Categoría: Unión Comarcal A Coruña
-
Firma do Convenio Colectivo de NH Atlántico Coruña
Onte martes, 5 de setembro, asinouse o convenio colectivo do Hotel NH Atlántico da Coruña por CCOO e USO con vixencia 2016 – 2018 e tras a aprobación en asemblea pola totalidade do persoal.Este Convenio mantén as condicións do anterior e a importancia da súa firma radica en que mantén vixencia con ultractividade, máis alá de agosto de 2018, data en que se renegocia a concesión do hotel, permitindo o mantemento das melloras sobre o provincial de hostalaría, con independencia da empresa hoteleira que puidese facerse coa concesión e coa garantía dun incremento salarial do 4% nos tres anos de vixencia, rompendo así coa conxelación salarial de anos anteriores. -
CCOO Servizos consegue a maioría absoluta e mellora resultados nas eleccións de DIANA PROMOCIÓN (A Coruña)
Hoxe martes, oito de agosto, celebráronse
eleccións na empresa DIANA PROMOCIÓN S.A., Provincia da Coruña.Estas eleccións
corresponden ao persoal de traballadores e traballadoras externos, adicadas a actividades de reposición «MERCHAN» nos
centros de traballo de Alcampo Coruña, Alcampo Santiago, Carrefour
Alfonso Molina, Carrefour Os Rosales e Carrefour Coristanco, co
seguinte resultado: CCOO 4 – UXT 1.Este resultado
mellora a representación anterior de CCOO incrementado nunha delgada
o resultado de fai catro anos.CCOO Servizos amosa o seu agradecemento a todas as persoas que participaron neste proceso e en especial ás que co seu voto depositaron a súa confianza en Comisións Obreiras.
CCOO Servizos quere dar os parabéns tamén a todos os traballadores e traballadoras xa que con este resultado se renova o compromiso adquirido nas urnas e ponse a disposición para continuar defendendo os intereses laborais.
-
Desconvocada a folga de Lefties (Inditex) en Vigo
Motivado pola falla de personal e a conseguinte sobrecarga de traballo nas dúas tendas de Lefties de Vigo, o Comité de Empresa de Zara España na
provincia de Pontevedra convocou unha folga para o próximo venres 30 nas devantitas tendas. Os contactos coa
dirección da empresa deron os seus froitos e conseguironse cinco novas
incorporacións, o incremento a 40 horas a dúas traballadoras na tenda de
Gran Vía e unha na de Progreso, quedando así desconvocada a folga.Por parte de CCOO creemos que estes reforzos deben axudar a paliar a excesiva carga de traballo que soportan as traballadoras.