Categoría: Unión Comarcal A Coruña

  • Os traballadores e traballadoras de Contact Center presionan á patronal para desbloquear o Convenio

    A negociación do novo Convenio leva atrancada 20 meses a pesar de que desde CCOO se expuxeron multitude de propostas co fin de chegar a un acordo coa patronal.
                Con todo, para esta hai tres escollos fundamentais. O tema salarial, onde CCOO pide que a subida de 2016 sexa desde o 1 de xaneiro, non desde firma de convenio; a subcontratación por ETT’s ou Multiservicios, onde o sindicato quere equiparar os seus dereitos laborais; e outro escalado de horas médicas, un tema no que CCOO propón que se inclúa o acompañamento até os 14 anos.
                Hai convocados novos paros para o xoves 29 de Setembro e unha folga de 24 horas o xoves 6 de outubro se a patronal non rectifica.
    Imaxes das concentracións do día 23 en Galicia:
  • Convenio Colectivo de Comercio Alimentación da Coruña: non imos negociar retrocesos

    O día 23 de setembro, a representación da Federación de Servizos participou nunha nova reunión na mesa de negociación do Convenio Colectivo de Comercio
    Alimentación da Coruña.

    Tras varias reunións
    anteriores de intercambio das plataformas de cada unha das partes, por fin entramos en materia.

    Ao comezo da
    reunión, como declaración previa de intencións e tras analizar
    detalladamente a plataforma presentada pola patronal, a
    representación de CCOO deixou claro que a negociación deste
    convenio ten que pasar por mellorar as condicións do convenio, pero
    xamais entraremos a discutir condicións que empeoren o actual.

    Nesta reunión
    empezamos a tratar artigo por artigo cada un dos diferentes capítulos
    do convenio, falando principalmente de contratación, categorías e
    xornada, adquirindo ademais o compromiso dunha reunión semanal para
    poder avanzar na negociación.

    CCOO incidiu
    primordialmente nesta reunión no grave problema do sector con
    excesos de xornada e horas extras non abonadas, ademais da situación
    de precariedade dos contratos de tempo parcial, presentando solucións
    mediante a colocación de sistemas de fichaxes ou consolidación de
    horas complementarias para que a xente de tempo parcial poida chegar
    a ter unha xornada completa e regulada.

    https://www.facebook.com/ServizosCCOO

    https://twitter.com/servizosccoo

  • Convocatoria e normas do Proceso Congresual da Federación de Servizos de Galicia

    O Consello Federal reunido o 14 de setembro de
    2016 procedeu á convocatoria do II Congreso CC.OO. Servizos de Galicia, que
    terá lugar en Santiago de Compostela o trece de marzo de 2.017.

    O proceso congresual iniciarase o día doce de
    decembro de 2016 coas asembleas de primeiro nivel e, en sentido ascendente,
    culminará coa celebración do II Congreso da Federación de Servizos de Galicia.

    Na documentación queda anexado con data 20.09.2016 o documento
    específico de contido organizativo sobre o desenvolvemento do proceso .

    Anexo GL Anexo ES

  • Concentración en A Coruña polo Convenio Colectivo de Contact Center

    Enmarcada na
    convocatoria de concentracións en todo o Estado, hoxe xoves 15 de setembro, manifestámonos na
    Coruña, a carón do Obelisco por:

    • Un salario
      digno

    • Estabilidade
      e seguridade laboral

    • Finalización
      da precariedade

    • Cumprimento
      da lei

    • Limitación
      das subcontratas

    • Desenvolvemento
      da igualdade e conciliación

    Despois de dous anos
    negociando, a patronal ignora as propostas presentadas. 

    Circular

     

  • A Federación de Servizos convoca a unha asemblea aos seus delegados das comarcas de A Coruña e Ferrol

    Coa finalidade de expoñer a situación actual da Federación de Servizos de Galicia aos delegados das comarcas de A Coruña e Ferrol, convócase unha asemblea que terá lugar o próximo 21 de setembro ás 11:00 no salón de actos do Edificio Sindical de A Coruña, Av. Alfonso Molina, km 2, planta baixa.