Categoría: Sector Financeiro

  • CCOO defenderemos o mantemento do emprego nunha posible fusión BBVA-Sabadell

    O responsable do sector Financeiro de CCOO-Servizos, Jorge Villarino, coida que esta hipotética fusión é diferente doutras dos últimos quince anos, vinculadas á crise económica do 2008 ou ao impacto da pandemia.

    «Estamos a falar dunha operación que se presenta cunha prima de adquisición. Aquí non se trata da adquisición dunha entidade por un euro, como pasou no pasado, senón dunha prima sobre o valor da acción dun 30 % que está a ofrecer a entidade que adquire», salienta o sindicalista.

    Se seguir adiante este proceso, vixiaremos «moi de preto» para que a unión entre as entidades non sexa traumática en termos de emprego. Para iso está Comisións Obreiras, sindicato maioritario no Sabadell e cunha posición moi relevante no BBVA.

    Tamén subliñamos a necesidade de dar unha «saída xusta» á negociación do convenio colectivo, «acorde cos excelentes resultados do sector», que será a base sobre a que se teña que producir a homologación de condicións de traballo tras unha posible fusión.

    Declaracións na Radio Galega

    Declaracións en Onda Cero

  • Novas concentracións en Abanca: Esiximos mellores horarios, retribucións xustas e un bo clima laboral

    Hoxe, 26 de abril, delegados sindicais de CCOO, UGT e SIB reunímonos de novo fronte ás sedes de Abanca en A Coruña e Madrid. O noso obxectivo: reclamar melloras nas condicións laborais, incluíndo horarios máis flexíbles e unha maior capacidade para conciliar a súa vida persoal e profesional, así como un clima laboral máis saudable, actualmente marcado pola crispación.

    ¿Por que estas demandas? As razóns son evidentes: Abanca non está a demostrar responsabilidade social cara á súa plantilla. Desde que a entidade foi adquirida hai unha década, tras ser rescatada polo FROB e renomeada como ABANCA, as persoas traballadoras foron fundamentais para garantir a súa viabilidade.

    Durante este período, o persoal realizou sacrificios significativos en termos de salarios e horarios laborais para contribuír ao éxito do negocio. Porén, agora, cun entorno económico máis favorable, onde ABANCA rexistra beneficios exponencialmente crecentes ano tras ano, os propietarios non mostran disposición a retribuír eses sacrificios.

    Esta falta de reciprocidade por parte da dirección de ABANCA xenera serias cuestións éticas. O cadro de persoal séntese explotado e polo tanto demanda traballar en condicións saudables e recuperar os dereitos que cederon en beneficio da entidade, que hoxe se sitúa entre as máis ricas do país.

    Mentres ABANCA continúe priorizando o crecemento dos seus beneficios sen atender ás necesidades do seu persoal, a presión sobre o persoal seguirá sendo insostible. É fundamental que a empresa recoñeza e valore o esforzo de quen a respaldarou en momentos difíciles, garantindo así un ambiente laboral xusto e equitativo para todos.

     

    concentración Abanca

     

    Máis imaxes das concentracións

  • Mobilizacións en Abanca: Por un mellor horario, retribución e clima laboral

    Ante o imobilismo da dirección de Abanca na Mesa de Negociación, e perante a falta de avances, é o momento das mobilizacións.

    Expuxemos diversas propostas encamiñadas a mellorar:

    O horario de todo o persoal. A empresa non está disposta a mellorar o horario se a cambio non se aumenta considerablemente o número de persoas con horario dispoñible para a empresa,sen ofrecer compensación salarial adecuada.

    Salario e beneficios sociais. A empresa argumenta que xa aplicou un incremento salarial, que se vincula ao acordado no convenio colectivo, e que non está disposta a discutir unha maior compensación. A incerteza reina sobre a retribución variable, suxeita á decisión empresarial.

    Clima laboral. Négase a abordar a mellora do ambiente laboral. Non entende que a baixa produtividade que alegan se pode mellorar con cambios na forma de traballar e de dirixir ás persoas, está demostrado que sacar o látigo e diminuír o número de plantilla nin dá resultado nin mantén san ao persoal. É hora de cambiar as cousas.

    Hoxe venres, 19 de abril, as delegadas e os delegados das seccións sindicais de CCOO, UGT, e SIB-sf de ABANCA concentrámonos ás portas de Rúa Nova en A Coruña e de Recoletos en Madrid. Convidamos ao resto de sindicatos con representación no banco para que se unan a estas mobilizacións.

    Imaxes da concentración

  • 22M: Seguimento masivo da folga na Banca, cunha participación do 75,8%

    Un 75,8% das 80.000 persoas traballadoras da Banca secundaron a folga hoxe venres 22 de marzo. Agradecemos expresamente ao persoal do sector o seguimento dunha convocatoria histórica.

    Exiximos ao Banco Santander, BBVA, Banco Sabadell, Bankinter, Deutsche Bank e ao resto de entidades da AEB que escoiten a mensaxe principal que trasmitiron os seus cadros de persoal: que queren un convenio, como mínimo, como o que as patronais de Aforro e Cooperativas de Crédito asinaron: Con incrementos salariais xustos e que se apliquen a todo o persoal, non de forma discrecional segundo os criterios das direccións.

    Os datos de seguimento por entidades, segundo as estimacións de CCOO, UGT y FINE, son os seguintes:

    Esiximos ás cúpulas do Banco Santander, BBVA, Bankinter, Deutsche Bank e ao resto de entidades da AEB que escoiten a mensaxe que lles transmitiron os cadros de persoal, aos cales lles están negando un convenio, como mínimo, como o que pactaron os sindicatos coas entidades de Aforro e Caixas Rurais:

    Esiximos á AEB que escoite a mensaxe rotunda lanzada polos seus cadros de persoal: Que están dispostas a loitar por un convenio que realmente supoña, de forma efectiva e tanxible, incrementos salariais xustos e que se apliquen a todas as persoas traballadoras, non de forma discrecional segundo os criterios das súas direccións.

    INFOGRAFÍA:

     

    Nota de prensa seguimento folga 

    Imaxes das concentracións

  • Convenio BANCA: A negociación non avanza

    Continuamos a celebrar reunións sen avances, deixando patente a estratexia patronal de alargar as negociacións. Lamentamos ver que mentres outras patronais optimizan as reunións con avances significativos ou conseguindo pechar preacordos en materia salarial, AEB continúa xogando a dilatar a negociación, o que xera malestar nas plantillas e non dá traslado á recuperación salarial que é xustificada polos récords históricos das entidades.

    Subas salariais que non superan o 9% en 4 anos, penalizando ás persoas con salario exclusivamente de Convenio e maltratando ás persoas con melloras voluntarias. Propostas de medidas de ampliación de mobilidade xeográfica. Esta postura por parte de AEB volve enturbar e tensionar o clima laboral e non axuda a frear a conflictividade laboral na Banca, plasmándose na folga do 22M.

    Este 15M CCOO trasladará o seu rexeitamento a esta estratexia ás portas da JGA de BBVA e concentrándose noutras entidades, presión que continuará o 22M na JGA de B. Santander e convocatoria de folga de 24h o mesmo 22M. Os accionistas deben coñecer como tratan ao persoal estas entidades, as cales adolecen dunha Responsabilidade Social Empresarial. AEB é a única responsable de manter o malestar social e ten oportunidade na próxima reunión do 19 de marzo de achegar substancialmente as posicións.

    CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS

    • 15 MARZO: Xunta Accionistas BBVA
    • 22 MARZO: Xunta Accionistas B. Santander
    • 22 MARZO: FOLGA EN TODO O SECTOR, se non hai avances na mesa de Convenio.

    É POLO TEU SALARIO, É POLOS TEUS PRÉSTAMOS, É POLO CLIMA LABORAL, É POR TI