Categoría: Hostalaría

  • CCOO e UGT congratúlanse do «éxito» da folga e da participación «masiva» nas mobilizacións

    O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e UGT-Galicia congratúlanse do «éxito» da folga convocada hoxe polo sindicalismo de clase. O seguimento dos paros de dúas horas foi masivo, especialmente en grandes empresas e administracións públicas. Polo de agora, non houbo incidentes salientables nin no paro que da madrugada (entre as 00:00 e as 02:00), nin tampouco ao mediodía (das 12:00 ás 14:00). 

    Para CCOO e UGT, o «apoio maioritario» da sociedade galega a esta convocatoria é «a proba» de que as reivindicacións do sindicalismo de clase, compartidas polo movemento feminista, «son tamén maioritarias entre os galegos e as galegas»: cómpre «denunciar e desterrar» a brecha salarial, a precariedade laboral das mulleres e o acoso e a violencia de xénero.

    Sabio e Rodríguez coidan que a data de hoxe é «histórica» e marcará «un antes e un despois» na loita pola igualdade. O apoio á folga amosa «o total rexeitamento» da sociedade galega á situación que padecen as mulleres do noso país. «As reformas laborais impostas, os recortes e as medidas de austeridade non fixeron máis que incidir nas desigualdades», denuncian as dirixentes sindicais.

    Contra o «teito de cristal»

    As secretarias da Muller de CCOO e UGT denuncian a «discriminación laboral e salarial» das traballadoras galegas: a igual formación, os homes acadan maiores taxas de ocupación en todos os niveis formativos. Ademais, a brecha salarial é de 22 puntos, polo que as mulleres galegas terían que traballar 71 días máis ao ano para percibiren o mesmo salario que os homes nun ano. Tamén critican a existencia dun «teito de cristal» que é a causa de que só o 2,3 % da poboación ocupada feminina estea en postos de dirección ou xerencia.

    A «praga» da violencia machista e do acoso

    Ademais da situación laboral, as mulleres son vítimas doutra das grandes «pragas» da sociedade actual, a violencia machista. No 2017, foron asasinadas 49 mulleres e 8 nenos e nenas. O recente Pacto de Estado contra a violencia demóstrase insuficiente e case non recolle medidas de carácter laboral, que son «fundamentais» ?en opinión dos sindicatos? para que as mulleres poidan saír dunha situación de violencia de xénero.

    Rodríguez e Sabio lembran tamén a situación de acoso sexual nos centros de traballo. Aínda que a lei protexe contra estas situacións, «as denuncias son poucas polas dificultades probatorias ou polos medos a perder o emprego», lamentan.

    Galería de imaxes

  • CCOO denuncia as dificultades para a igualdade efectiva entre homes e mulleres no sector dos servizos

    Delegadas de Comisións Obreiras denuncian as dificultades para a
    igualdade efectiva entre homes e mulleres no sector dos servizos. Nun
    encontro sectorial que o sindicato organizou o mércores na Coruña co
    gallo da folga do vindeiro día 8, representantes de CCOO en diferentes
    empresas relataron as eivas detectadas no seu día a día, tanto do punto
    de vista profesional coma sindical.

    Procedentes de empresas da telemercadotecnia, do comercio téxtil,
    comercio de alimentación, banca, hostalaría, grandes almacéns e
    consultorías, detallaron todo tipo de situacións inxustas para as
    mulleres: dependentas do comercio téxtil relegadas a zonas «pouco
    visibles» cando chegan a certa idade, pobreza salarial ?e baixas
    pensións futuras? polo abuso da contratación a xornada parcial, falta de
    medidas para aplicar a corresponsabilidade ?as mulleres son maioría á
    hora de solicitar gardas legais?, o teito de cristal en sectores como a
    banca ?as mulleres son minoría en postos de alta dirección?, o acoso
    sexual ou por razón de sexo ?especialmente na hostalaría? ou a non
    aplicación de medidas de protección á maternidade ?como postos de
    traballo non adecuados? son algunhas das situacións que denunciaron.

    A folga está «plenamente xustificada»

    Isabel
    Fernández, secretaria da Muller de CCOO-Servizos, explica que aínda
    hoxe hai moitas empresas que son «bastante reticentes» a incluír no
    articulado dos convenios colectivos un artigo que expresamente fale da
    igualdade efectiva entre mulleres e homes. O sindicato tamén detecta
    «atrancos» á hora de elaborar protocolos contra o acoso sexual ou por
    razón de sexo, ou sobre a violencia machista.

    Segundo a
    sindicalista, é «especialmente lamentable» que estas eivas se detecten
    tamén nas empresas de máis de 250 traballadores e traballadoras xa que,
    nestes casos, a lei obriga á elaboración de plans de igualdade, que son a
    «foto fixa» que permite «identificar» onde se atopan as fendas
    salariais e laborais que separan homes e mulleres.

    Por último,
    sinala que, á luz das experiencias das compañeiras que interviron no
    encontro, «está claro que aínda queda moito que facer» en materia de
    igualdade, polo que está «plenamente xustificada» a convocatoria de
    folga do próximo 8 de marzo.

  • CCOO e UGT apostan por un modelo turístico sustentable e con emprego decente

    Con motivo da celebración do Día Mundial do Turismo 2017, a Federación de Servicios de CCOO e a Federación de Servicios, Movilidad y Consumo de UGT denuncian que a bonanza económica que vive a industria turística a nivel xeral traduciuse en maior explotación laboral, con salarios baixos, precariedade, falta de negociación colectiva sectorial e aumento da externalización. Segue 

    Así, de xaneiro a xullo de 2017, o número de viaxeiros que visitan España aumentou nun 4,21% respecto do mesmo período do ano anterior. Hai un 3,21% máis de pernoctacións que en 2016 e o emprego creceu un 5,18%. En canto ao gasto, nos sete primeiros meses do ano o gasto total aumentou un 15,1% respecto ao ano pasado, acadando os 49.119 millóns de euros.
    A pesar de que a rendibilidade do sector hoteleiro aumentou en España no que vai de 2017, o emprego nos subsectores da hostalaría e, sobre todo, a súa calidade, é precario, a tempo parcial e en, en moitos casos, fraudulento, xa que se traballan máis horas das contratadas.
    O crecemento da afiliación á Seguridade Social no sector da hostalaría en España creceu un 5,50% no sete primeiros meses de 2017 con respecto a 2016. Con todo, este crecemento no emprego tradúcese en que só o 3% dos novos contratos foron indefinidos a tempo completo, fixos descontinuos ou fixos a tempo parcial.
    Ademais, este ano aflorou unha forte demanda de vivendas turísticas que provocou a masificación dalgúns destinos turísticos, o que resultou nun crecente sentimento de rexeitamento cara á industria turística, a chamada «turismofobia». Neste sentido, os sindicatos reclaman un cambio cara a un modelo turístico diferente, socialmente sustentable, que aposte polo emprego de calidade e os salarios decentes.
    Neste sentido, para os sindicatos é fundamental levar a cabo campañas de información e unha actuación inspectora para a detección e corrección na prestación de servizos turísticos «clandestinos».
    Deste xeito, CCOO e UGT avogan por un pacto a favor da hostalaría regulada, contra a precariedade laboral e a economía mergullada, e no que participen todos os axentes implicados no sector turístico do noso país, que contemple a regulación, o máis homoxénea posible, das vivendas turísticas en España.

    Propostas Día Mundial do Turismo 2017

  • Convenio Hostalaría provincia de Pontevedra: plataforma conxunta

    A once de setembro poucos avances podemos
    destacar na negociación deste Convenio. Despois de 10 reunións da
    mesa de negociación decidimos facer unha plataforma conxunta as tres
    centrais sindicais presentes nela (CCOO, UGT, CIG). Os termos
    de esta plataforma conxunta que xa foi trasladada á parte empresarial
    son os seguintes:

    VIXENCIA de 4
    anos (2016-2019)

    INCREMENTO SALARIAL:

    • O 1,6% para o ano 2016 e incremento lineal de 20
      ? para cada un dos anos 2017, 2018 e 2019.

    • Plus de transporte: 3´5 ? día.

    • Revisión salarial con carácter retroactivo no caso que o IPC real
      de cada un dos anos supere o 1´5%.

    HORAS EXTRAS: Incremento
    do 100% sobre o valor da hora ordinaria.

    INCAPACIDADE TEMPORAL: 100%
    en todas las baixas por enfermidade ou accidente.

    PLUS DE INCAPACIDADE: Crear
    un plus por fillo ou filla diminuído físico ou psíquico de 50 ?
    mes.

    LICENZAS: Posibilidade
    de gozar de forma descontinua nos casos de hospitalización ou
    intervención cirúrxica con repouso domiciliario.

    VACACIÓNS: 25
    días laborais e redactar o desfrute de vacacións nos casos de baixa
    por IT.

    DESCANSO SEMANAL: 2
    días semanais consecutivos.

    LACTACIÓN: Acumulación
    da lactación en 25 días, suprimindo o texto do actual convenio «en
    caso de que ambos traballen»

    EMPREGO FIXO: 60%

    INDEMNIZACIÓN DE FIN DE CONTRATO: 24
    días por ano traballado.

    CONTRATO FIXO DISCONTINUO E FIXO A TEMPO
    PARCIAL:
    Regular estes dous tipos de
    contrato no convenio (trasladaremos proposta concreta).

    FORMACIÓN DUAL: Regular
    a utilización de este tipo de traballadores.

    EXTERNALIZACIÓN E SUBROGACIÓN:

    • Establecer que as empresas de multiservizos teñan que aplicar este
      convenio de hostalaría cando obteñan contratos en calquera empresa
      do sector.

    • Regular a obrigatoriedade de subrogación.

    CONTROL DE PRESENCIA: Establecer
    un sistema de control e rexistro horario onde se establecerá a hora
    de entrada e saída diaria, coa obriga de entregar copia ao
    traballador ó final de mes e a representación dos traballadores se existe.

    PREMIO DE PERMANENCIA: Aclarar
    que este premio é tamén para os casos de invalidez.

    COMISIÓN PARITARIA E DESCOLGUE: Redactado
    conforme establece a Consellería de Traballo.

    CCOO
    entendemos que despois de dez reunións esta é unha exposición axustada que debería axilizar a negociación. Pola
    nosa parte estamos en condicións de asinar á maior brevidade posible
    un Convenio que vai xa para dous anos de retraso.

    Nestes
    momentos estamos á espera de que a patronal estude as nosas
    propostas e convoque o antes posible unha nova reunión da mesa negociadora.

  • Firma do Convenio Colectivo de NH Atlántico Coruña

    Onte martes, 5 de setembro, asinouse o convenio colectivo do Hotel NH Atlántico da Coruña por CCOO e USO con vixencia 2016 – 2018 e tras a aprobación en asemblea pola totalidade do persoal.
    Este Convenio mantén as condicións do anterior e a importancia da súa firma radica en que mantén vixencia con ultractividade, máis alá de agosto de 2018, data en que se renegocia a concesión do hotel, permitindo o mantemento das melloras sobre o provincial de hostalaría, con independencia da empresa hoteleira que puidese facerse coa concesión e coa garantía dun incremento salarial do 4% nos tres anos de vixencia, rompendo así coa conxelación salarial de anos anteriores.