Categoría: Sector Financeiro

  • Éxito de participación na folga de Caixabank, cun paro case total

    A Federación de Servizos de CCOO aplaude o seguimento da folga de Caixabank. Este martes pecharon practicamente todas as oficinas da entidade bancaria en Galicia (case o 95%) e case todo o persoal (98%) secundou a xornada de paro.

    Desde CCOO cualifican de «lamentable» que, a dúas semanas de rematar a prórroga das negociacións —tempo extra conseguido grazas ás mobilizacións—, a dirección do banco «teime en defender unha postura radicalmente contraria ás nosas liñas vermellas».

    Entre outras cuestións, Comisións esixe reducir o número de saídas e que estas sexan voluntarias —e cunhas axeitadas condicións para que así sexa—, que non haxa recortes de carácter laboral e que a homologación salarial entre o persoal procedente de Caixabank e Bankia se produza canto antes.

  • Acordo estatal no ERE de BBVA que reduce en 863 as persoas afectadas

    O acordo cumpre as tres grandes premisas fixadas por CCOO: reducir o número de persoas afectadas (inicialmente, 3798; agora, 2925); que as baixas sexan de adscrición voluntaria e que non haxa cláusula de equilibrio xeneracional,

    Estas tres cuestións cumpríronse «grazas á firmeza do sindicato e á mobilización», salienta a Federación de Servizos de CCOO.

    O «amplo catálogo» de opcións de saída «ha permitir» que ningunha baixa sexa forzosa. Canto á cláusula de equilibrio, obrigaba a que a metade das saídas fosen de menores de 50 anos. Con este acordo, a saída prevista será dun 72% de maiores de 50 anos e un 28% de menor idade.

    No documento anexo pódense consultar as condicións económicas e de mobilidade xeográfica para as persoas que se acollan ao plan de saídas.

    ERE BBVA. Condicións económicas das desvinculacións

  • Seguimento masivo da folga en BBVA e do paro parcial en CaixaBank

    Un 84% do persoal de Caixabank seguiu o paro parcial de media hora convocado por todas as forzas sindicais na empresa.

    En BBVA as cifras de seguimento da folga* son estimativas e aínda que que o banco ten 2.500 centros de traballo, *consideramos que estas superan o 70% do persoal. Ler máis

     

    BBVA

    Recompiladas a nivel estatal, as cifras medias de peche de oficinas oscilan entre o 75% en Zaragoza e o 100% a maioría de provincias de Andalucía, por exemplo.

    As cifras de seguimento da folga* son estimativas e aínda que que o banco ten 2.500 centros de traballo, consideramos que estas superan o 70% do persoal.

    Nas concentracións desta mañá en 28 cidades de toda España, a cifra de asistentes supera as máis de 7.500 persoas participantes

     

    Caixabank

    A pesar desta primeira demostración de forza, a Dirección respondeu rexeitando todas as alternativas expostas polos sindicatos na reunión de hoxe.

    O persoal volverá mobilizarse a próxima semana contra as formulacións salvaxes da Dirección.

     

    – 7 DE XUÑO PARO DE 1 HORA (11:00 a 12:00)

    – 9 DE XUÑO FOLGA XERAL (Día 10 ultimo día de período formal de negociación)

     

  • CCOO BBVA: Rotundo éxito das Mobilizacións do persoal de BBVA en 15 cidades do Estado

    O Banco alega razóns organizativas e económicas para acometer o despedimento masivo de 3.798 persoas, mentres a cúpula directiva consolida remuneracións de centenares de millóns de euros anuais. Por iso, 6.000 empregadas e empregados do banco e parte das súas familias, manifestámonos fronte á sede territorial de quince cidades de todo o territorio estatal, para dicir basta a este Despedimento Colectivo.

    Unha clara demostración de unidade do persoal e os seus representantes sindicais, que nos dá forza para afrontar unha negociación que empezou o pasado día 6 de maio coa entrega do Informe Técnico e que continuará o vindeiro mércores día 12 de maio.

     O persoal e as organizacións sindicais falaron e BBVA debe escoitarnos, porqué non estamos dispostos a calar ante esta maiúscula inxustiza.

    É incrible a actitude de desprezo do Banco pretendendo pechar centenares de oficinas, deixando en risco de exclusión financeira a amplos sectores sociais, como o das persoas maiores ou co peche da única oficina de moitas poboacións e, por iso, tamén cara ás traballadoras e traballadores das devanditas sucursais.

    Despois de que BBVA publicase a remuneración milloraria dos seus directivos -véxase por exemplo Carlos Torres (4,09 Millóns de €) e Onur Genç (3,43 Millóns de €)- teñen a ousadía de facernos a seguinte proposta de indemnizacións para as persoas que queren botar á rúa:

    • Maiores de 63 anos: 20 días por ano traballado, máximo 12 meses.
    • De 58 anos a 62 anos: Con antigüidade mínima de 15 anos, renda temporal do 65% do nivel retributivo anual (até os 63 anos), descontando a prestación por desemprego. abono do convenio especial á Seguridade Social até os 63 anos.
    • 56 e 57 anos: Con antigüidade mínima de 15 anos, renda temporal do 60% da NRA, descontando a prestación por desemprego. Abono do convenio especial á Seguridade Social, até os 61 anos.
    • Resto de persoal: 27 días por ano traballado, até un máximo de 18 mensualidades.

    Vídeo explicativo

  • Teletraballo, veu para quedar. Desconexión dixital

    O teletraballo é unha forma de organización e prestación do traballo que responde tanto á innovación e implementación das novas tecnoloxías da información e a comunicación, canto aos requirimentos de maior flexibilidade organizativa nunha contorna cambiante.

    A esta forma flexible de organización é frecuente atribuírlle extraordinarias capacidades en orde a mellorar as necesidades, sexa de conciliación da vida laboral e familiar, de flexibilidade, de produtividade, sexa, mesmo, de incrementar a activación de colectivos especialmente vulnerables, como serían as persoas con discapacidade

    O teletraballo non é apto para todo tipo de traballos, senón que só é posible para aquelas tarefas teletraballables, é dicir, aquelas que poden realizarse a través de medios tecnolóxicos.

    Aínda que, aos comezos nos que se empezou a falar e implantar este modo de traballo se previron unhas grandes expectativas de desenvolvemento e implantación, e a pesar da maior dispoñibilidade de medios tecnolóxicos cada vez máis avanzados, non tivo o desenvolvemento previsto. O porqué non se cumpriron esas expectativas é un tema controvertido, prognosticábase en moitos foros e investigacións un gran número de persoas teletraballando nun limitado espazo de tempo que despois non chegou a cumprirse, chegouse a supor que o teletraballo podía supor unha revolución nas formas de organizar o traballo, pero isto non chegou a materializarse. Os expertos din que un dos principais factores para que non se alcanzaron as cifras prognosticadas xorde pola falta de formación, malestar pola xestión nas empresas dos programas flexibles de traballo e á escaseza de información.

    Aínda que a porcentaxe de persoas teletraballando vai en aumento, parece que até agora moitas empresas se resistiron a adoptar medidas dirixidas á adopción do teletraballo.

     

    Informe completo: Teletrabajo, ha venido para quedarse Desconexión digital