Categoría: Hostalaría

  • Concentración contra o despedimento de dous delegados de CCOO de Eurostars Gran Hotel La Toja

     En xuño de 2015,
    o grupo Hoteleiro Hotusa, tras facerse cargo da xestión do Gran Hotel La Toja, presentou ás traballadoras e traballadores cartas
    de subrogación nas que se garantían os postos e as condicións de
    traballo
    . Meses despois, e amparado en informes económicos
    desfavorables expresou a súa intención de pechar as súas portas en
    tempada baixa.

    Mediante un ERTE establecéronse axustes
    nas xornadas laborais cun tope de 1.300 horas no ano 2016 para evitar
    pechar ao público, compensando períodos de menor e maior afluencia.

    Porén, neste último
    verán a empresa negociou de forma individual cos afectados o cambio
    de contrato fixo a fixo discontinuo, evitando a negociación
    colectiva e presionando de todos os xeitos posibles para que os
    sindicatos aceptasen esta medida, feito ao que Comisións Obreiras
    non cedeu e ao que se opuxo rotundamente.

    CC.OO asegura que as
    dúas persoas despedidas se caracterizaron polo firme rexeitamento ao
    expediente de regulación de emprego
    (ERE) formulado pola dirección
    do grupo Hotusa, que explota as instalacións. Asemade, denunciaron
    incumprimentos da cadea hoteleira, como o non pagamento das horas
    extras realizadas durante a vixencia do ERE, xa que o acordo asinado
    entre o comité e a dirección fixaba un máximo de 1.300 horas
    anuais, que se acabou superando. Tamén se opuxeron á destrución
    dos contratos fixos e de maiores de 55 anos, que foron sustituídos
    por fixos discontinuos, por xente xoven con salarios de miseria e
    alumnos en prácticas
    .

    Cabe salientar que
    esta política de represión sindical de Hotusa estase aplicando con
    igual intensidade no Hotel de la Reconquista de Oviedo con despidos
    de integrantes do comité de empresa.

    Comisións lamenta
    tamén a pasividade e falta de solidariedade amosada polos outros
    sindicatos con representación na empresa, CIG e CSIF, que ademais
    non acudiron á concentración.

    concentración LaTojaconcentración LaToja

    Máis imaxes

    Video: intervención de Isabel, unha das despedidas

    En «La Voz de Galicia»

  • O Gran Hotel La Toja (HOTUSA) faltou á súa palabra sobre o emprego e incumpriu o acordado no ERE

    • Defendamos os nosos dereitos laborais, defendamos os postos de traballo da xente da comarca e da vila!
    • Pactos incumpridos por parte da empresa HOTUSA. Hai culpables, basta de abusos, loitamos polo emprego
    • Pola estabilidade na nosa localidade. Aféctanos a todos, tomos somos afectados!
    • Se non loitamos polo noso futuro e o benestar na nosa terra, que futuro queda para a nosa xuventude?
    • Si ao traballo, si á defensa dos nosos dereitos! Si á liberdade de expresión!
    • Non á represión contra Comisións Obreiras e os seus delegados e delegadas!
    • Basta xa de castigos a abusos laborais desta empresa.
    Concentración: 9 de decembro – 11 hrs. – Diante do Concello do Grove
    BASTA DE REPRESIÓN SINDICAL!  DESPEDIDOS READMISIÓN!
  • Convocatoria e normas, para o seu desenvolvemento en Galicia, do VIII plenario da Sección Sindical Estatal de PARADORES DE TURISMO

    A
    Federación de Servizos de CC.OO. de Galicia, en aplicación dos
    acordos da sección sindical estatal da empresa PARADORES DE TURISMO DE ESPAÑA SA, sobre a
    renovación dos órganos de dirección da sección sindical, convoca
    mediante a presente Plenario Rexional de
    afiliados e afiliadas de CCOO en Paradores de Turismo de España, SA
    de todos os centros en Galicia, o próximo 24
    de outubro en Santiago de Compostela no Polígono San Lázaro en
    Santiago-A Coruña, ás 12,30 horas.

    Con
    este Plenario de afiliados e afiliadas preténdese dar voz á
    afiliación a
    cerca de como se
    pode organizar a sección sindical en Galicia,
    debater os
    documentos do plenario estatal, e escoller
    dous representantes para acudir ao plenario estatal da sección
    sindical de CCOO en Paradores.

    Para
    máis información sobre este proceso, podes consultar a seguinte
    ligazón
     e/ou consultar cos teus delegados/as de CCOO no teu
    centro os documentos do plenario estatal, aos efectos de efectuar as
    achegas que se consideren oportunas.

    Para
    calquera dúbida ao respecto quedamos á túa disposición na
    dirección de correo electrónico:
    direccionprovisional.galicia@servicios.ccoo.es

    Atentamente.

    CCOO
    Servizos Galicia

    Normas Plenario Paradores Galicia GL Normas Plenario Paradores Galicia ES

  • Xornada de loita na Hostalaría e o Turismo

    Hoxe, 27 de setembro celébrase o Día Mundial do Turismo 2016. Por iso CCOO, UGT e varias asociacións profesionais organizan un día de mobilización en todo o estado para denunciar a situación dos traballadores do sector: explotación laboral, baixos salarios, inseguridade no traballo, a falta de negociación colectiva sectorial e aumento da externalización, a fin de non aplicar os acordos colectivos sectoriais para rebaixar salarios en preto de 40%, como no caso das camareiras de piso.
    Este movemento reivindica o dereito a condicións de traballo dignas, emprego estable e con dereitos, o recoñecemento da profesionalidade e conseguir o relanzamento da negociación colectiva para recuperar os dereitos e o poder adquisitivo dos salarios, para reverter a externalización e obter o recoñecemento das enfermidades profesionais. En definitiva loitar por un emprego decente e un salario para deixar de ser «A CARA B DO TURISMO EN ESPAÑA». Porque o plantel do sector turístico ten pouco que celebrar e moito que reclamar.
    Segundo os datos de CCOO, os datos dos primeiros oito primeiros meses do ano amosan unha recuperación da actividade turística. Por exemplo, o número de visitantes a Galicia aumentou un 5,45 % e o de pernoitas incrementouse o 6,89 % respecto do 2015. Con todo, esta aparente bonanza non se traduciu na mesma medida no número de empregos xerados, que só medrou un 2,52 %, e «aínda por riba» máis do 90% das contratacións son eventuais. 

  • Xuntanza da estrutura da Federación de Servizos de Galicia coa nova Dirección Provisional

    Despois
    da disolución
    da anterior executiva da Federación de Servizos de Galicia, hoxe
    martes, seis de agosto celebrouse
    unha xuntanza en Santiago á cal asistiu a estrutura cos integrantes da Dirección Provisional.

    Tratáronse
    diversos temas, entre os cales están a situación da Federación, a
    atención sindical e a organización do traballo ata o Congreso da
    Federación que se celebrará o próximo quince de marzo.

    Na
    imaxe, e de esquerda a dereita, algúns dos integrantes da
    Dirección Provisional:
    Alejandro Salvador (apoio Organización), Benito Gutiérrez
    (presidente da Dirección Provisional), Francisco Villares
    (responsable de Organización) e Raquel Blanco (apoio Acción
    Sindical).