Categoría: Multiservizos

  • Novo acordo de condicións laborais en Adecco Outsourcing SAU na provincia de Pontevedra

    Despois do acordo asinado o pasado mes de xuño
    sobre bolsa de horas, neste mes de decembro a representación de CCOO
    en Adecco Outsourcing
    SAU da provincia
    de Pontevedra alcanzamos un novo acordo coa empresa, esta vez sobre
    licenzas retribuídas, plus de distancia/desprazamento, entrega de
    vestiario e mobilidade xeográfica. Este acordo, como o anterior foi
    referendado en asemblea e por unanimidade dos asistentes.

    Doutra banda, temos pendente un acordo sobre salarios que esperamos
    se poda asinar a finais do presente mes de decembro para que sexa de
    aplicación xa no ano 2017. Esta negociación baséase na procura do
    incremento de salarios sobre a base de acadar, nun período por
    determinar, os establecidos no sector de referencia, neste caso o de
    loxística da provincia de Pontevedra. Segue

     As melloras producidas nos apartados acordados sobre o establecido
    ata o momento, que ao tratarse dunha empresa sen convenio regulador,
    eran as establecidas no Estatuto dos Traballadores, son as seguintes:

    Permisos retribuídos:

    • Por matrimonio de pais, pais políticos, fillos, irmáns así como
      dalgunha outra persoa que conviva co traballador: 1 día natural

    • Por nacemento de fillo: 3 días laborables.

    • Por falecemento de cónxuxe ou fillos: 10 días naturais.

    • Por falecemento de pais ou irmáns: 5 días naturais.

    • Por falecemento de familiares de 1º e 2º grao por afinidade: 3
      días naturais.

    • Por hospitalización ou intervención cirúrxica de pais, cónxuxe
      ou fillos: 4 días naturais

    • Por hospitalización ou intervención cirúrxica de familiares ata
      2º grao de afinidade: 3 días.

    • En todos os casos de licenzas, que se requira un
      desprazamento de máis de 40 Km. ao centro hospitalario aumentarase
      1 días natural ou 2 días se se producise fóra
      da Comunidade Autónoma de Galicia.

    • Por asistencia a consultorio médico 13 horas anuais salvo por
      enfermidade grave ou médico especialista que será polo tempo
      indispensable e sen límite. Destas 13 horas non se detraerán as
      ausencias por indisposición acaecida durante a xornada de traballo
      xustificadas con xustificante médico.

    • tempo indispensable para acompañamento de
      familiares de 1º grao ou irmáns a sesións de radio/quimio
      terapia.

    • Por acompañamento ao médico de fillos menores de 14 anos cun
      límite de 16 horas anuais, salvo por enfermidade considerada grave
      que non tería límite.

    Plus de distancia/desprazamento para aqueles traballadores
    cuxo domicilio diste do centro de traballo máis de 40 Km., 20 eur. mes, ou entre 40 e 60 Km. 25 eur.mes, ou máis de 60 Km. 30 eur.mes.

    Establécese a posibilidade de mobilidade
    xeográfica
    aos límites da provincia
    de Pontevedra.

    Establécese o pago
    da nómina
    o primeiro día hábil de
    cada mes.

    Por último, agradecer e
    recoñecer o gran traballo
    da representación de CCOO neste Comité de Empresa e animar
    aos seus integrantes a seguir nesta liña.

    Vigo a 13 de decembro de 2016
    JORGE CARNEIRO PENEDO
    Responsable da Federación de Servizos na provincia de Pontevedra.
  • Negociación para a mellora de condicións laborais en Randstad Pontevedra

    O pasado mércores 23 de novembro celebrouse unha reunión do Comité co obxectivo de mellorar as condicións
    de traballo do persoal desta empresa de multiservizos en dous aspectos
    principais: o tempo de traballo e as condicións económicas. Posteriormente tivemos unha
    asemblea nos locais de CCOO en Vigo este sábado día 26 á que asistiu máis da
    metade do persoal. 

    Nesta asemblea explicouse a proposta que
    sobre bolsa de horas e melloras salariais se trasladou por parte do Comité de Empresa (formado por 5 persoas de CCOO) nesa reunión coa dirección, así como a
    intención de mellorar as condicións de traballo tanto a nivel estatal coa
    negociación de renovación do Convenio Colectivo de empresa, como nos centros de
    traballo desta provincia. 

    Un dos problemas que se detectou neste primeiro encontro coa Dirección foi a falta de disposición a aceptar a proposta
    do Comité por entendela desmesurada e non axustada ao actual Convenio de Empresa que se atopa en ultractividade.

    Tras expoñer a situación aos asistentes á
    asemblea, decidiuse que o Comité prepare unha nova proposta buscando o
    obxectivo xeral inicial de mellora de condicións e se volte a presentar á
    dirección, valorando a posibilidade de iniciar mobilizacións no caso de que as
    súas xustas reivindicacións non se teñan en conta.

  • Segunda reunión do acordo de relacións laborais para Pontevedra de Adecco Outsourcing SAU (Eurocen)

    Acaba de celebrarse a
    segunda reunión relativa á negociación do acordo de relacións
    laborais para a provincia de Pontevedra coa dirección da empresa.
    Devandito acordo está dividido en dúas vertentes diferenciadas e
    relativas, a 1ª, a cuestións elementalmente salariais e a 2ª, a
    cuestións de tipo social como son permisos remunerados e licenzas.Segue

     En canto á segunda conseguimos a formalización dun preacordo que de ser sancionado
    polo persoal, entrará en vigor o próximo 1 de decembro do presente
    2016. No referente á vertente económica, as posicións entre as
    partes seguen estando enfrontadas, e tras unha nova formulación de
    propostas, a empresa faranos chegar unha nova oferta a semana que
    vén, a cal valoraremos e estudaremos como se merece. Até o momento
    a empresa incidiu nuns criterios de converxencia cara as novas
    táboas salariais progresivas e cun horizonte de aplicación total
    que nós, tendo en conta a temporalidade do sector multiservicios no
    que traballamos, consideramos como excesivamente longa. En calquera
    caso, seguiremos traballando para conseguir o mellor acordo posible e
    que se axuste á realidade dun persoal cuns salarios moi baixos e
    unhas necesidades que se atopan no presente. Ambas as partes
    mostraron a súa vontade de acadar un acordo para o próximo 1 de
    decembro que na súa parte económica entraría en vigor con data 1
    de xaneiro de 2017 e que, como é lóxico, será tamén sometido á
    aprobación do persoal.

    Doutra banda,
    anunciarvos que paralelamente se constituíu a mesa de negociación do
    convenio nacional de Adecco Outsourcing
    na cal nos corresponde estar
    representados cun delegado que a sección de CCOO designou na figura
    do presidente do comité, e que a primeira reunión do devandito
    convenio celebrarase este 18 de novembro.

    En último
    lugar, e tras o incumprimento por parte da anterior xerencia da
    delegación de Vigo acerca das reclamacións interpostas o pasado 25
    de outubro relativas á total desinformación do estado individual da
    bolsa de horas, a constante reiteración de fallos na confección das
    nóminas, a falta de EPIS e material indispensable de traballo nos
    centros, o problema existente coas baterías de reserva e os módulos
    de carga dos mesmos no centro CTL3, aproveitamos a reunión para
    trasladar estes problemas e devandito incumprimento á dirección e
    esta comprometeuse a darlles solución nos próximos días, algo que
    esperemos que suceda dada a improcedencia destes feitos e o
    innecesario malestar que produce no persoal. Aproveitamos tamén para
    sinalar a falta de persoal de oficina, o cal retarda todo tipo de
    xestión e empeora a calidade e a eficiencia do devandito persoal,
    así como a falta de presenza por parte da xerencia local nos
    devanditos centros, algo que, pensamos, repercute na imaxe que a
    empresa traslada ante os clientes nos que mantemos os servizos.

    Namentres,
    seguiremos informando e aproveitamos a ocasión para saudarvos,

    DELEGADOS SECCIÓN SINDICAL CCOO EN ADECCO OUTSOURCING EN PONTEVEDRA

  • Xuntanza da estrutura da Federación de Servizos de Galicia coa nova Dirección Provisional

    Despois
    da disolución
    da anterior executiva da Federación de Servizos de Galicia, hoxe
    martes, seis de agosto celebrouse
    unha xuntanza en Santiago á cal asistiu a estrutura cos integrantes da Dirección Provisional.

    Tratáronse
    diversos temas, entre os cales están a situación da Federación, a
    atención sindical e a organización do traballo ata o Congreso da
    Federación que se celebrará o próximo quince de marzo.

    Na
    imaxe, e de esquerda a dereita, algúns dos integrantes da
    Dirección Provisional:
    Alejandro Salvador (apoio Organización), Benito Gutiérrez
    (presidente da Dirección Provisional), Francisco Villares
    (responsable de Organización) e Raquel Blanco (apoio Acción
    Sindical).

  • CCOO Servizos logra a maioría absoluta nas eleccións de Randstad Project Services Vigo

    A candidatura presentada pola Federación de Servizos de CCOO logrou cinco delegados despois de presentar a única candidatura que concurriu ás eleccións.

    CCOO agradécelles aos traballadores e traballadoras a participación no
    proceso electoral e a confianza depositada.