Categoría: Unión Comarcal A Coruña

  • Nova reunión do Convenio Colectivo de Comercio Alimentación da Coruña

     O mércores 6 de setembro mantivemos unha nova reunión do Convenio
    Colectivo de Comercio Alimentación da Coruña.

    O punto primordial da reunión era pedir que a patronal clarificase a
    pseudo-plataforma que entregou na reunión anterior que non
    detallaba as pretensións que tiña respecto a cada un dos apartados
    negociables: salarios, xornada, contratación, etc.

    Unha vez detallada a Plataforma Patronal, xa nos queda clara a súa
    intención de modificar todos os aspectos do convenio. Poñemos como
    exemplo das súas pretensións as seguintes:

    – Incrementar o tempo necesario para promocionar de nivel.

    – Incrementar os períodos de proba.

    – Dar carta branca ao contrato de interinidade para evitar
    incrementar a contratación indefinida.

    – Dar máis facilidades para a contratación a tempo parcial con
    horarios irregulares que poñen a plena disposición da empresa.

    – Abonar como hora ordinaria as horas extras diarias e reducir o pago
    das de domingos e festivos.

    – Recortar e complicar a xustificación das licenzas retribuídas.

    – Reducir o abono do salario en caso de enfermidade e complicar a
    xustificación mediante actuación das mutuas.

    – Eliminar calquera posibilidade de concreción horaria por
    maternidade e reducir os días de lactación.

    – Un convenio para cinco anos cuns Incrementos salariais ridículos:

    2016.- 0%

    2017.- 0,25%

    2018.- 0,25%

    2019.- 0,5%

    2020.- 0,5%

    – E para rematar preséntannos un intento de modificación do réxime
    disciplinario que polo seu tamaño e detalle parécese máis a unha
    copia do Código Penal ou da famosa ?Lei Mordaza?, que facilita a
    sanción ou o despedimento case polo feito simple de respirar.

    Unha vez máis, a patronal do Comercio Alimentación vai ao seu, e
    esquécese dos problemas dos traballadores e traballadoras do sector:

    – Falta de control de presenza mediante fichaxe, con excesos de
    xornadas e horas extras realizadas e non abonadas.

    – Precariedade salarial e exceso de contratación a tempo parcial.

    – Imposibilidade de conciliación da vida laboral e familiar.

    – Nula intención de mellorar en materia de saúde laboral e
    prevención de riscos.

    Sen dúbida seguimos moi afastados e cunha visión totalmente
    diferente da situación actual: onde eles falan de crise, nós, dos
    datos reais sobre a mellora da economía, como indican os seus
    propios informes sobre o incemento de beneficios presentados nos
    medios de comunicación.

    https://www.facebook.com/ServizosCCOO

    https://twitter.com/servizosccoo

  • CCOO Servizos e UGT conseguen desbloquear a situación das empregadas e empregados de ALN (Contact Center) Coruña

    No día de hoxe firmouse un ERE extintivo dentro de concurso cunha indemización de 20 días por ano, que sufragará o FOGASA. Co fin de axilizar o proceso non se fixo uso do período de consultas e procedeuse a entregar ao xuíz o acordo xa firmado. Deste xeito, as traballadoras e traballadores do ALN Coruña saen do «limbo» laboral no que se atopaban ata o de agora, xa que non tiñan carga de traballo, nin salarios, nin tampouco podían abandonar o seu posto.

    Ademais conseguiuse un permiso retribuido ata que o xuíz dictamine e que se abonen as pagas extras atrasadas.
  • Catro partidos políticos votan unha moción conxunta en solidariedade con ALN Coruña

    Tal como relatabamos o 15.06.2016, a situación das traballadoras e traballadores de ALN na Coruña segue a ser de total indefensión. Por ese motivo dende CCOO Servizos promovimos no día de onte unha moción no Concello de A Coruña a cal foi votada favorablemente por PSOE A Coruña, Marea Atlántica, BNG da Coruña,. e Partido Popular da Coruña.

    En prensa:
  • Readmisión despedidos BBVA. Ante a súa agresión, a nosa resposta Colectiva

    BBVA procedeu a despedir, sen apertura de Expediente Disciplinario previo, e por tanto en clara situación de indefensión, a 14 persoas á vez, baixo a acusación de «ruptura da boa fe contractual, por baixa produtividade». Maioritariamente ocupaban postos Comerciais, aínda que tamén hai algún GAC, todos na Rede de Oficinas.

    Que se despediran a dúas
    persoas por Territorial, coa excepción de 3 no Centro e 1 en
    Canarias, xa dá unha idea clara de que esta medida non ten
    nada que ver coa obxectividade nin coas persoas afectadas.
    Estamos ante unha agresión directa contra o emprego do
    conxunto do persoal. Buscan preparar o terreo e AMEDRENTAR ao
    conxunto de traballadores e traballadoras do BBVA. A orixe desta
    forma de actuar é consecuencia da mediocridade e incapacidade
    dos directivos do banco. Lonxe de asustarnos, só cabe responder
    coa contundencia que o momento require.

    Por ese motivo nos manifestamos, ao igual que outras capitais de provincia, onte en A Coruña:

  • «Imos ao traballo, sen cobrar e sen nada que facer»

    «La Voz de Galicia» publica hoxe unhas declaracións de Pilar Pérez delegada de CCOO Servizos e presidenta do comité de empresa de ALN na Coruña nas que explica a situación de 55 traballadores da empresa que viron como a situación laboral se foi degradando, ao pasar de atrasos nas nóminas e concurso de acredores, a ver rescindido o contrato co seu cliente principal, Hibu, e ter que ir ao traballo sen cobrar e sen nada que facer.

    Ademais, o Grupo Konecta gañou o concurso para xestionar a campaña de Hibu, pero ata que ALN rescinda os contratos, Konecta non se fai cargo da antigüidade dos traballadores. Ademais é necesario que Inspección de Traballo emita unha acta de falta de ocupación efectiva para poder solicitar a restrición de contrato no xulgado, para que, segundo comenta Pilar Pérez, se manteñan os postos de traballo.
    Máis información aquí e aquí