Categoría: Contact Center

  • CCOO alerta da posible perda de emprego en Unitono en Ourense e critica a Naturgy pola deslocalización de traballo

    A Federación de Servizos de CCOO alerta da posible perda de emprego en Unitono no seu centro de chamadas de Ourense e critica a Naturgy (antiga Gas Natural Fenosa) pola deslocalización de traballo que se presta actualmente desde Galicia. Segundo o sindicato, a empresa atribúelle á eléctrica a decisión de levar fóra da comunidade autónoma o servizo, concretamente para unha nova plataforma aberta o pasado marzo en Reus.

    O comité de empresa de Unitono en Ourense alerta de que están en risco numerosos postos de traballo nunha empresa que dá ocupación a máis de 130 persoas. Por esta razón, convoca paros para o vindeiro luns, 8 de abril, de 12 a 13 horas e de 18 a 19 horas.

  • Concentración contra o ERTE anunciado por Bosch en Vigo

    Hoxe venres, quince de marzo, concentrámonos diante de Bosch Services Vigo para expresar o noso rexeitamento polo ERTE anunciado para ese centro de traballo.

     
    A empresa achegou documentación xustificativa para esta regulación de emprego. Con todo, para nós non abonda, xa que se alude a causas organizativas que non fican demostradas sobre o papel.

    A causa probable estaría relacionada co ERE de Vodafone, un dos seus principais clientes, pero Bosch non detallou o impacto que tería para a súa empresa e, sen resolver iso, presenta o ERTE.

    O ERTE afectaría a 800 persoas, con períodos de suspensión entre os dez días e os dous meses. Así mesmo, foron despedidas 200 persoas que prestaban servizos a través de empresas de traballo temporal.

    Vídeo

  • Teleperformance A Coruña en folga

    O luns 4 de marzo de 2019 reunido o Comité de Empresa decídese por unanimidade de todas as
    Seccións Sindicais representadas neste Comité convocou paros de folga para o luns once de marzo en quendas de mañá de 12:00 a 13:00 horas e de tarde de 18:00 a 19:00 horas. Polos sobrados motivos que pasamos a detallar:
     
    • Despedimentos disciplinarios inxustificados.
    • Abuso da contratación eventual e precaria.
    • Denegación das reducións de xornada de concrecións horarias.
    • Plans de incentivos inalcanzables.
    • Presións constantes nas campañas.
    • Incidencias reiteradas en nóminas.
    • Falta de control e transparencia ante os cambios constantes do persoal entre campañas, en determinados casos con perdas de categorías.
    Promóvese a declaración de folga xa que até o día de hoxe resultaron infrutuosas todas as negociacións (requirimentos, reunións coa empresa, etc..) realizadas para tentar chegar a un acordo sobre dás distintas problemáticas no centro de traballo.

    Vídeo das mobilizacións

  • CCOO rexeita o ERTE anunciado por Bosch en Vigo e reúne apoios dos partidos políticos

    Comisións Obreiras rexeita o expediente de regulación temporal de emprego (ERE) anunciado polo centro de chamadas Bosch para as súas instalacións de Vigo. O sindicato iniciou unha rolda de contactos cos diferentes partidos políticos para recabar o seu apoio. O primeiro dos encontros tivo lugar este luns con Yolanda Díaz, deputada de En Marea no Congreso. Ler máis

    Após a reunión, Díaz e representantes de CCOO deron unha conferencia de prensa conxunta. Juana Taboada (CCOO), traballadora de Bosch, explicou que a empresa achegou documentación xustificativa para esta regulación de emprego. Con todo, apuntou que «para nós non abonda», xa que se alude a causas organizativas que non fican demostradas sobre o papel.

    A causa probable estaría relacionada co ERE de Vodafone, un dos seus principais clientes, «pero Bosch non detallou o impacto que tería para a súa empresa e, sen resolver iso, presenta o ERTE», lamentou a traballadora.

    Tabaoda tamén explicou que o ERTE afectaría a 800 persoas, con períodos de suspensión entre os dez días e os dous meses. Así mesmo, lembrou que foron despedidas 200 persoas que prestaban servizos a través de empresas de traballo temporal.

    Pola súa parte, Yolanda Díaz salientou a gravidade para unha cidade como Vigo dunha regulación de emprego na que se manexan cifras desta envergadura.  A representante de En Marea criticou que as grandes multinacionais estean «facendo coa xente o que lles peta», e lamentou que o marco laboral llelo permita.

    Precisamente, En Marea presentou a pasada semana unha proposición de lei antideslocalización, para situar España ao nivel doutros países europeos, colcoando atrancos para que as grandes multinacionais deslocalicen e se comprometan cos territorios onde teñen centros de traballo.

    Por último, Díaz aseverou que «estamos en tempo de desconto» ?o 5 de marzo disólvense as Cámaras?, «pero seguiremos presentando iniciativas», concluíu.

  • Folga en Unísono

    As centrais sindicais presentes a nivel estatal en UNISONO convocaron unha folga
    de
    24 horas para o día de hoxe, a cal foi secundada cun
    70% de participación a nivel estatal, sendo o seguimento nos tres centros existentes
    en Vigo de case un 80%.

    A
    Federación de Servizosde
    CCOO, a través da súa delegada LOLS Gloria
    Alonso, estivo dende primeira hora diante do centro de traballo, sito
    na Avenida de Gran Vía en
    Vigo, informando ao persoal sobre os motivos que desembocaron nesta
    folga de 24 horas.

    Dende
    CCOO consideramos que a precarización constante das condicións de
    traballo, o aumento progresivo de contratacións vía ETT,
    a nula vontade de negociación dun Plan de Igualdade por parte da
    empresa, o cambio constante e sen preaviso dos horarios e cambios de
    quendas, impedimentos constantes ante as solicitudes de reducións de
    xornada e un longo etc., son motivos máis que suficientes para
    paralizar o traballo nesta empresa e demostrarlle á dirección dunha
    vez por todas, que o persoal é o activo máis importante que posúen.
    Esperamos que esta xornada lle
    sirva
    á empresa como toque de atención para mellorar as condicións
    laborais reinantes en todos os seus centros de traballo e convoque ás
    distintas centrais sindicais para atopar unha solución negociada
    ante o conflito xerado.

    Vídeo