Categoría: Muller

  • Galicia e CCOO, moi presentes na manifestación pola erradicación das violencias machistas

    Centos de milleiros de persoas percorreron o pasado sábado as rúas de
    Madrid para denunciar a violencia machista e instar á adopción de
    medidas para erradicala. Nesta masiva marcha estiveron moi presentes
    Comisións Obreiras e Galicia. As diferentes estruturas do sindicato
    implicáronse activamente para que a manifestación fora un éxito.

    A presenza do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia visibilizouse,
    fundamentalmente, tras a pancarta da Plataforma Feminista Galega, da que
    Comisións Obreiras forma parte. A secretaria da Muller de CCOO, Mabel
    Pérez, lembrou que no que vai de ano foron asasinadas máis de corenta
    mulleres en toda España, «alarmante cifra que dá idea da gravidade do
    problema».

    A súa homóloga confederal, Ana Herranz, pediu que as
    Administracións públicas se comprometan «con feitos, non con palabras», e
    esixiu o reforzamento das ferramentas para combater a violencia
    machista.

    Pola súa parte, tanto o secretario xeral do Sindicato
    Nacional de CCOO, Xosé Manuel Sánchez Aguión, como o secretario xeral
    confederal, Ignacio Fernández Toxo, instaron as forzas políticas e
    institucións a «tomaren boa nota» desta mobilización e «actuar xa».