- Festivos locais A Coruña, aquí e aquí
- Festivos locais Lugo, aquí e aquí
- Festivos locais Ourense
- Festivos locais Pontevedra
- Festivos Galicia (DOG)
- Apertura domingos e festivos comercio (DOG)
- Festivos resto comunidades (BOE)
Categoría: Unión Comarcal A Coruña
-
CCOO Servizos revalida a maioría nas eleccións de Inelcom A Coruña
Hoxe, 8 de agosto, celebráronse eleccións na empresa
INELCOM na Provincia de A Coruña obtendo un total de 3 delegados/as para
un comité de 5.Este
resultado fai que manteñamos a representación acadada por CCOO fai
catro anos, onde se elexiran 3 delegados de persoal, obtendo deste xeito a maioría no Comité de Empresa. Estos resultados acadados nun
escenario complexo, onde partiamos cunha candidatura totalmente renovada, son o
resultado do traballo e compromiso demostrado polos nosos
compañeiros/as durante os últimos catro anos.CCOO
Servizos amosa o seu agradecemento a todas as persoas que participaron
neste proceso e en especial ás que co seu voto depositaron a súa
confianza en Comisións Obreiras.CCOO
Servizos quere dar os parabéns tamén a todos os traballadores e
traballadoras renovando o noso compromiso para levar a cabo o mellor
traballo posible en defensa dos intereses de todo o cadro de persoal. -
Mobilizacións no comercio vario da Coruña e do comercio téxtil de Ourense no primeiro día de rebaixas
O sector do comercio vario da
provincia da Coruña e o comercio téxtil da provincia de Ourense
mobilizaranse o próximo venres, día 29 de xuño, cadrando co inicio
das rebaixas. Os sindicatos Comisións Obreiras (CCOO), UGT e CIG,
que promoven as mobilizacións, denuncian que as patronais de ambos
os dous sectores pretenden «condenar» os traballadores e
traballadoras «a salarios conxelados ou de miseria». «As rebaixas,
nos prezos, non nos nosos dereitos», advirten.No caso do comercio vario coruñés, CCOO, CIG e UGT rexeitan as pretensións da patronal de recortar dereitos na negociación do novo convenio. Os sindicatos salientan especialmente a «teima» das empresas do sector en eliminar o dereito do persoal a cobrar o salario íntegro en casos de incapacidade temporal. O aspecto salarial tamén é relevante, xa que os soldos non se actualizan desde xuño do 2015 e a oferta empresarial é só do 1 %, sen incluír atrasos de anos anteriores.
En materia de contratacións, as empresas pretenden seguir «aproveitándose» dos contratos formativos para contar cunha porcentaxe de persoal cobrando o salario mínimo. Na mesma liña, néganse a establecer un sistema que diminúa a contratación a tempo parcial e que garanta o aumento das xornadas parciais non desexadas.
Tampouco hai avances sociais: ofrecen oito horas anuais para acompañamento médico de fillos ou fillas ou excedencias sen salario para ‘facilitar’ a conciliación.
Canto ao comercio téxtil ourensán, a proposta das empresas situaría os soldos «lixeiramente por riba do salario mínimo» no ano 2020. Para a Federación de Servizos de Comisións Obreiras, isto sería «indecente», amais de non cadrar «cuns cadros de persoal formados e profesionalizados».
Coa oferta empresarial na man, unha dependenta que en 2010 cobrase 873,19 euros mensuais chegaría ao 2020 cobrando 925,58, isto é, un incremento de só 52,39 euros en toda unha década. Para ese mesmo exercicio, a proposta de SMI é de 850 euros, polo que a proposta da patronal deixaría ese colectivo apenas 75,58 euros por riba dese mínimo.
A maiores, CCOO denuncia que a patronal quere «facer desaparecer de súpeto» todo o período 2011-2017 e eliminar calquera suba salarial ou pagamento de atrasos para eses anos. Ademais, négase a negociar a redución da xornada anual, o incremento da garda legal ata os catorce anos ou o aumento dos días de lactación, polo que se dificulta a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.
Concentracións 29 de xuño
- Ferrol: concentración ás 12 horas na entrada principal do Centro Comercial Odeón
- A Coruña: concentración ás 11:30 horas na praza de Lugo
- Santiago de Compostela: concentración ás 11:30 horas na praza de Galicia (fronte ao Zara)
- Ourense: concentración ás 19 horas diante do Zara (rúa do Paseo)
-
Sector do Comercio Vario da Coruña: nin atrasos, nin redución de xornada ata os 14, nin complemento por incapacidade
A patronal négase a pagar os atrasos do convenio, a ampliar a redución de xornada ata os catorce anos e insiste en penalizar as baixas por incapacidade (segue)
Dende as tres centrais sindicais,
CCOO-CIG-UGT,
na última reunión mantida ca patronal o dia 8 de maio deixamos moi
claro, unha vez máis, que o complemento por incapacidade nas baixas
NON SE TOCA.
Non imos permitir que a patronal aproveite a negociación do convenio
para recortar os dereitos de todas as traballadoras e traballadores
do comercio da provincia da Coruña, e perder o dereito o cobro do
100% cando se está enferma ou enfermo.A patronal segue a insistir en eliminar
o cobro do 100% na situación de baixa médica, culpando ás
traballadoras e traballadores do absentismo que, según eles, existe
no sector, co cal os nosos salarios se verían seriamente reducidos.Levamos dende xuño de 2015 sen
actualizar os nosos salarios e a patronal ofrece un mísero 1% para
cada ano pero sen cobrar atrasos deses anos e perdendo poder
adquisitivo.Négase a recoñecernos o dereito á ampliación por garda legal ata os 14 anos de idade tal e como se ven
recollendo noutros convenios, dereito necesario para poder conciliar
a nosa vida laboral coa familiar.As traballadoras e traballadores do
sector do comercio estamos fartas e fartos de escoitar reunión tras
reunión, que o comercio está en crise, cando todas e todos nós
sabemos que iso non é así, todas e todos nós traballamos no
sector e sabemos o que se factura nas tendas, e non é que sexa pouco
e saian perdendo, é que queren gañar máis a conta de recortarnos os
dereitos de todas e todos nós. Por iso debemos demostrar que no
sector do comercio onde traballamos milleiros de traballadoras e
traballadores, estamos máis unidos ca nunca e que imos loitar pola
mellora dos nosos dereitos.Levanta a túa voz e participa nas
asembleas informativas que se van celebrar nas vindeiras datas para
acordar un calendario de mobilizacións en defensa dos nosos
dereitos!!!ASAMBLEA
XERAL DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO COMERCIO VARIO, O 29 DE
MAIO AS 22:30H.Coruña:
Edificio Sindical – Salón de Actos – Alfonso Molina s/n.Ferrol:
Edificio Sindical – C/ María nº 42.
