Categoría: Enxenerías Inspección Técnica

  • CCOO Servizos proponlle á Xunta medidas pola sinistralidade no saneamento gandeiro

    Unha representación da Federación de Servizos de CCOO, xunto con persoal de Tragsatec, reuniuse o pasado venres co director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Silvestre José Balseiro. Por parte do sindicato participaron a secretaria xeral de CCOO-Servizos, Lucía Trenor, a delegada de prevención de CCOO en Tragsatec na Coruña, Belén Vázquez, a delegada de CCOO e presidenta do comité da empresa en Lugo, Carmen Seoane, e o asesor en saúde laboral de CCOO-Servizos, Héctor Ortega. Ler máis

    O obxectivo da reunión foi transmitir a inquedanza e máxima preocupación do sindicato, tanto pola elevada incidencia como polos graves accidentes ocorridos nos últimos tempos no saneamento do gando vacún, preocupación compartida por ambas as partes.

    Na análise das posibles causas, a representación de CCOO achegou propostas que, na opinión do sindicato, mellorarían a seguridade dos traballadores e traballadoras en Tragsatec.

    — Lexislativas. Reformas que regulen e definan as condicións que deben cumprir as explotacións de gando vacún, tal e como existen para o resto de especies. Nomeadamente, promover a modificación da normativa estatal de ordenación zootécnica, sanitaria e de benestar animal do gando vacún.

    — Preventivas. Seguimento das incidencias e deficiencias detectadas nas explotacións e aumento da acción inspectora da Administración. Revisar ou crear protocolos de actuación e impartir formación específica en seguridade e saúde no sector. Tamén, apoiarse no grupo de traballo do ISSGA sobre sinistralidade, do que forma parte o Gabinete de Saúde Laboral de CCOO.

    — Económicas. Difusión das axudas existentes e fomento da renovación ou instalación de novas infraestruturas que teñan como principal cometido a seguridade e a saúde, como son as mangas e as ancoraxes, entre outras.

    Desde a Dirección Xeral manifestaron a súa disposición a estudar as propostas presentadas por CCOO, sinalando que varias delas están en desenvolvemento e estudo e outras xa acordadas coa dirección da empresa. Por último, manifestaron a disposición a manter abertas canles de comunicación para afondar nas cuestións expostas, que poderán ser tratadas en novas reunións.

    Coa intención de que as medidas sexan efectivas canto antes, CCOO-Servizos porá todos os medios para avanzar nas materias propostas. Neste senso, o pasado luns, día 12, volveuse reunir o grupo de traballo do ISSGA, no cal CCOO insistiu nas súas propostas, cuxa posta en marcha ha contar coa base técnica máis rigorosa posible.

     

  • Teletraballo, veu para quedar. Desconexión dixital

    O teletraballo é unha forma de organización e prestación do traballo que responde tanto á innovación e implementación das novas tecnoloxías da información e a comunicación, canto aos requirimentos de maior flexibilidade organizativa nunha contorna cambiante.

    A esta forma flexible de organización é frecuente atribuírlle extraordinarias capacidades en orde a mellorar as necesidades, sexa de conciliación da vida laboral e familiar, de flexibilidade, de produtividade, sexa, mesmo, de incrementar a activación de colectivos especialmente vulnerables, como serían as persoas con discapacidade

    O teletraballo non é apto para todo tipo de traballos, senón que só é posible para aquelas tarefas teletraballables, é dicir, aquelas que poden realizarse a través de medios tecnolóxicos.

    Aínda que, aos comezos nos que se empezou a falar e implantar este modo de traballo se previron unhas grandes expectativas de desenvolvemento e implantación, e a pesar da maior dispoñibilidade de medios tecnolóxicos cada vez máis avanzados, non tivo o desenvolvemento previsto. O porqué non se cumpriron esas expectativas é un tema controvertido, prognosticábase en moitos foros e investigacións un gran número de persoas teletraballando nun limitado espazo de tempo que despois non chegou a cumprirse, chegouse a supor que o teletraballo podía supor unha revolución nas formas de organizar o traballo, pero isto non chegou a materializarse. Os expertos din que un dos principais factores para que non se alcanzaron as cifras prognosticadas xorde pola falta de formación, malestar pola xestión nas empresas dos programas flexibles de traballo e á escaseza de información.

    Aínda que a porcentaxe de persoas teletraballando vai en aumento, parece que até agora moitas empresas se resistiron a adoptar medidas dirixidas á adopción do teletraballo.

     

    Informe completo: Teletrabajo, ha venido para quedarse Desconexión digital

  • Tecniberia non quere convenio no sector de enxeñerías

    TECNIBERIA,
    asociación
    patronal estatal do sector de enxeñería, pretende un sector
    sen convenio colectivo
    ,
    empresas como APPLUS,
    AUDINGINTRAESA, AYESA, CTAG, EPTISA, EZQUIAGA ARQUITECTURA, FOSTER
    WHELER, GETINSA, IDOM, INTECSA, SENER, SUMMA, SGS TECNOS, TÉCNICAS
    REUNIDAS, TRAGSATEC, TÜV RHEINLAND, TYPSA,
    poderán
    ter os seus cadros de persoal coas condicións de traballo sen
    regular, sen un convenio de referencia, negándose a continuar coa
    negociación para que o convenio sexa considerado como vencido,
    amparándose nunha dubidosa interpretación da reforma laboral de
    2012. Este
    é un feito contrastado e publicado por TECNIBERIA na súa páxina
    web.
    Compre
    destacar que se trata dun convenio de por si desfasado e precario en
    aspectos fundamentais: ler máis

    • Salarios
      baixos e conxelados desde 2014

      • Desregulación
        e abuso de bolseiros cobrando 600?.

      • Enxeñeiros
        e técnicos de fp traballando polo salario mínimo.

    • Xornada
      laboral

      • Xornada
        anual superior a media española.

      • Ausencia
        de conciliación familiar e flexibilidade horaria

      • Inexistencia
        de permisos de convenio: sen permisos retribuídos para ir o médico
        ou acompañar os fillos o pediatra, ningún tipo de permisos que
        mellore o estatuto dos traballadores.

    • Categorías
      profesionais obsoletas

      • Falta
        de adaptación a titulacións universitarias europeas.

      • Categorías
        profesionais mal definidas para facilitar as empresas contratar
        barato a enxeñeiros e técnicos de FP.

    • Mobilidade
      xeográfica conxelada ou non regulada

      • Dietas
        nacionais conxeladas dende 2010

      • Ausencia
        de dietas internacionais, a pesar de que gran parte da súa
        actividade realizase en outros países?

    Esta
    situación de precariedade dáse tanto en empresas
    con capital público como privado, subvencionadas e/ou contratadas
    polo estado

    e os gobernos autonómicos para levar a cabo proxectos
    de I+D, investigación tecnolóxica ou traballos técnicos para
    administración de licitación pública
    :
    obra civil, control de residuos e augas, ITV, xestión forestal,
    control de pragas en granxas, etc.

    CCOO
    e UGT, queremos un convenio que garanta condicións de traballo
    dignas e salarios axustados ao mercado, acordes coa formación dos
    profesionais do sector (principalmente enxeñeiros e técnicos de
    formación profesional), remunerando o alto valor engadido que
    aportamos nas nosas empresas co noso traballo.

    Ante
    esta situación, só queda a resposta sindical. CCOO
    e UGT inician un proceso de mobilización

    que comeza con concentracións a nivel estatal de delegados e
    delegadas, ás que están invitadas a participar todo traballador ou
    traballadora do sector que por circunstancias laborais poida asistir.


    En
    Galicia a concentración terá lugar o 5 de febreiro de 12:00 a
    13:00, en fronte a Ageinco, patronal galega de enxeñerías, sita en
    Vigo na calle progreso, 36

  • CCOO Servizos revalida a maioría nas eleccións de Inelcom A Coruña

    Hoxe, 8 de agosto, celebráronse eleccións na empresa
    INELCOM na Provincia de A Coruña obtendo un total de 3 delegados/as para
    un comité de 5.
    Este
    resultado fai que manteñamos a representación acadada por CCOO  fai
    catro anos, onde se elexiran 3 delegados de persoal, obtendo deste xeito a maioría no Comité de Empresa. Estos resultados acadados nun
    escenario complexo, onde partiamos cunha candidatura totalmente renovada, son o
    resultado do traballo e compromiso demostrado polos nosos
    compañeiros/as durante os últimos catro anos.
    CCOO
    Servizos amosa o seu agradecemento a todas as persoas que participaron
    neste proceso e en especial ás que co seu voto depositaron a súa
    confianza en Comisións Obreiras.
    CCOO
    Servizos quere dar os parabéns tamén a todos os traballadores e
    traballadoras renovando o noso compromiso para levar a cabo o mellor
    traballo posible en defensa dos intereses de todo o cadro de persoal.
  • Proclamadas as candidaturas da Federación de Servizos ao Congreso Extraordinario da Unión Comarcal de Arousa

    Quedan proclamadas as candidaturas para a asamblea electiva da
    Federación de Servizos de CCOO de Galicia ao Congreso Extraordinario da
    UC de Arousa. 
    A asemblea electiva celebrarase no lugar e data seguintes:
     
    • Data de celebración: 10/07/2018
    • Lugar de celebración: Local UC CCOO R/ Alexandre Bóveda,2-2 36600 Vilagarcia (Pontevedra)
    • Horario: Fase Electiva: 13:00-17:00 horas.

    Candidaturas asemblea electiva Federación Servizos