Categoría: Unión Comarcal A Coruña

  • O persoal de Universal Support mobilízase contra os traslados

    O comité de empresa de Universal Support (grupo Konecta), que se dedica ao sector dos centros de chamadas, convocou esta semana dúas xornadas de mobilización, o luns día 20 e hoxe mesmo, xoves 23. O obxectivo, rexeitar o traslado de 81 traballadores e traballadoras da Coruña a Bergondo.Ler máis

    As concentracións do luns tiveron lugar en horario de 10 a 12 horas e de 15 a 17 horas diante do centro de traballo actual, no polígono coruñés de Pocomaco. Hoxe repítense as mobilizacións no mesmo horario, pero diante das instalacións de Konecta no polígono de Bergondo (rúa Parroquia de Rois, n.º 188).

    O persoal afectado polo traslado está adscrito ao servizo que Universal Support presta para Pull&Bear (Inditex). Xa o pasado xuño, a empresa notificáralle ao persoal que estaba teletraballando a súa intención de recuperar a presencialidade, pero en Bergondo. Naquela ocasión, a sección sindical de CCOO e do comité de empresa presionaron e evitaron que se desprazase as traballadoras e traballadores.

    Tras uns meses de calma, a empresa recupera a idea. Desde CCOO sinalan que o cambio de centro de traballo supón un «trastorno importante», xa que entre o centro de traballo actual e o novo hai máis de vinte quilómetros. Nalgúns casos, isto obrigaría a algunhas das persoas afectadas a abandonar o posto de traballo por careceren dunha combinación de transporte público.

    A sección sindical de CCOO rexeita enerxicamente este cambio de centro de traballo, «máis aínda tendo en conta que, desde o inicio da pandemia, se teletraballou sen incidencia ningunha». Ademais, lamentan a falta de solucións por parte da empresa, coñecedora dos prexuízos que esta medida ocasionaría.

    Imaxes das concentracións

  • O persoal de Teleperformance intensifica as protestas para defender os seus dereitos

    O comité denuncia que a empresa «fai o xordo» ás reivindicacións, polo que se intensificarán as protestas, con paros parciais a partir de hoxe, 28 de xuño, e concentración ás 12:30

    Os sindicatos denuncian continuos problemas no cómputo do rexistro da xornada —que se traducen en descontos nas nóminas—, a formación insuficiente e sen apoio, a implantación dunha ferramenta única para a comunicación coa empresa —e que presenta deficiencias—, a falta de información á representación legal do persoal ou a negativa de Teleperformance a compensar de maneira xusta os gastos do teletraballo durante a pandemia.

  • Seguimento masivo da folga en BBVA e do paro parcial en CaixaBank

    Un 84% do persoal de Caixabank seguiu o paro parcial de media hora convocado por todas as forzas sindicais na empresa.

    En BBVA as cifras de seguimento da folga* son estimativas e aínda que que o banco ten 2.500 centros de traballo, *consideramos que estas superan o 70% do persoal. Ler máis

     

    BBVA

    Recompiladas a nivel estatal, as cifras medias de peche de oficinas oscilan entre o 75% en Zaragoza e o 100% a maioría de provincias de Andalucía, por exemplo.

    As cifras de seguimento da folga* son estimativas e aínda que que o banco ten 2.500 centros de traballo, consideramos que estas superan o 70% do persoal.

    Nas concentracións desta mañá en 28 cidades de toda España, a cifra de asistentes supera as máis de 7.500 persoas participantes

     

    Caixabank

    A pesar desta primeira demostración de forza, a Dirección respondeu rexeitando todas as alternativas expostas polos sindicatos na reunión de hoxe.

    O persoal volverá mobilizarse a próxima semana contra as formulacións salvaxes da Dirección.

     

    – 7 DE XUÑO PARO DE 1 HORA (11:00 a 12:00)

    – 9 DE XUÑO FOLGA XERAL (Día 10 ultimo día de período formal de negociación)

     

  • Teleperformance España (A Coruña) segue a desprezar o seu persoal

    O Comité de empresa de Teleperformance Coruña denuncia que a empresa continúa facendo caso omiso das continuas reivindicacións tanto de traballadorxs como da representación legal dos e das traballadoras.

    Ante esta situación decidiu convocar Concentración o próximo día 21 de Maio de 12:30 a 13:30 diante do Centro de traballo que Teleperformance ten en Agrela. Ler máis

    O obxectivo desta concentración é rematar con:

    • Os continuos descontos en nómina por ausencias debidamente xustificadas polxs traballadorxs, así como desconexións por fallos técnicos responsabilidade de Teleperfomance.

    • As formacións precarias e sen apoio tanto no centro como en teletraballo.

    • A implantación dunha ferramenta única para a comunicación coa empresa con múltiples deficiencias e erros, que deixa totalmente indefensa á plantilla e limita o traballo sindical dos representantes dxs traballadorxs.

    • A falta de información á representación dxs traballadorxs e ausencia de vontade por parte da empresa para acadar puntos de encontro.

    A convocatoria desta primeira concentración prodúcese como consecuencia de ter resultado infructuosas as xestións realizadas coa dirección para acadar un acordo e dar solución ós temas que motivan as accións a levar a cabo. Estas movilizacións continuarán de non cambiar a situación que se leva arrastrando dende fai moitos meses e que Teleperformance ignora.

    Teleperformance, en Agrela, é unha empresa de Contact Center, que ocupa a máis de 800 empregadxs en A Coruña, dando servizo a grandes multinacionais tanto de telecomunicacións, enerxéticas e outros sectores.

     

    Persoa de contacto:

    Clara García Rodríguez (Secretaria do Comité de Empresa) Tfno.: 66 1957031 E-mail: comiteteleperformancecoruna@gmail.com

  • CCOO BBVA: Rotundo éxito das Mobilizacións do persoal de BBVA en 15 cidades do Estado

    O Banco alega razóns organizativas e económicas para acometer o despedimento masivo de 3.798 persoas, mentres a cúpula directiva consolida remuneracións de centenares de millóns de euros anuais. Por iso, 6.000 empregadas e empregados do banco e parte das súas familias, manifestámonos fronte á sede territorial de quince cidades de todo o territorio estatal, para dicir basta a este Despedimento Colectivo.

    Unha clara demostración de unidade do persoal e os seus representantes sindicais, que nos dá forza para afrontar unha negociación que empezou o pasado día 6 de maio coa entrega do Informe Técnico e que continuará o vindeiro mércores día 12 de maio.

     O persoal e as organizacións sindicais falaron e BBVA debe escoitarnos, porqué non estamos dispostos a calar ante esta maiúscula inxustiza.

    É incrible a actitude de desprezo do Banco pretendendo pechar centenares de oficinas, deixando en risco de exclusión financeira a amplos sectores sociais, como o das persoas maiores ou co peche da única oficina de moitas poboacións e, por iso, tamén cara ás traballadoras e traballadores das devanditas sucursais.

    Despois de que BBVA publicase a remuneración milloraria dos seus directivos -véxase por exemplo Carlos Torres (4,09 Millóns de €) e Onur Genç (3,43 Millóns de €)- teñen a ousadía de facernos a seguinte proposta de indemnizacións para as persoas que queren botar á rúa:

    • Maiores de 63 anos: 20 días por ano traballado, máximo 12 meses.
    • De 58 anos a 62 anos: Con antigüidade mínima de 15 anos, renda temporal do 65% do nivel retributivo anual (até os 63 anos), descontando a prestación por desemprego. abono do convenio especial á Seguridade Social até os 63 anos.
    • 56 e 57 anos: Con antigüidade mínima de 15 anos, renda temporal do 60% da NRA, descontando a prestación por desemprego. Abono do convenio especial á Seguridade Social, até os 61 anos.
    • Resto de persoal: 27 días por ano traballado, até un máximo de 18 mensualidades.

    Vídeo explicativo