Categoría: Unión Comarcal A Coruña

  • Proclamación de candidaturas da Comarca de A Coruña nivel I

    Desde a Federación de Servizos de CCOO de Galicia unha vez máis comunicamos que en base ao regulamento das asembleas congresuais de Nivel I punto D, Candidaturas:

    • A proclamación das candidaturas entenderase definitiva se finalizado o prazo habilitado para presentar reclamacións ás mesmas non se formalizou ningunha reclamación.
    • Se só houbese unha candidatura proclamada, non se procederá á súa votación, quedando elixidos todos os candidatos e candidatas (titulares e suplentes) Ler máis

    Polo que se resolve, tras a finalización do prazo de presentación de candidaturas.

    Quedan proclamadas as seguintes candidaturas da Comarca da Coruña de Nivel I, presentadas en tempo e forma:

    • Agrupación Sector de Hostalaría (ASH), Agrupación Sector Comercio (ASC), Agrupación Sector Técnico (AST) Resto Agrupadas sen Sector.
    • Sección Sindical do BBVA, Sección Sindical Abanca, Sección Sindical Caixabank, Sección Sindical Banco Santander, Sección Sindical Teleperformance.

    Que só foi presentada unha candidatura e que por iso non se procederá á súa votación. Quedan elixidas todas as persoas que conforma a candidatura, tanto titulares como suplentes.

    Que pola Lei de Protección de Datos non se poden publicar, pero desde a Secretaria de Organización estamos a vosa disposición para calquera dúbida ou aclaración.

  • Teleperformance Coruña utiliza a crise sanitaria para explotar e sancionar o persoal

    Teleperformance, en Agrela, é unha empresa de Contact Center, que ocupa a máis de 800 empregadxs en A Coruña, dando servizo a grandes multinacionais tanto de telecomunicacións, enerxéticas como doutros sectores. Segundo indica na súa páxina web, forma parte do 20% de empresas que están contratando durante a crise sanitaria. 

    O Comité de empresa de Teleperformance Coruña denuncia que a empresa continúa aproveitando a crise sanitaria do Covid-19 para explotar e sancionar o cadro de persoal en pleno estado de alarma. Ler máis

    Ante esta situación decidiu convocar PAROS PARCIAIS o próximo día 30 de novembro de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas, acompañados dunha CONCENTRACIÓN de traballadoras/es frente á empresa de 11:30 a 12:00 horas. 

    O OBXECTIVO dos paros parciáis consiste en que a empresa se aveña a: 

    • Retirar as sancións de suspensión de emprego e soldo de 30 días na campaña de Orange que afectan a 5 persoas e se facilite ó persoal unha formación axeitada en todos os ámbitos.
    • Cesar os descontos en nómina por incidencias técnicas responsabilidade de Teleperformance e tamén das presións ao persoal para que recuperen ditos tempos, tal como se lles requiriu por parte da Inspección de Traballo e cuxo requerimento ignoran.
    • Que a empresa facilite un teléfono móbil e a correspondente líña se quere que o persoal empregue o móbil para traballar, ademáis de facilitar os equipos necesarios para teletraballar.
    • Que a empresa garanta o dereito á desconexión dixital do persoal como establece a lei, de forma que o persoal traballe só durante a súa xornada laboral.  

    A convocatoria de folga prodúcese como consecuencia de ter resultado infructuosas as xestións realizadas coa dirección para acadar un acordo en torno ós temas que motivan as accións a levar a cabo. A día de hoxe a empresa non manifestou a súa intención de falar co Comité.

    CCOO – CIG – UGT – CGT

    Imaxes das concentracións do día 30.11.2020

  • Reunión da mesa do convenio de Comercio Alimentación Coruña

    Tras varias reunións, a patronal de Alimentación da Coruña teimaba en non entrar a discutir a plataforma sindical e só se dedicaba a informar sobre a situación económica xerada pola COVID-19, sobre o incremento de gastos en epi e a repercusión negativa nas vendas.

    Non tiña en conta o esforzo feito polos cadros de persoal, nin os fortes incrementos de vendas e carga de traballo durante o confinamento, nin o risco persoal como sector esencial de abastecemento da poboación, nin que esta pandemia debe tratarse como o que é: un problema temporal que non pode utilizarse para rebaixar as condicións do convenio. Ler máis

    Por fin, na última reunión do 20 de outubro, vimos un pequeno avance. A patronal presentounos dúas propostas:

    1. Manter o actual convenio con vixencia para os anos 2020-2021, cun incremento do 0,25 % dos salarios e sen modificar nada do seu texto.

    Para CCOO, ante o esforzo dos traballadores e traballadoras durante a pandemia e o confinamento, un incremento salarial do 0,25 % é INACEPTABLE.

    2. Tratar unha parte da plataforma sindical, especialmente centrándose en categorías, xornada, licenzas, horas complementarias, pero sen presentar de momento unha proposta de incremento salarial.

    Desde CCOO entendemos que este pode ser un primeiro paso para entrar de vez e de forma seria na negociación, e lembramos que para nós existen temas importantes aos que hai que dar unha solución:

    • Por que temos unha das xornadas máis alta de todo o sector?: 1812 horas anuais

    • Como é posible un control de presenza asinado nunha folla de papel?, estamos na época das cavernas ou en plena era dixital?

    • Por que un exceso de horas complementarias convertidas case nunha xornada completa, pero con horarios irregulares que impiden a conciliación da vida laboral e familiar?

    • Por que non se implantan xornadas continuas e se teima en manter xornadas partidas, cando a pandemia demostrou que son totalmente realizables?

    • Que pasa cos cadros de persoal que fan traballos profesionalizados pero seguen no GRUPO SALARIAL IV, o que ten o salario máis baixo?

    • Que pasa coas persoas obrigadas a asumir responsabilidades de 2º encargado/a e sen recoñecemento salarial?

    • Que pasa cos gastos de quen debe desprazarse a outros centros de traballo?

    • Cando imos adaptar as sentenzas xudiciais sobre licenzas para que estas se gocen en días hábiles de traballo?

    • É imprescindible un INCREMENTO SALARIAL XUSTO, que recoñeza o esforzo das traballadoras e traballadores polo risco que están asumindo, a tremenda carga de traballo e o altísimo estrés.

    • E MOITOS OUTROS TEMAS QUE TEÑEN IMPORTANCIA E QUE TEMOS QUE TRATAR.

    Seguiremos informando