Categoría: Seguros e Mutuas

  • CCOO Servizos incrementa a súa representatividade en Mugatra provincia de A Coruña

    O pasado día 12 celebráronse eleccións en Mugatra, proceso no que CCOO Servizos mellorou a
    representatividade a pesar da redución de persoal respecto ás anteriores
    eleccións. Ademais, por este motivo cabe salientar que desta volta pasa
    a ser comité provincial.
    Queremos destacar o excepcional traballo realizado por David Pazos que ademais é o presidente da Comisión Intercentros.

    Dende
    CCOO queremos agradecer ás traballadoras/es a
    confianza depositada na nosa organización.

    2016

    2012

    CCOO

    2

    1

    UGT

    3

    5

    CIG

    1

  • CCOO Servizos gaña as eleccións en Vigo MUTUA UNIVERSAL obtendo toda a representación

    O mércores 22 de decembro tiveron lugar as votacións en Mutua
    Universal en Vigo, nas que participaban traballadores e
    traballadoras de Vilagarcía de Arousa e Vigo.

    CCOO obtivo a totalidade da representación sindical, cun total de cinco representantes elexidos,
    encabezados por Carlos Vilariño.

    A candidatura de CCOO foi a única que se presentou tras anularse a
    de UGT na proclamación provisional pola renuncia dun dos seus
    compoñentes, que non puido ser subsanada no prazo de 24 horas
    outorgado ad
    hoc
    pola mesa electoral para conseguir outro candidato.

    Deste xeito, CCOO aumenta en dous o número de delegados respecto ao
    anterior mandato.

    O traballo diario dos delegados e delegadas de CCOO en Mutua
    Universal foron determinantes para o apoio á candidatura. Dende CCOO queremos agradecer a todo o plantel de Vigo Mutua Universal a confianza depositada na nosa organización.

  • CCOO Servizos gaña as eleccións celebradas en A Coruña MUTUA MIDAT CICLOPS

    CCOO
    gaña as eleccións celebradas o día 17 de dicembro no centro
    de traballo de A Coruña de MUTUA MIDAT CICLOPS con dous representantes elexidos dun total de tres. Presentanse tres candidadutas a dito proceso, tres persoas por CCOO e
    dúas como Grupo de traballadores/as independentes.

    Dende
    CCOO queremos agradecer a toda o plantel de Mutua Midat
    Ciclops a confianza depositada na nosa organización.

  • CCOO Servizos gaña as eleccións en A Coruña MUTUA UNIVERSAL

    CCOO
    gaña as eleccións celebradas o día 17 de dicembro no centro de
    traballo de A Coruña de Mutua Universal. CCOO pasa de non ter ningún
    representante, a unha delegada.

    Parabéns
    para a nosa nova delegada Teresa. Dende
    CCOO queremos agradecer ás traballadoras/es de Mutua Universal, a
    confianza depositada na nosa organización.