Categoría: Sector Financeiro

  • CCOO-Servizos volve gañar as eleccións sindicais no sector do aforro

    A Federación de Servizos de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO-Servizos) volveu gañar as eleccións sindicais no sector do aforro, onde Abanca, Bankia e Caixabank son as entidades máis representativas, con máis de 4500 traballadores e traballadoras. Dos 161 delegados e delegadas que se elixiron, CCOO conseguiu 49, que supoñen o 30,43 % do total. Ler máis

    A moita distancia sitúanse a federación de sindicatos FINE, con 38 (23,6 %); UGT, con 34 (21,12 %) e a agrupación sindical CIC, con 25 (15,53 %). Os restantes sindicatos sumaron entre todos 15 representantes (9,32 %). Por entidades, os mellores resultados para CCOO foron en Abanca, onde conseguiu 26 delegados e delegadas; a seguir sitúanse Caixabank (18) e Bankia (5).

    Este resultados avalan o traballo realizado polo sindicato nos últimos catro anos, nos que o sector superou a anterior conxuntura de reestruturacións e fusións «e afronta o futuro con novos retos, como a dixitalización, as esixencias regulatorias e os novos modelos de oficinas», apunta Jorge Villarino, responsable do sector financeiro de CCOO-Servizos, quen agradece o apoio ás candidaturas de Comisións Obreiras.

    Estas eleccións «demostran que os traballadores e as traballadoras confían en CCOO», sinala Villarino, quen salienta o labor do sindicato en aspectos como os acordos de profesionalidade, horarios, conciliación e igualdade. Tamén, o asinamento do convenio colectivo 2015-2018, «que protexeu os dereitos laborais nun escenario moi complicado e sentará as bases para o novo convenio que se ha negociar de xeito inminente», conclúe.

  • Proclamadas as candidaturas da Federación de Servizos ao Congreso Extraordinario da Unión Comarcal de Arousa

    Quedan proclamadas as candidaturas para a asamblea electiva da
    Federación de Servizos de CCOO de Galicia ao Congreso Extraordinario da
    UC de Arousa. 
    A asemblea electiva celebrarase no lugar e data seguintes:
     
    • Data de celebración: 10/07/2018
    • Lugar de celebración: Local UC CCOO R/ Alexandre Bóveda,2-2 36600 Vilagarcia (Pontevedra)
    • Horario: Fase Electiva: 13:00-17:00 horas.

    Candidaturas asemblea electiva Federación Servizos

  • O Congreso extraordinario da Unión Comarcal de CCOO de Arousa terá lugar o 27 de xullo

    O vindeiro día 27 de xullo
    de 2018 terá lugar o congreso extraordinario da U.C. de CCOO de Arousa
    convocado pola comisión xestora da U.C. de Arousa.
    Como
    afiliado, afiliada, ao sindicato, tes o dereito a ter voz e voto e participar
    nesta renovación de CCOO (segue)
    Na seguinte ligazón tés á túa disposición o anexo organizativo:
    Censos electorais:
    Os
    censos provisionais para a participación da afiliación de CCOO Servizos
    da comarca de Arousa no proceso congresual, cerráronse o 31 de maio do
    2018, están baixo a custodia e responsabilidade da Secretaría de Organización da Federación de Servizos polo que para a revisión das
    respectivas inclusións individuais, cada persoa afiliada poderá remitir un
    correo electrónico á dirección de servizos ata o 27 de xuño do 2018.
    Asemblea de Seccións Sindicais e empresas agrupadas no ámbito de CCOO Servizos:
    A asemblea de sección sindicais, empresas agrupadas e persoas desempregadas,  xubiladas e xubilados celebrarase o vindeiro día 10 de Xullo do 2018 de 13:00 horas a 17:00 horas no local de CCOO na Comarca de Arousa.
    De
    conformidade á distribución de delegadas e delegados establecida no
    anexo organizativo,á Federación de Servizos correspóndelle participar
    con 3 delegadas ou delegados coa seguinte porcentaxe de xénero a ter en
    conta:  mulleres 56.4% e homes 43,6 %.
    Orden do día na asamblea CCOO Servizos : Elección da delegación ao congreso extraordinario da U.C de CCOO de Arousa
    CANDIDATURAS
    1. COLEXIO
      ELECTORAL.- O órgano convocante da asamblea da CE de CCOO Servizos
      queda conformado como colexio electoral e as súas función serán recibir
      e validar as súas candidaturas, que se presenten conforme as normas
      congresuais. 

    2. LUGAR
      DE PRESENTACIÓN.-As candidaturas debidamente cumprimentadas
      presentaranse en modelo normalizado,
      ante a dirección de correo electrónico: servicios.galicia@servicios.ccoo.es  

    3. PRAZOS.- Poderanse presentar ata 5 días antes da data sinalada para a asamblea, o 5 de Xullo de 2018.

    4. REQUISITOS

      1. PERSOAS AFILIADAS E AO CORRENTE DE
        PAGO, incluídas no censo.

      2. COMPOSICIÓN. Deben incluir tantas
        persoas como delegados e delegadas a elixir (3) máis un 20% de suplentes.

      3. PORCENTAXE DE HOMES Y MULLERES.-As
        candidaturas gardarán a proporcionalidade de xénero seguinte: mulleres 56.4% e homes 43,6 %.

      4. ANTIGÜIDADE  DAS PERSOAS CANDIDATAS: Para formar parte das candidaturas para a delegación de CCOO Servizos no congreso de CCOO Arousa requírese unha
        antigüidade mínima de 6 meses
        na afiliación en CCOO.

      5. ACEPTACIÓN DE CANDIDATURAS.- A
        aceptación das candidaturas debe ser fóra de toda dúbida, conforme ás normas e
        estatutos confederais.

           CONVOCATORIA:

    • Data de celebración: 10/07/2018
    • Lugar de celebración: Local UC CCOO R/ Alexandre Bóveda,2-2 36600 Vilagarcía (Pontevedra)
    • Horario: Fase Electiva: 13:00-17:00 horas.

      Secretaría de Organización de CCOO Servizos 

      Formulario modelo candidatura

    • Carmen Sangil, elixida Secretaria Xeral da Sección Sindical de Banco Santander en Galicia.

      Hoxe,
      vinte e catro de maio, celebrouse en Santiago de Compostela o
      Plenario Extraordinario da Sección Sindical de CCOO Banco de
      Santander Galicia e integración da Sección Sindical de CCOO Grupo
      Banco Popular Galicia.

      Coa
      previsión dun inminente proceso de integración de ambas entidades
      presentouse unha única candidatura á Secretaría Xeral e á
      executiva, quedando esta última integrada na súa maioría polas
      delegadas e delegados que xa participaban nese órgano de goberno nas
      súas respectivas seccións.

      Na
      súa intervención, Carmen Sangil quixo agradecer «a xenerosidade e
      o esforzo pola confianza depositados na súa persoa» xa que «nos
      imos enfrontar a importantes retos de aquí ao próximo ano».
      Destacou tamén o valor de demostrar a fortaleza da organización a
      través do «contacto directo, cercano e persoal cos nosos
      compañeiros, resolvendo cantas cuestións nos expoñan». Gañar as
      eleccións que se celebrarán en febreiro do próximo ano foi outra
      ideal central do seu discurso: «dado o actual momento de
      dificultade debemos poñer en valor o liderazgo histórico e
      tradicional dun sindicato de clase como CCOO nos últimos procesos
      electorais, que é garantía de esforzo, e respaldo ás traballadoras
      e traballadores»

      A
      partir de agora iníciase unha nova etapa que estará marcada polo
      proceso de integración das redes de oficinas de ambos bancos. Cabe
      salientar que CCOO é o sindicato maioritario tanto en Banco
      Santander como Grupo Banco Popular, e que ambas entidades veñen de
      pasar por dous Expedientes de Regulación de Emprego que foron
      afrontados e resoltos de forma notablemente satisfactoria.

    • CCOO e UGT congratúlanse do «éxito» da folga e da participación «masiva» nas mobilizacións

      O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e UGT-Galicia congratúlanse do «éxito» da folga convocada hoxe polo sindicalismo de clase. O seguimento dos paros de dúas horas foi masivo, especialmente en grandes empresas e administracións públicas. Polo de agora, non houbo incidentes salientables nin no paro que da madrugada (entre as 00:00 e as 02:00), nin tampouco ao mediodía (das 12:00 ás 14:00). 

      Para CCOO e UGT, o «apoio maioritario» da sociedade galega a esta convocatoria é «a proba» de que as reivindicacións do sindicalismo de clase, compartidas polo movemento feminista, «son tamén maioritarias entre os galegos e as galegas»: cómpre «denunciar e desterrar» a brecha salarial, a precariedade laboral das mulleres e o acoso e a violencia de xénero.

      Sabio e Rodríguez coidan que a data de hoxe é «histórica» e marcará «un antes e un despois» na loita pola igualdade. O apoio á folga amosa «o total rexeitamento» da sociedade galega á situación que padecen as mulleres do noso país. «As reformas laborais impostas, os recortes e as medidas de austeridade non fixeron máis que incidir nas desigualdades», denuncian as dirixentes sindicais.

      Contra o «teito de cristal»

      As secretarias da Muller de CCOO e UGT denuncian a «discriminación laboral e salarial» das traballadoras galegas: a igual formación, os homes acadan maiores taxas de ocupación en todos os niveis formativos. Ademais, a brecha salarial é de 22 puntos, polo que as mulleres galegas terían que traballar 71 días máis ao ano para percibiren o mesmo salario que os homes nun ano. Tamén critican a existencia dun «teito de cristal» que é a causa de que só o 2,3 % da poboación ocupada feminina estea en postos de dirección ou xerencia.

      A «praga» da violencia machista e do acoso

      Ademais da situación laboral, as mulleres son vítimas doutra das grandes «pragas» da sociedade actual, a violencia machista. No 2017, foron asasinadas 49 mulleres e 8 nenos e nenas. O recente Pacto de Estado contra a violencia demóstrase insuficiente e case non recolle medidas de carácter laboral, que son «fundamentais» ?en opinión dos sindicatos? para que as mulleres poidan saír dunha situación de violencia de xénero.

      Rodríguez e Sabio lembran tamén a situación de acoso sexual nos centros de traballo. Aínda que a lei protexe contra estas situacións, «as denuncias son poucas polas dificultades probatorias ou polos medos a perder o emprego», lamentan.

      Galería de imaxes