Categoría: Unión Comarcal A Coruña

  • CCOO Servizos gaña as eleccións en Egasa XXI A coruña e revalida a súa maioría

    A Federación de Servizos de CCOO de Galicia gañou as eleccións sindicais celebradas hoxe en Egasa XXI. A candidatura proposta polo sindicato logrou tres delegadas e dous delegados, sendo a única que se presentou.

    Cabe salientar que nas anteriores eleccións tamén conseguiu a maioría a pesar presentarse unha candidatura da CIG, que non conseguiu votos suficienters para obter un delegado.
    CCOO agradécelles aos traballadores e traballadoras a participación no
    proceso electoral e a confianza depositada.

  • CCOO Servizos revalida a súa maioría en Mutua Gallega A Coruña

    Nas eleccións celebradas no día de onte en Mutua Gallega de A Coruña as traballadoras e traballadores revalidaron a súa confianza, repetíndose os mesmos datos que no comité anterior, no cal CCOO obtivo cinco delegados, metres que UGT acadou catro.

    CCOO agradécelles aos traballadores e traballadoras a participación no
    proceso electoral e a confianza depositada na candidatura deste
    sindicato.

  • CCOO-Servizos traballará para homoxeneizar condicións laborais en Inditex

    A Federación de Servizos de CCOO de Galicia organizou este martes
    unha reunión coa representación legal do grupo de empresas de Inditex
    para marcar criterios de unificación da negociación e tamén traballar na
    homoxeneización das condicións laborais.

    Segundo CCOO-Servizos, existen diferenzas salariais e en materia de
    dereitos sociais entre o persoal destas empresas, incluso no caso das
    encadradas na mesma comunidade autónoma. En concreto, o sindicato
    destaca as diferenzas entre o colectivo de traballadores e traballadoras
    da rede de tendas respecto do departamento loxístico da empresa.

    CCOO-Servizos quere pór fin a esta «discriminación», xa que o persoal
    das tendas é, a final de contas, «a imaxe da marca Inditex». Por iso,
    esta federación traballará seguindo o criterio de unificar as condicións
    laborais no ámbito autonómico, co obxecto de reducir as diferenzas ata
    que desaparezan.
    O sindicato tamén «traballará arreo» para combater a precariedade e a
    eventualidade na empresa, xa que un dos principios básicos de CCOO é a
    defensa do emprego digno e de calidade «e así se vai esixir en canta
    mesa de negociación houber».
     

  • CCOO Servizos gaña as eleccións en HP (contact center) A Coruña

    A Federación de Servizos de CCOO de Galicia gañou as eleccións sindicais
    en HP Coruña. A candidatura presentada  polo sindicato logrou tres representantes mentres que a CIG ficou con dous. 

    HP ven de sufrir EREs, a parte de realizar unha cesión de negocio a outras empresas co cal o personal pasou de máis de trescentos traballadores nas anteriores eleccións a pouco máis de oitenta.
    CCOO agradécelles aos traballadores e traballadoras a participación no
    proceso electoral e a confianza depositada na candidatura deste
    sindicato.
  • Reunión de delegadas e delegados de CCOO Servizos do Grupo Inditex

    O
    vindeiro 5 de abril
    terá
    lugar en Santiago
    a primeira
    reunión de representantes da
    Federación de Servizos de
    CCOO Galicia
    no
    Grupo Inditex,
    onde, entre outras
    cuestións,
    se analizará
    a situación da Negociación Colectiva das
    marcas que forman parte dese grupo (Zara,
    Berska, Stradivarius, Lefties, …).

    Unificar criterios en canto a negociación,
    potenciar a coordinación para aproveitar os recursos que o sindicato
    pon á súa disposición, mellorar a comunicación e aumentar a
    afiliación serán cuestións que centrarán o encontro.

    Preténdese
    incrementar o compromiso de posta en común periódica aportando
    experiencias e intercambiando criterios sobre problemática laboral e
    traballo sindical, así como coñecer de primeira man a situación do
    personal de cada centro de traballo.