CTAG-IDIADA safety technology
S.L. é unha sociedade creada en 2002, a partes iguais entre o Centro
Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) e Applus IDIADA,
multinacional que iniciou a súa
actividade
en Cataluña en 1971, especializada en servizo de homologación para
a industria do automóbil. Nesta sociedade, CTAG aporta as
instalacións, a dirección e o capital humano, mentres que Applus
IDIADA aportou no seu momento a experiencia e a súa rede de
clientes. Segue
Esta empresa nace da man de
CTAG para acercar os laboratorios de homologación ás
empresas galegas de automoción e aforrar o custo de ensaiar na sede
central de Applus IDIADA en Tarragona.
As actividades de CTAG-IDIADA
son principalmente ensaios de homologación de sistemas de seguridade
para o sector do automóbil,
en catapulta inversa e simulación destes mesmos estudos mediante
ordenador. Conta para isto
cun edificio propio dentro do CTAG e un equipo de 34 técnicos
especializados e enxeñeiros.
Dende CCOO denunciamos ante a
empresa que, a pesar de ser un traballo que require alta
especialización e unha formación permanente, estase a someter ao
cadro de persoal a políticas de soldos baixos, conxelación salarial
mediante a absorción de complementos, así coma
unha carreira profesional e categorización inexistentes.
Dende CCOO intentamos en
reiteradas ocasións que a Dirección mellorase as condición dos
seus traballadores e traballadoras, pero a resposta foi o desprezo e
menosprezo absoluto cara o persoal, con ausencia total de
contestación e un atraso
sistemático das reunións para dar resposta ás
reivindicacións dos traballadores e traballadoras de CTAG-IDIADA.
Polo exposto, vémonos na
obriga, por primeira
vez na historia de CTAG-IDIADA,
de convocar folga indefinida que se realizará a partires do día 15
de Febreiro, cumprindo
co compromiso adquirido co cadro de persoal, onde máis
do 93% reclamou por escrito mellorar as súas
condicións.
Os traballadores e
traballadoras de CTAG-IDIADA demandan con esta medida o
cambio ó Convenio Provincial do Metal de Pontevedra
e unha correcta categorización profesional dentro do mesmo. CCOO
entende que este convenio é
o marco onde se encadran as empresas de automoción para as que
traballan e que supón unha mellora das condición salariais e
sociais en xeral.
