Categoría: Contact Center

  • Concentración polo Convenio Contact Center: a prol do desbloqueo da mesa de negociación

    A patronal non
    acudiu á mesa de convenio do día 17 e desde CCOO parécenos
    lamentable que coa xornada de folga convocada para o luns 28 de
    novembro sigan desaproveitando as opcións previas para reconsiderar
    algunhas das posturas expostas e poder chegar a algún acordo.

    Isto non fai máis
    que reforzar a alternativa da folga, xa que o persoal está farto
    desa postura inmobilista e despectiva ante as reivindicacións por un
    convenio xusto. Así, o 28 de novembro #ColgamosLosCascos para
    que a caída dos servizos das empresas clientes faga reflexionar á
    patronal.

    Hoxe,
    en Coruña e Vigo celebráronse concentracións reclamando o
    desbloqueo das negociacións e para facer pública unha vez máis a
    realidade diaria dun sector precario e empobrecido.

    Máis imaxes

  • Convenio Contact Center: Convocadas novas concentracións e xornada de folga #COLGAMOSLOSCASCOS

    Debido ao bloqueo na mesa de negociación por parte da Patronal, CCOO e o resto de sindicatos presentes na mesa de convenio convocamos unha nova xornada de mobilizacións o día 18 – en Galicia en A Coruña e Vigo – e folga 24 h. para o luns 28 de novembro. A patronal  só insiste en manterse nas súas posturas, e mentres adícase a pór pedras até no que lle gañamos nos tribunais, como o non pago dos incentivos en vacacións. Se queren que de novo nos mobilicemos masivamente, que toda a sociedade se faga eco dos seus incumprimentos e que as empresas e os clientes sufran os efectos do seu inmobilismo, iso é o que van conseguir.

    Pois o 18 e  28 de novembro volverémoslles a dicir que xa está ben!  #COLGAMOSLOSCASCOS

  • Contact Center: multitudinaria manifestación por un Convenio Xusto

    O seis de outubro
    estaba convocada unha folga, así como unha manifestación en A Coruña ás 20:00
    a prol dun Convenio xusto para o sector de Contact Center. As rúas
    enchéronse de traballadoras e traballadores reclamando
    unhas condicións de traballo dignas. CCOO e UGT cifran entre un 65% e un 75% o seguimento da folga.

    A negociación do
    novo Convenio Sectorial de Contact Center leva atrancada 20 meses a
    pesar de que desde CCOO se expuxeron multitude de propostas para
    chegar a un acordo.

    Máis imaxes aquí e aquí

  • Os traballadores e traballadoras de Contact Center presionan á patronal para desbloquear o Convenio

    A negociación do novo Convenio leva atrancada 20 meses a pesar de que desde CCOO se expuxeron multitude de propostas co fin de chegar a un acordo coa patronal.
                Con todo, para esta hai tres escollos fundamentais. O tema salarial, onde CCOO pide que a subida de 2016 sexa desde o 1 de xaneiro, non desde firma de convenio; a subcontratación por ETT’s ou Multiservicios, onde o sindicato quere equiparar os seus dereitos laborais; e outro escalado de horas médicas, un tema no que CCOO propón que se inclúa o acompañamento até os 14 anos.
                Hai convocados novos paros para o xoves 29 de Setembro e unha folga de 24 horas o xoves 6 de outubro se a patronal non rectifica.
    Imaxes das concentracións do día 23 en Galicia:
  • Concentración en A Coruña polo Convenio Colectivo de Contact Center

    Enmarcada na
    convocatoria de concentracións en todo o Estado, hoxe xoves 15 de setembro, manifestámonos na
    Coruña, a carón do Obelisco por:

    • Un salario
      digno

    • Estabilidade
      e seguridade laboral

    • Finalización
      da precariedade

    • Cumprimento
      da lei

    • Limitación
      das subcontratas

    • Desenvolvemento
      da igualdade e conciliación

    Despois de dous anos
    negociando, a patronal ignora as propostas presentadas. 

    Circular