Segundo CCOO-Servizos, existen diferenzas salariais e en materia de
    dereitos sociais entre o persoal destas empresas, incluso no caso das
    encadradas na mesma comunidade autónoma. En concreto, o sindicato
    destaca as diferenzas entre o colectivo de traballadores e traballadoras
    da rede de tendas respecto do departamento loxístico da empresa.

    CCOO-Servizos quere pór fin a esta «discriminación», xa que o persoal
    das tendas é, a final de contas, «a imaxe da marca Inditex». Por iso,
    esta federación traballará seguindo o criterio de unificar as condicións
    laborais no ámbito autonómico, co obxecto de reducir as diferenzas ata
    que desaparezan.
    O sindicato tamén «traballará arreo» para combater a precariedade e a
    eventualidade na empresa, xa que un dos principios básicos de CCOO é a
    defensa do emprego digno e de calidade «e así se vai esixir en canta
    mesa de negociación houber».
     

  • Reunión de delegadas e delegados de CCOO Servizos do Grupo Inditex

    O
    vindeiro 5 de abril
    terá
    lugar en Santiago
    a primeira
    reunión de representantes da
    Federación de Servizos de
    CCOO Galicia
    no
    Grupo Inditex,
    onde, entre outras
    cuestións,
    se analizará
    a situación da Negociación Colectiva das
    marcas que forman parte dese grupo (Zara,
    Berska, Stradivarius, Lefties, …).

    Unificar criterios en canto a negociación,
    potenciar a coordinación para aproveitar os recursos que o sindicato
    pon á súa disposición, mellorar a comunicación e aumentar a
    afiliación serán cuestións que centrarán o encontro.

    Preténdese
    incrementar o compromiso de posta en común periódica aportando
    experiencias e intercambiando criterios sobre problemática laboral e
    traballo sindical, así como coñecer de primeira man a situación do
    personal de cada centro de traballo. 

  • Qué está pasando en Media Markt Vigo?

     Os delegados e delegadas de CCOO e CIG no comité de empresa de Media
    Markt Vigo denunciamos despedimentos inxustificados na empresa,
    presións e falta de persoal neste centro de traballo. Ambos os
    sindicatos aseguramos que «non sobra ninguén» xa que, ao tempo que
    se prescinde de traballadores e traballadoras, a empresa fai novos
    contratos.

    Tanto
    CCOO como CIG sinalamos que a empresa se está a aproveitar da reforma
    laboral para despedir persoal con contrato a tempo completo para, no
    seu lugar, facer contratos por horas. Tamén se está producindo unha deterioración
    das condicións laborais, coa obriga de traballar domingos e facer
    horas extraordinarias. Así mesmo, o persoal, en moitos
    casos, descoñece o seu propio horario o día antes de comezar a
    xornada.

    Criticamos o degradado sistema de relacións laborais
    dunha empresa que se gaba na prensa do seu modelo empresarial.
    Denunciamos, así mesmo, que hai «ameazas constantes» de despedimento
    para que o persoal non proteste ante a deterioración das condicións
    de traballo.

    Comunicado