Categoría: Sector Financeiro

  • Santander adquire Banco Popular: A principal preocupación é a defensa do emprego

    Ante
    a difusión hoxe en medios da decisión da Xunta de Resolución
    Bancaria Europea da adxudicación de Banco Popular a Banco
    Santander, dende a Federación de Servizos de CCOO en Galicia
    queremos pór de manifesto que esta noticia debe significar a
    finalización da incerteza que levan padecendo nas últimas semanas
    os máis de 1.400 traballadores e traballadoras do Grupo Banco
    Popular en Galicia. Segue

    A
    integración do Grupo Banco Popular a Banco de Santander debe
    representar a incorporación dun persoal moi preparado, que sabe e
    entende o negocio bancario. Grupo Banco Popular levou a cabo moi
    recentemente unha reestruturación do seu persoal e non require novos
    axustes de persoal.

    Para
    a Federación de Servizos de CCOO en Galicia, especialmente afectada
    pola relevancia de Banco Pastor no noso territorio, a
    principal preocupación

    é a mesma que a dos traballadores e as traballadoras: a
    defensa do emprego

    e que a homoxeneización das condicións de traballo entre o persoal
    se faga de forma ordenada, progresiva e pactada. CCOO esiximos un
    Protocolo
    de Garantías de Emprego

    que renuncie á utilización de medidas traumáticas.

    CCOO
    somos o sindicato maioritario no Sector Financeiro. A nosa
    experiencia acumulada, ao liderar diferentes procesos de integración,
    serviranos para levar a cabo unha negociación con alternativas
    razoables, tanto para o persoal como para o desenvolvemento eficaz da
    integración en Banco de Santander. Somos a garantía de que o
    proceso contará cos intereses dos traballadores e das traballadoras
    de ambas as Entidades.

    Lucía Trenor

    Secretaria Xeral Federación
    de Servizos CCOO Galicia

  • BBVA: non máis despedimentos, non hai razóns

    BBVA despediu a 50 traballadoreslas nos últimos meses, polo que o banco considera»baixa produtividade,
    intencionada e voluntaria». Nada máis lonxe da realidade: o
    banco obtivo este ano uns
    beneficios de 3. 475 millóns de euros, todo para manter
    unhas inmorais retribucións de 2. 200 Directivos, faltos de talento
    para o posto que desempeñan
    e que son incapaces de acadar as cifras de beneficios que xustifiquen as súas
    altísimas remuneracións. 

    Están preparando o terreo para acelerar o «Banco
    Dixital»e atentar agora contra o emprego de todos e todas nós. A Reforma Laboral de
    2012 favorece a impunidade empresarial para levar a cabo estes despedimentos
    inxustos, que o banco, nos xulgados, recoñece como improcedentes,
    pero que deixan na rúa a
    50 familias. Ademais, con estes despedimentos,»pinga a pinga»,
    BBVA persegue manter
    amedrentado a todo o seu persoal. 

    Ante esta actitude
    dos novos responsables de Recursos Humanos en BBVA, que destrúe emprego, o conxunto
    da representación sindical de BBVA mobilizámonos co cadro de persoal para ir
    desenvolvendo as accións necesarias ante a sociedade, que deixen en evidencia o falso
    discurso de Ética e Responsabilidade Social que manexa o BBVA. Atentar contra o emprego é agredir ao personal así como unha irresponsabilidade social.

    Despedimentos BBVA

    Vídeo

  • Contra o abuso patronal en ABANCA. Non aos despedimentos

    Xa comunicáramos que a dirección de Abanca decidira trasladar as relacións sindicais desde a negociación ao enfrontamento: o horario comercial incompatible co horario laboral, o rexistro de xornada, as convocatorias fóra de horario, …
    Nas últimas semanas, reforzáronse as agresións contra o persoal baixo o manto de «a potestade empresarial»:
    • A asignación duns obxectivos comerciais para 2017 incompatibles coa evolución prevista dos mercados en que operamos e a nosa cota nos mesmos.
    • A arbitrariedade coa que se están producindo despedimentos e a posta «en seguimento» de varios compañeiros, ignorando as circunstancias laborais (baixas prolongadas, vacantes non cubertas) e rebaixando o logro de obxectivos ata que «din o que quero».
    Todos estamos afectados e xa hai quen se encargou de propagar a mensaxe: «coidado co que fas que xa sabes o que está a pasar». Para a nosa desgraza, a estrutura de Abanca está trufada de «xefes tóxicos» que campan ás súas anchas, incapaces de dirixir de forma eficiente os seus equipos e dedicados a conservar a súa posición por encima de calquera cousa. Desexamos que lles chegue pronto o seu San Martiño.
    Requirimos que se deixen sen efecto tanto os despedimentos como as postas «en seguimento»  e que ningunha medida se adopte sen a audiencia previa aos afectados. Ante a falta de resposta da dirección, os delegados de Comisións Obreiras concentrarémonos o vindeiro venres 3 de febreiro ante Palexco, o recinto en que se celebrará a convención comercial. O venres volveremos ouvir as milongas de sempre sobre o bo exercicio pechado e os esforzos que esixe o novo. Ao incorporarnos o luns ao traballo, volveremos ás advertencias veladas e á fustrigación habitual. Os responsables son quen toman as decisións pero desde Capital Humano son incapaces de embridalos, e por riba, a alta dirección aléntaos.
    A situación merece unha resposta unánime do persoal. No pasado quedou demostrado que a nosa forza é a unidade, e que esta forza é suficiente para defender os nosos intereses e os nosos postos de traballo.
  • CCOO condena o asasinato dun compañeiro no seu centro de traballo, vítima dun disparo por parte dun cliente

    A vítima traballaba como director nunha oficina de Caixabank. CCOO convocou un paro de 5 minutos e concentracións á porta dos centros de traballo mañá, 24 de Novembro ás 12:00h.

    É un feito que o persoal do sector está exposto a numerosos riscos, atracos e agresións violentas entre eles, sen que a dirección de CaixaBank nin doutras entidades recoñeza estes como riscos laborais nin se adopten as medidas de seguridade para evitalos.
    CCOO require á Dirección de CaixaBank á consideración de forma inmediata dos feitos como accidente de traballo, o tratamento e a baixa médica para o resto do persoal do centro de traballo e a non incorporación da mesma ata que se certificou medicamente a súa absoluta recuperación. Que sexan consideradas persoas especialmente sensibles. Que se acceda ás súas solicitudes de cambio de posto de traballo sen repercusións económicas nin de ningún outro tipo. Que de verdade se elabore un protocolo de atraco, actos violentos, ameazas, riscos psicosociais e que se investigue a orixe dos feitos e as causas das lesións ao persoal que garanta que as persoas temos dereito á saúde e ao noso desenvolvemento persoal e familiar.
    O sindicato solicita a aplicación de medidas de protección para garantir a seguridade do persoal, con todas as accións que sexan necesarias e de forma inmediata para que estes feitos non se volvan a producir, e que estas medidas se estendan a todos os centros de traballo expostos a estes riscos.
    CCOO lembra aos Gobernos e ás Administracións públicas que eles son responsables subsidiarios da non aplicación das normas que garantan a saúde das traballadoras e traballadores do sector.
    Por último, pero o máis importante, a organización quere facer chegar as súas condolencias á familia. Ao compañeiro, brindarlle a mellor homenaxe, o traballo sindical de cada día para evitar que isto volva ocorrer.
    CCOO convoca xunto a outros sindicatos un paro de 5 minutos e concentración de persoais ás portas dos centros de traballo mañá día 24 de novembro, ás 12 da mañá.
  • Firmado o acordo de Despido Colectivo Grupo Banco Popular

    Na reunión de 5 de novembro, ás 19:15 horas, firmouse o acordo do Expediente de Despido Colectivo dos Bancos Popular e Pastor.

    A proposta de principio de acordo de CCOO, presentada na Mesa de Negociación, aceptada case na súa totalidade pola Dirección dos bancos e asumida por SEGRUPO no mesmo día, uníronse os sindicatos FITC, AMYC e UGT.
    Nesa xornada os Bancos aceptaron incrementar o número de persoas que podan acollerse á medida que CCOO propuxo sobre excedencias voluntarias, o que permitiu diminuir arredor de 250 o número de baixas indemnizadas.