Categoría: Contact Center

  • Precariedade e cambio tecnolóxico: dous retos para a recén constituída Agrupación de Servizos Técnicos e Administrativos

    O II Congreso da Federación de Servicios de CCOO determinou nos seus
    relatorios e Estatutos que o Consello Federal aprobaría durante o
    presente mandato a integración de Servizos Administrativos e Servizos
    Técnicos. Cabe salientar que a nova agrupación recolle os sectores de:
    Servizos Administrativos, Seguros e Mutuas de Accidentes de Traballo,
    Planificación e Consultorías (TIC), Contact Center, Enxeñerías e
    Inspección Técnica e Intermediación Laboral.

    Esta nova estrutura
    presenta aínda máis diversidade tendo en conta os distintos sectores que
    recolle a nova agrupación, ademais de retos organizativos e de acción
    sindical máis amplos, tales como combatir a precariedade e dotarse de
    novas ferramentas ante o cambio tecnolóxico e a dixitalización no
    traballo.

    A celebración deste Plenario de integración supón unha
    continuidade do proceso iniciado en 2014, así como unha importante
    ampliación do seu ámbito funcional e sectorial que dá lugar a unha nova
    realidade organizativa que require novos órganos de dirección. Neste
    caso, unha vez realizadas as votacións queda elixido como responsable da
    coordinadora da agrupación Héctor Ortega Sánchez.

    O presente
    plenario debe servir para integrar, ilusionar, comprometer e construír
    un sector que integrará unha ampla gama de subsectores, con
    heteroxeneidade nas súas características e maior variedade dos seus
    modelos de negociación colectiva.

  • CCOO Servizos mellora resultados en Unitono (Ourense)

    Hoxe, 29 de novembro, celebráronse eleccións na empresa
    Unitono na Provincia de Ourense obtendo CCOO Servizos un total de 2 delegados/as para
    un comité de 9. Este resultado mellora a representación anterior de CCOO incrementado nun delegado o resultado de fai catro anos, o cal é froito do traballo e compromiso demostrado polos nosos compañeiros/as durante este período.
    Estas
    eleccións corresponden ao persoal de traballadores e traballadoras
    externos, adicadas a actividades de Contact Center para Gas Natural
    Fenosa.
    CCOO Servizos
    amosa o seu agradecemento a todas as persoas que participaron neste
    proceso e en especial ás que co seu voto depositaron a súa confianza en
    Comisións Obreiras.
    CCOO
    Servizos quere dar os parabéns tamén a todos os traballadores e
    traballadoras renovando o noso compromiso para levar a cabo o mellor
    traballo posible en defensa dos intereses de toda o personal.
  • CCOO Servizos mellora a súa representatividade nas eleccións de Universal Support (Coruña)

    Hoxe xoves, 23 de novembro, celebráronse eleccións na empresa Universal Support na Provincia da Coruña obtendo un total de 6 delegadas para un comité de 13.
    Estas eleccións corresponden ao persoal de traballadores e traballadoras externos, adicadas a actividades de Contact Center para diversos clientes (Banco Popular, Abanca, R, HIBU…).
    Este resultado mellora a representación anterior de CCOO, incrementando nunha delgada o resultado de fai catro anos.
    CCOO Servizos amosa o seu agradecemento a todas as persoas que participaron neste proceso e, en especial, ás que co seu voto depositaron a súa confianza en Comisións Obreiras.
    CCOO Servizos quere dar os parabéns tamén a todos os traballadores e traballadoras, renovando o noso compromiso para levar a cabo o mellor traballo posible en defensa dos intereses de todo o personal.
  • CCOO Servizos acada a maioría nas eleccións do 061 en Santiago

    Nas eleccións parciais celebradas hoxe 30 de xuño no 061 de Santiago, CCOO Servizos acadou un total de tres delegados para un comité de cinco, quedando os outros dous repartidos entre UGT e CUT. Cabe salientar o avance suscrito pola Federación de Servizos xa que na anterior convocatoria foron elixidos dous delegados de CCOO.

    Esta maioría amosa o gran apoio do personal do 061 ao traballo realizado por CCOO Servizos nesa empresa. Agradecemos a todas/os o apoio recibido e lembramos que as/os nosas/os delegados sempre terán a total disposición de defender os dereitos laborais de todas/os as/os traballadoras/es.