Categoría: Planificación e Consultorías

  • STOP ERE en TRAGSA – 1.336 Despidos – #StopEreTragsa

    De novo saímos á
    rúa o 2 de decembro diante do Parlamento de Galicia. Manifestámonos
    contra o maior #Ere no sector público a pesar de levar 35 anos
    consecutivos dando beneficios.

    Segue en tempo real de 12:00 a 13:00 a concentración en Twitter @ServizosCCOO

    Tamén en Facebook:
    https://www.facebook.com/ServizosCCOOO


    O pasado 25 de novembro :

    Queremos lembrar que CCOO defendeu que o ERE non é necesario, porque Tragsatec ten actualmente unhas reservas voluntarias de 143 millóns de euros, ás que habería que sumar 118 millóns de Tragsa. Esta cifra, segundo o sindicato, «son beneficios de exercicios anteriores -tras a repartición de dividendos- conseguidos co traballo de todas e todos». Segundo Comisións, abondaría con dedicar o 19 % das devanditas reservas -24,6 % se se incluír todo o grupo- para cubrir a previsión de perdas acumuladas para o quinquenio 2014-2019 -27,3 millóns en Tragsatec ou 64,3 millóns no Grupo Tragsa-.

  • A maioría dos grupos parlamentarios galegos comprometeuse con CCOO a adoptar iniciativas contra o ERE do Grupo Tragsa

    A maioría dos grupos políticos con representación no Parlamento de
    Galicia comprometeuse con Comisións Obreiras a adoptar medidas para
    rexeitar o expediente de regulación de emprego (ERE) no Grupo Tragsa.
    Esas medidas consistirán en proposicións non de lei e preguntas
    parlamentarias coas que se intentará que o Goberno galego adopte unha
    posición contraria ao ERE e en defensa do emprego neste grupo
    empresarial. Cómpre lembrar que a Xunta é a segunda maior clienta de
    Tragsa na comunidade autónoma e asemade ten a condición de accionista,
    polo tanto, é copropietaria da compañía.

    Estes compromisos chegan após as reunións que na
    última semana mantivo a sección sindical de CCOO en Tragsatec -unha das
    empresas do Grupo Tragsa- cos grupos parlamentarios. O sindicato pediu
    as reunións tras a sentenza emitida polo Tribunal Supremo o pasado 14 de
    outubro en que declaraba «axustado a dereito» o procedemento de
    despedimento colectivo. A decisión do Supremo pode supor a destrución de
    1.336 empregos en toda España, dos que 117 serían no Grupo Tragsa en
    Galicia. De se produciren estes despedimentos, as encomendas da Xunta a
    esta empresa poden verse afectadas, pois actualmente todo o personal ten
    carga de traballo.

    Nestas xuntanzas, CCOO defendeu que o ERE non
    é necesario, porque Tragsatec ten actualmente unhas reservas
    voluntarias de 143 millóns de euros, ás que habería que sumar 118
    millóns de Tragsa. Esta cifra, segundo o sindicato, «son beneficios de
    exercicios anteriores ?tras a repartición de dividendos? conseguidos co
    traballo de todas e todos». Segundo Comisións, abondaría con dedicar o
    19 % das devanditas reservas ?24,6 % se se incluír todo o grupo? para
    cubrir a previsión de perdas acumuladas para o quinquenio 2014-2019
    ?27,3 millóns en Tragsatec ou 64,3 millóns no Grupo Tragsa.

    Por
    outra banda, o conxunto de Administracións públicas débelle ao Grupo
    Tragsa case 461 millóns, cifra que multiplica por sete a previsión de
    perdas e que representa, tamén, máis do 75 % da produción do grupo de
    todo o exercicio 2014 (619 millóns).

    CCOO critica que, durante
    todo este tempo, a empresa lles seguiu pagando ás persoas con
    responsabilidades directivas e tamén aos mandos intermedios a chamada
    dirección por obxectivos. O sindicato denuncia que se procedese ao
    pagamento deste «premio» ao tempo que o Grupo Tragsa presentaba perdas
    exercicio tras exercicio.

    Por outra parte, a sección sindical de
    CCOO explicoulles aos grupos parlamentarios que o grupo conta con
    suficiente carga de traballo, como demostra que se segue a contratar
    persoal eventual en todas as oficinas da empresa no estado. «É unha
    proba evidente do crecemento da carteira de pedidos da compañía»,
    insístese desde Comisións. A modo de exemplo, de executarse o
    despediemnto colectivo, 14 traballadoras e traballadores de Tragsatec
    Galicia poderían perder o seu emprego. Porén, xa só durante os meses de
    setembro e outubro deste ano foron contratadas 17 persoas para a
    provincia da Coruña, coa previsión de formalizar entre 10 e 15 novas
    contratacións de aquí a final de ano.

    Para CCOO, a problemática
    principal da compañía segue a ser hoxe a mesma que no 2013: a empresa
    non adaptou o seu organigrama estatal á actual realidade produtiva da
    compañía, ao tempo que os movementos que se produciron no organigrama
    non se viron reflectidos nas contas analíticas. Iso provocou que os
    gastos de persoal non baixasen na mesma proporción que a redución de
    produción que se ven dando desde o 2009. Este argumento está «amplamente
    desenvolvido» no relatorio que a sección sindical de Comisións en
    Tragsatec presentou perante a Inspección de Traballo.