Categoría: Unión Comarcal A Coruña

  • Teleperformance A Coruña: Despedimentos inxustificados, coaccións, sancións e ameazas

    Teleperformance, en A Grela, é unha empresa de Contact Center que ocupa a máis de 800 empregadas/os en a Coruña, dando servizos a grandes multinacionais tanto de telecomunicacións, enerxéticas coma outros sectores. Segundo indica na súa páxina web, forma parte do 20% de empresas que están contratando durante a crise sanitaria.

    O Comité de Empresa de Teleperformance A Coruña denuncia:

    Que a empresa GAS NATURAL FENOSA coa colaboración de Teleperformance, está a dar un novo paso na destrución de emprego e deslocalización das tarefas de atención ao cliente en Galiza. Ler máis

    Dende fai 7 anos, GAS NATURAL FENOSA ten feito desaparecer máis de 240 postos de traballo, só en Teleperformance A Coruña, o que supón un paso máis na espoliación dos recursos de Galiza e a destrución de emprego na nosa comunidade e na nosa cidade.

    – No ano 2013: levaron fóra da nosa comunidade a comercializadora de mercado libre, (UFC), coa perda de 103 postos de traballo na delegación de Teleperformance A Coruña.

    – No ano 2019: desaparecen outros 102 postos na delegación de Teleperformance A Coruña coa perda da comercializadora de mercado regulado (GNSUR), levando unha vez máis o traballo fóra da nosa comunidade. 

    – E agora toca o servizo de apoio e xestión administrativa das comunicacións entre a distribuidora UFD e as comercializadoras (ATR), supoñendo a desaparición doutros 40 postos de traballo en Teleperformance A Coruña, facéndose cargo de este servizo, a partir do 1 de novembro de 2020, a empresa Everis, dende Alicante. 

    – O persoal que queda en UFD (avarías), 100 postos de traballo, tememos que terá o mesmo destino, a desaparición a corto ou medio prazo. 

    Todo iso con CONSECUENCIAS DIRECTAS no persoal de Teleperformance A Coruña, que está a ver como se vulneran os seus dereitos con constantes coaccións, ameazas, sancións e despedimentos inxustificados, todo iso coa connivencia e permisividade que está a amosar a Inspección de Traballo de A Coruña, ante quen este Comité ten denunciado de maneira reiterada tales actuacións sen recibir a correspondente e necesaria resposta. 

    POR TODO ISTO O COMITÉ DE EMPRESA DE TELEPERFORMANCE A CORUÑA CONVOCOU UNHA CONCENTRACIÓN DE DELEGADAS/OS O XOVES 1 DE OUTUBRO ÁS 12:00 H. DIANTE DAS INSTALACIÓNS DE GAS NATURAL FENOSA EN A GRELA (ubicación do antigo MACUF, tamén espoliado por Gas Natural Fenosa).

    Noticia en Cadena Ser

  • Mobilizacións en Celso Míguez pola «insostible» situación da empresa

    O persoal de Pinturas Celso Míguez mobilizarase na Coruña mañá mércores, 30 de setembro, pola «insostible» situación da empresa. CCOO denuncia atrasos de varios meses na percepción dos salarios e unha completa «inacción» por parte da dirección, á que lle esixen un plan de viabilidade económica.

    Ademais do atraso no cobro das nóminas, estanse a dar casos de traballadores que «están causando baixa da empresa ante a gravidade da situación», apunta o sindicato. A isto cómpre engadir o «desabastecemento» que se padece nas tendas, que incide negativamente nas vendas e nos ingresos.

    Por todo isto, a primeira das mobilizacións previstas foi este mércores, de 11 a 13 horas diante da tenda situada na avenida Alcalde Pérez Arda.

  • Teleperformance A Coruña despreza ao persoal e a Inspección de Traballo

    Teleperformance, en A Grela, é unha empresa de Contact Center, que ocupa a máis de 800 empregadxs dando servizos a grandes multinacionáis tanto de telecomunicaciós, enerxéticas e outros servizos. Según indica na súa páxina web, forma parte do 20% de empresas que están contratando durante a crise sanitaria.

    O Comité de Empresa de Teleperformance A Coruña denuncia:

    Teleperformance nesta crise demostrou a súa incompetencia e falta de investimento para implementar o teletraballo. Obriga ao persoal a asumir todos os custos xerados polo traballo no domicilio (equipos, conexión a internet, luz…) sen recibir ninguna contraprestación. Incluso Teleperformance continúa cos descontos en nómina por desconexións alleas ao persoal a pesar da última Resolución de Inspección de Traballo, onde se indica que non poden facelo. Ler máis

    Teleperformace decide non continuar co departamento INFO R Telecable e Telecomunicaciones, despois de máis 20 anos sendo unha das campañas estrela da empresa.

    Ademais non acepta ningún tipo de solicitude do persoal por escrito ou correo electrónico, senón que obriga a empregar a súa ferramenta interna, sabendo dos seus múltiples fallos e carencias. Con esta práctica pretende alonxar ao persoal da representación sindical e incumpre os acordos acadados entre Comité e empresa en materia de canles de comunicación.

    Teleperformance toma decisións que afectan ao persoal de forma unilateral sen dar traslado e posibilidade de negociación á Representación Legal dos/as traballadores/as.

    POR TODO ISTO O comité de empresa convoca por estes motivos concentración de delegados/as o luns 20 de xullo ás 12:00 hrs. diante da delegación de Teleperformance A Coruña

  • CCOO asina un acordo para reforzar as medidas preventivas e compensar o persoal de Lidl polo esforzo realizado durante o estado de alarma

    Tras a folga convocada en solitario por CCOO-Servizos, a dirección de Lidl España rectificou e decidiu sentar a negociar co sindicato. O resultado é un acordo que reforza as medidas de prevención nos centros de traballo da cadea de supermercados e compensa tamén o esforzo realizado polo persoal desde que se estableceu o estado de alarma. Ler máis

    Entre as medidas preventivas cabe destacar o compromiso da empresa por controlar a cabida das tendas e a creación dunha comisión de seguimento COVID-19 para xestionar os posibles brotes e actuar en consecuencia. Por outra banda, chegouse tamén a un acordo para xestionar as horas negativas, isto é, as horas en que non se puido traballar pola redución do horario das tendas durante o estado de alarma.

    CCOO-Servizos valora de forma moi positiva este acordo, tanto polo seu contido, como por representar a finalización deste conflito colectivo e o cambio de actitude da empresa. Lidl ten aproximadamente oitocentos traballadores e traballadoras en Galicia e CCOO é o sindicato maioritario, con 16 delegados e delegadas, que supoñen a metade da representación sindical na empresa.

    Acordo Covi19 LIDL

  • O comité de empresa de Froiz na provincia da Coruña esixe xornadas de traballo continuas

    O comité de empresa de Froiz na provincia da Coruña convocou este mediodía unha concentración na cidade herculina para esixir xornadas de traballo continuas, de xeito que se facilite a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

    Actualmente, existen dúas modalidades de xornada nos centros de Froiz na provincia: partida e mixta. Neste segundo caso, o persoal goza de catro días con xornada continua e outros dous con xornada partida.

    Durante a pandemia da COVID-19, unha das medidas adoptadas pola empresa foi a xeneralización da xornada continua para todo o persoal. Malia se tratar dunha situación puntual, demostrouse que organizativamente era posible que todas as traballadores e traballadoras gozasen desta modalidade de xornada.