Categoría: Unión Comarcal A Coruña
-
CCOO Servizos mellora a súa representatividade nas eleccións de Universal Support (Coruña)
Hoxe xoves, 23 de novembro, celebráronse eleccións na empresa Universal Support na Provincia da Coruña obtendo un total de 6 delegadas para un comité de 13.Estas eleccións corresponden ao persoal de traballadores e traballadoras externos, adicadas a actividades de Contact Center para diversos clientes (Banco Popular, Abanca, R, HIBU…).Este resultado mellora a representación anterior de CCOO, incrementando nunha delgada o resultado de fai catro anos.CCOO Servizos amosa o seu agradecemento a todas as persoas que participaron neste proceso e, en especial, ás que co seu voto depositaron a súa confianza en Comisións Obreiras.CCOO Servizos quere dar os parabéns tamén a todos os traballadores e traballadoras, renovando o noso compromiso para levar a cabo o mellor traballo posible en defensa dos intereses de todo o personal. -
Paralízanse as mobilizacións de comercio vario da Coruña ante a convocatoria da constitución da mesa negociadora
As mobilizacións realizadas pola CIG, CCOO e UGT no sector do comercio vario da provincia da Coruña deron resultado, pois as patronais convocaron unha xuntanza o vindeiro 21 de novembro, na que se constituirá a mesa negociadora. Por esta razón, paralízanse as mobilizacións previstas para os seguintes días.
Este primeiro paso permítenos desbloquear a negociación. Agora, o noso obxectivo é insistir ata conseguir o asinamento dun novo convenio.
As tres centrais sindicais informarán puntualmente da situación da negociación. -
Comercio Vario Coruña: a patronal non quere negociar un novo convenio
A
vixencia do Convenio Colectivo do Comercio Vario da provincia da Coruña rematou
en decembro de 2015 e actualmente está en ultractividade ata o 30 de xuño de
2018.Atopámonos con que moitas das asociacións patronais afectadas por este convenio non quere
sentarse a negociar, impedindo que poidamos constituir a mesa de negociación. Fixeron caso omiso dunha solicitude de
mediación tramitada polos sindicatos a través do Consello Galego de Relacións
Laborais.O grave problema que isto provoca é que SI NON SE ASINA UN NOVO CONVENIO, ESTE DESAPARECE, desaparecendo por tanto os dereitos
acadados e con consencuencias demoledoras.Non se
cobraría o 100% nas baixas, conxelaríanse os salarios, reduciríanse ao mínimo as
licenzas retribuídas e poderían contratar
novo persoal cobrando só os 707,60 euros brutos de salario mínimo
interprofesional, aplicaríase o
Estatuto dos Traballadores sen nengunha
mellora, DEIXANDO O SECTOR EN PRECARIEDADE TOTAL.Ante
esta situación, estamos a
realizar as actuacións necesarias para forzar á patronal a sentarse a negociar
e conseguir o mantemento do Convenio
de Comercio da provincia da Coruña.PARA
INFORMARTE DE PRIMEIRA MAN, PARA CALQUERA APORTACIÓN E PARTICIPAR NÁS DECISIÓNS
QUE SE TOMEN POLA LOITA DOS NOSOS DEREITOS, ACUDE AS ASAMBLEAS, CONCENTRACIÓNS
E MOVILIZACIÓNS QUE IREMOS COMUNICANDO.PROXIMA
CONCENTRACIÓN 17 DE NOVEMBRO AS 12:00 HORASPlaza
Galicia – SantiagoPlaza de
Lugo – A CoruñaCentro
Comercial Odeón – Ferrol