Categoría: Planificación e Consultorías

  • Perda de emprego e servizos en DxC Technology A Coruña

    Dende o Comité de empresa de DxC Technology denunciamos a situación pola que está a atravesar o centro de traballo da Coruña.

    Dende hai máis de 5 anos vemos como se está producindo un desmantelamento dun centro que chegou a ter máis de 300 traballadores e que debido á mala xestión da dirección perdéronse día a día os servizos que se prestaban desde A Coruña.

    A día de hoxe enfrontámonos novamente coa perdida dun servizo pertencente a Servihabitat que emprega a 33 persoas de persoal e 64 subcontratacións.

    Desde que o Comité de Empresa tivo noticias da perdida do servizo esixíuselle á empresa a recolocación do 100% do persoal recibindo en todas as reunións a evasiva como resposta sen concretar en ningún momento as súas intencións.

    Debido a que case dous meses despois a empresa segue sen aclarar as súas intencións e está á espera de que as persoas seleccionadas por parte da nova empresa adxudicataria pidan a baixa voluntaria para aforrarse as indemnizacións en caso de ter que levar a cabo despedimentos, desde o Comité de Empresa convocamos un paro de dúas horas para esixir á empresa o seu compromiso por escrito recolocando a todo o persoal e solicitar o desvío de carga de traballo ao centro da Coruña doutros servizos que se prestan desde diversos territorios de España. 

  • CCOO Servizos gaña as eleccións en Softtek Coruña

    Hoxe, 28 de novembro, celebráronse eleccións na empresa Softtek na
    Provincia de Coruña, obtendo un total de cinco delegados dun total de nove.

    CCOO Servizos quere
    amosar o seu agradecemento a todas as persoas que participaron neste
    proceso e en especial ás que co seu voto depositaron a súa
    confianza en Comisións Obreiras.

    CCOO Servizos quere
    dar os parabéns tamén a todos os traballadores e traballadoras
    mostrando o noso compromiso para levar a cabo o mellor traballo
    posible en defensa dos intereses de todo o cadro de persoal.

  • Proclamadas as candidaturas da Federación de Servizos ao Congreso Extraordinario da Unión Comarcal de Arousa

    Quedan proclamadas as candidaturas para a asamblea electiva da
    Federación de Servizos de CCOO de Galicia ao Congreso Extraordinario da
    UC de Arousa. 
    A asemblea electiva celebrarase no lugar e data seguintes:
     
    • Data de celebración: 10/07/2018
    • Lugar de celebración: Local UC CCOO R/ Alexandre Bóveda,2-2 36600 Vilagarcia (Pontevedra)
    • Horario: Fase Electiva: 13:00-17:00 horas.

    Candidaturas asemblea electiva Federación Servizos

  • O Congreso extraordinario da Unión Comarcal de CCOO de Arousa terá lugar o 27 de xullo

    O vindeiro día 27 de xullo
    de 2018 terá lugar o congreso extraordinario da U.C. de CCOO de Arousa
    convocado pola comisión xestora da U.C. de Arousa.
    Como
    afiliado, afiliada, ao sindicato, tes o dereito a ter voz e voto e participar
    nesta renovación de CCOO (segue)
    Na seguinte ligazón tés á túa disposición o anexo organizativo:
    Censos electorais:
    Os
    censos provisionais para a participación da afiliación de CCOO Servizos
    da comarca de Arousa no proceso congresual, cerráronse o 31 de maio do
    2018, están baixo a custodia e responsabilidade da Secretaría de Organización da Federación de Servizos polo que para a revisión das
    respectivas inclusións individuais, cada persoa afiliada poderá remitir un
    correo electrónico á dirección de servizos ata o 27 de xuño do 2018.
    Asemblea de Seccións Sindicais e empresas agrupadas no ámbito de CCOO Servizos:
    A asemblea de sección sindicais, empresas agrupadas e persoas desempregadas,  xubiladas e xubilados celebrarase o vindeiro día 10 de Xullo do 2018 de 13:00 horas a 17:00 horas no local de CCOO na Comarca de Arousa.
    De
    conformidade á distribución de delegadas e delegados establecida no
    anexo organizativo,á Federación de Servizos correspóndelle participar
    con 3 delegadas ou delegados coa seguinte porcentaxe de xénero a ter en
    conta:  mulleres 56.4% e homes 43,6 %.
    Orden do día na asamblea CCOO Servizos : Elección da delegación ao congreso extraordinario da U.C de CCOO de Arousa
    CANDIDATURAS
    1. COLEXIO
      ELECTORAL.- O órgano convocante da asamblea da CE de CCOO Servizos
      queda conformado como colexio electoral e as súas función serán recibir
      e validar as súas candidaturas, que se presenten conforme as normas
      congresuais. 

    2. LUGAR
      DE PRESENTACIÓN.-As candidaturas debidamente cumprimentadas
      presentaranse en modelo normalizado,
      ante a dirección de correo electrónico: servicios.galicia@servicios.ccoo.es  

    3. PRAZOS.- Poderanse presentar ata 5 días antes da data sinalada para a asamblea, o 5 de Xullo de 2018.

    4. REQUISITOS

      1. PERSOAS AFILIADAS E AO CORRENTE DE
        PAGO, incluídas no censo.

      2. COMPOSICIÓN. Deben incluir tantas
        persoas como delegados e delegadas a elixir (3) máis un 20% de suplentes.

      3. PORCENTAXE DE HOMES Y MULLERES.-As
        candidaturas gardarán a proporcionalidade de xénero seguinte: mulleres 56.4% e homes 43,6 %.

      4. ANTIGÜIDADE  DAS PERSOAS CANDIDATAS: Para formar parte das candidaturas para a delegación de CCOO Servizos no congreso de CCOO Arousa requírese unha
        antigüidade mínima de 6 meses
        na afiliación en CCOO.

      5. ACEPTACIÓN DE CANDIDATURAS.- A
        aceptación das candidaturas debe ser fóra de toda dúbida, conforme ás normas e
        estatutos confederais.

           CONVOCATORIA:

    • Data de celebración: 10/07/2018
    • Lugar de celebración: Local UC CCOO R/ Alexandre Bóveda,2-2 36600 Vilagarcía (Pontevedra)
    • Horario: Fase Electiva: 13:00-17:00 horas.

      Secretaría de Organización de CCOO Servizos 

      Formulario modelo candidatura

    • CCOO Servizos obtén toda a representatividade nas eleccións de Novotec A Coruña

      O pasado 13 de abril celebráronse eleccións na empresa Novotec Consultores na Provincia de Coruña, obtendo un total de teres das tres delegadas de persoal elixibles.
      Novotec pertence ao grupo APPLUS e adícase a  desenvolver solucións integrais nas áreas de xestión de calidade e procesos, medio ambiente e sostibilidade, seguridade e saúde laboral.
      CCOO Servizos quere amosar o seu agradecemento a todas as persoas que participaron neste proceso e en especial ás que co seu voto depositaron a súa confianza en Comisións Obreiras. Grazas á confianza depositada en nós, pasamos de ter dúas delegadas de persoal no anterior proceso electoral a obter tres delegadas nestas eleccións.
      CCOO Servizos quere dar os parabéns tamén a todos os traballadores e traballadoras amosando o noso compromiso para levar a cabo o mellor traballo posible en defensa dos intereses de todo o persoal.