Categoría: Contact Center

  • A Sección Sindical de Teleperformance A Coruña celebra o seu Plenario

    Hoxe, 22 de xullo, celebrouse na Coruña o plenario de renovación da Sección Sindical de CCOO en Teleperformance A Coruña. No mesmo foi reelixido como secretario xeral Xosé González Paz e como membros da executiva Miriam Dornas Coira, Beatriz Agra Aguinaga, Antonio Díaz Diaz e Lucía Trenor López.

    Desde a Federación de Servizos de Galicia os nosos parabéns polo gran traballo desenvolvido nos últimos catro anos. 

  • Non á deslocalización, pola defensa dos postos de traballo de R en Galicia!

    Desde a compra por parte de Euskaltel no 2015, R Cable está a deslocalizar os postos de traballo cara Asturias e o País Vasco.

    O presente e futuro, tal e como indicou o conselleiro delegado da empresa, José Miguel García, vai continuar no mesmo camiño, para acabar coa gran maioría dos postos de traballo en Galicia.

    Máis concretamente todo o Servizo de Mantemento, maioritariamente subcontratado en outras empresas, está derivando os distintos servizos fóra, operación e mantemento, enxeñería e desenvolvemento, o servizo de atención telefónica, etc. sin que se produza subcontratación dos traballadores e traballadoras de Galicia, quedando así, máis de 1.200 traballadores e traballadoras en risco de perder os seus postos de traballo. A maioría do persoal que vimos prestando servizos para R, desde hai moitos anos, e que xa fomos subrogados anteriormente doutras empresas, vemos agora, con esta deslocalización, como os nosos postos de traballo están en perigo.

    É por isto, que os traballadores e traballadoras que vimos prestando servizos para R, chamamos á mobilización, para loitar contra esta fatidica deslocalización e pola defensa dos postos de traballo, que terá como pistoletazo de saída, unha concentración o día mércores 17 de xullo ás 19:30 hs. diante da sede de R na Coruña.

  • CCOO revalida a maioría en Teleperformance e amplía a súa representación

    Onte, catro de xuño, tiveron lugar as votacións para elixir os membros do Comité de Empresa de Teleperformance A Coruña e, de novo, o persoal elixiu de forma maioritaria a candidatura de CCOO.

    O persoal outorgou cos seus votos a confianza aos nosos candidatos recollendo a proposta de CCOO de que sumando se poden acadar as metas que nos propoñamos, defendendo as condicións laborais do persoal e o emprego.

    Hai que destacar o alto índice de participación nas votacións para un comité, que pasou de 17 a 21 membros, nas que CCOO obtivo case o 43% dos vinte e un delegados/as que se elixían, quedando a súa composición do seguinte xeito: CCOO 9, CIG: 6, UGT: 4 e CGT: 2

    Desde CCOO queremos agradecer ás traballadoras e traballadores de Teleperformance A Coruña a súa implicación no proceso electoral e a súa confianza no noso sindicato, cuxas delegadas e delegados, desde o primeiro día en que foron elixidos, fai xa máis de catro anos, traballaron duramente en mellorar as condicións laborais de todo o cadro de persoal, o cal, agora, recoñece este labor cos seus votos, e que nos permite renovar o noso compromiso de seguir traballando para estar á altura das súas expectativas.

    CCOO agradecemos o apoio do persoal pola súa participación democrática e polo apoio outorgado aos nosos candidatos e candidatas e comprometémonos a traballar para ser útiles e eficaces e poder intervir con máis garantías no devir da empresa e do sector.

  • A Federación de Servizos insta á Xunta a mediar no conflito de Unitono Ourense

    O pasado nove de maio a Federación de Servizos de CCOO de Galicia, representada pola súa Secretaria Xeral Lucía Trenor, asistiu a unha reunión do Comité de Empresa de Unitono co conselleiro de Economía, Emprego e Industria Francisco Conde.

    Na reunión participaron ademais a secretaria xeral de Emprego Covadonga Toca e o director do IGAPE Juan Cividanes.

    Durante a reunión o comité de empresa de Unitono trasladou a problemática existente na plataforma do centro de Ourense, solicitando a intervención da Xunta para atopar unha solución conxunta á deslocalización que está sufrindo. Ler máis

    A Consellería trasladou o seu compromiso de axente intermediario entre Naturgy e Unitono. Asemade, a empresa Unitono trasladoulle á Xunta a súa intención de diversificación de clientes na plataforma que teñen en Ourense para conseguir maior volume de negocio.

    A Federación de Servizos de CCOO expuxo unha vez máis á Xunta a necesidade de que Unitono aplique unhas solucións a curto prazo que permita o aumento do da carga de traballo para o seu centro en Ourense. Do mesmo xeito abordáronse as necesidades dunha modificación lexislativa que permita o mantemento de empregos en Galicia.

    Lucia Trenor, Secretaria Xeral de Servizos de CCOO Galicia, fixo especial fincapé na situación e problemática na que se atopa o sector de Contact Center en Galicia, que ocupa a case 10.000 persoas pondo como exemplo os conflitos existentes en empresas como: Teleperformance, Bosch, DxC Technology, Unitono, Universal Support, etc…

    Desde a Xunta ratifícase o compromiso realizado na primeira reunión mantida coa secretaria de Emprego Covadonga Toca levando a cabo un estudo para analizar a situación do sector do Contact Center en Galicia.

  • Novo día de folga en #UnitonoOurense cun seguimiento do 100% nas dúas quendas.

    Comunicado comité empresa de Unitono Ourense:

    Como sabedes tivemos unha reunión extraordinaria coa empresa para tratar a situación actual.
    UNITONO di que a súa intención non é deslocalizar ou pechar este centro e que na mesma liña esta Naturgy. Ler máis

    Non obstante a empresa NON SE COMPROMETE A GARANTIR NIN O AUMENTO DA CARGA DE TRABALLO NIN GARANTIR OS POSTOS DE TRABALLO.
    Moito din que apostan por nós pero, cremos que as palabras teñen que vir acompañadas con feitos porque de palabras bonitas non comemos!!!

    Convidamos á empresa que acudise xunto co Comité á reunión coa secretaria xeral de emprego da Xunta de Galicia. E declinou a oferta. Tamén pedimos que se convoque unha mesa de negociación entre a empresa, o Comité e Naturgy. Non tivemos resposta.

    O Comité propuxo á empresa que sente a negociar co cliente para que se reparta o traballo entre as dúas plataformas pero obtendo maior carga de traballo aquí. A empresa négase pois xa é u contrato cerrado. Entendemos que NON HOUBO UNHA VONTADE REAL POR PARTE DA EMPRESA DE NEGOCIAR.

    Tras 4 horas de reunión, a empresa o único que nos ofreceu a garantir por escrito que durante dous meses non van adoptar medidas de recortes contra os traballadores/ as. 
    ESTO NON É GARANTÍA DE EMPLEO SENON É GARANTÍA DE PRECARIEDADE e en ningún momento garantizan estabilidade e continuidade o único que temos é Data de Caducidade

    Temos neste momento un sentimento de desánimo máis profundo se cabe e a nosa postura e seguir pelexando coa vosa axuda

    NON SABEMOS CANTO PODE DURAR O QUE SI SABEMOS É QUE NON NOS VAMOS A RENDIR

    Vídeo