







O pasado día 12 celebráronse eleccións en Mugatra, proceso no que CCOO Servizos mellorou a
representatividade a pesar da redución de persoal respecto ás anteriores
eleccións. Ademais, por este motivo cabe salientar que desta volta pasa
a ser comité provincial.
Queremos destacar o excepcional traballo realizado por David Pazos que ademais é o presidente da Comisión Intercentros.
Dende
CCOO queremos agradecer ás traballadoras/es a
confianza depositada na nosa organización.
|
ércores 27 de xaneiro de 2016 constituiuse
a Mesa Negociadora do Convenio Colectivo de Comercio Alimentación da
Provincia da Coruña, dando inicio ao proceso de negociación.
Un
Convenio de gran relevancia que regula as condicións laborais de
multitude de traballadores e traballadoras de pequenas tendas de
alimentación en toda a provincia, carnicerías, pescaderías,
conxelados, etc, ademais
de grandes cadeas de supermercados como GADIS ou FROIZ, tanto nas
súas tendas como centrais de distribución.

Estamos
convocados no mes de febreiro a unha nova reunión, á que CCOO
acudirá consciente da responsabilidade de conseguir un bo acordo,
que permita mellorar as condicións de traballo dun número tan
importante de persoas que traballan no sector.
Seguiremos
informando puntualmente de todas as novidades ou acontecementos que
vaian aparecendo durante esta negociación, mediante as nosas
ligazóns:
Tal como informabamos o pasado día 18.01.2016, as eleccións do colexio de técnicos foron impugnadas, polo que hoxe se repetiron tralo laudo. A continuación detallamos os resultados finais:
O pasado 13 de xaneiro celebráronse eleccións sindicais en Distribuciones Froiz A Coruña. Debido a que o grupo Froiz ven de facer unha reestruturación das súas empresas,
fusionando as antigas Froiz SA, e Lorenzo Froiz SA, dentro de
Distribuciones Froiz SA, non existen datos homoxéneos para establecer unha comparativa.
A estas eleccións concurriron as centrais sindicais CCOO, UGT, e CIG, tanto en colexio de técnicos como de especialistas. O de técnicos ten
que voltar a celebrarse porque foi impugnado. Os datos no colexio de
especialistas foron os seguintes:
-CCOO: 8 delegados
-UGT: 3 delegados
-CIG: 4 delegados
Agradecemos a participación e a confianza posta na candidatura de CCOO