Categoría: Union Comarcal Arousa

  • Concentración contra o despedimento de dous delegados de CCOO de Eurostars Gran Hotel La Toja

     En xuño de 2015,
    o grupo Hoteleiro Hotusa, tras facerse cargo da xestión do Gran Hotel La Toja, presentou ás traballadoras e traballadores cartas
    de subrogación nas que se garantían os postos e as condicións de
    traballo
    . Meses despois, e amparado en informes económicos
    desfavorables expresou a súa intención de pechar as súas portas en
    tempada baixa.

    Mediante un ERTE establecéronse axustes
    nas xornadas laborais cun tope de 1.300 horas no ano 2016 para evitar
    pechar ao público, compensando períodos de menor e maior afluencia.

    Porén, neste último
    verán a empresa negociou de forma individual cos afectados o cambio
    de contrato fixo a fixo discontinuo, evitando a negociación
    colectiva e presionando de todos os xeitos posibles para que os
    sindicatos aceptasen esta medida, feito ao que Comisións Obreiras
    non cedeu e ao que se opuxo rotundamente.

    CC.OO asegura que as
    dúas persoas despedidas se caracterizaron polo firme rexeitamento ao
    expediente de regulación de emprego
    (ERE) formulado pola dirección
    do grupo Hotusa, que explota as instalacións. Asemade, denunciaron
    incumprimentos da cadea hoteleira, como o non pagamento das horas
    extras realizadas durante a vixencia do ERE, xa que o acordo asinado
    entre o comité e a dirección fixaba un máximo de 1.300 horas
    anuais, que se acabou superando. Tamén se opuxeron á destrución
    dos contratos fixos e de maiores de 55 anos, que foron sustituídos
    por fixos discontinuos, por xente xoven con salarios de miseria e
    alumnos en prácticas
    .

    Cabe salientar que
    esta política de represión sindical de Hotusa estase aplicando con
    igual intensidade no Hotel de la Reconquista de Oviedo con despidos
    de integrantes do comité de empresa.

    Comisións lamenta
    tamén a pasividade e falta de solidariedade amosada polos outros
    sindicatos con representación na empresa, CIG e CSIF, que ademais
    non acudiron á concentración.

    concentración LaTojaconcentración LaToja

    Máis imaxes

    Video: intervención de Isabel, unha das despedidas

    En «La Voz de Galicia»

  • Desconvocada a folga de Comercio-Alimentación da provincia de Pontevedra

    Nas asembleas celebradas no día de hoxe, cunha participación de máis de 300 persoas, e que foron convocadas para valorar o preacordo ao
    que se chegou o pasado día 2 e decidir sobre a folga convocada para
    os días 5 e 7 de decembro, decidiuse por unanimidade validar os termos do acordo
    acadado entre a patronal e os catro sindicatos presentes na mesa de
    negociación, coa participación en calidade de mediadores do AGA de
    Jose Mª Casas e Ana Pouso.

    Os termos de este acordo de mellora sobre o actual convenio son os
    seguintes:

    negociadores CCOOasemblea

    • Vixencia de catro anos cun incremento en tódolos conceptos
      económicos do 1% para 2016, 1% para 2017, 1´5% para 2018 e 1´5%
      para 2019. No referente a xornada, 20 minutos de descanso
      retribuído para xornadas continuadas de máis de 6 horas.

    • No referente a xornada, 20 minutos de descanso
      retribuído para xornadas continuadas de máis de 6 horas.

    • Prioridade para as contratacións de tempo parcial para ocupar as
      vacantes a tempo completo e consolidación do 50% das horas
      complementarias estruturais traballadas nun período de 18 meses.

    • Dereito ao desfrute de 16 días de vacacións entre o 1 de xuño e o
      30 de setembro para o 100% do cadro de persoal, manténdose as
      condicións máis beneficiosas.

    • Nos casos
      de solicitude de licenza por asuntos propios elimínase a obriga de
      presentar xustificante.

    • Posibilidade de acumular o período de lactación nun total de 22
      días consecutivos.

    • Ampliar aos 14 anos do fillo a posibilidade de
      redución de xornada por garda legal.

    • Ampliar ata os cinco anos a excedencia por
      coidado de fillos con reserva do posto de traballo, e ata 3 anos de
      duración para atender o coidado dun familiar ata o 2º grao de
      consanguinidade ou afinidade.

    • Acórdase a constitución dunha comisión a fin de tratar
      determinadas cuestións do Convenio Colectivo durante a vixencia do
      mesmo.

     Por parte de CCOO facemos unha valoración positiva deste acordo,
    tendo en conta que se axusta ao obxetivo principal que tiñamos no
    inicio desta negociación que era mellorar as condicións do anterior
    convenio. Con este novo convenio acadamos melloras na necesidade de
    conciliación, nas condicións das persoas contratadas a tempo
    parcial e unha mellora nas condicións económicas que estaban en
    risco pola insistencia da patronal na conxelación da antigüidade, a
    eliminación da promoción profesional automática e a eliminación
    do complemento para as situación de baixa por IT.

    CCOO tamén queremos facer unha especial mención á participación
    activa dun gran número de traballadores e traballadoras nas
    asembleas, que nos puxeron as cousas un pouco máis doadas,
    reforzando a parte social na mesa negociadora.

    A partires de agora CCOO pómonos a disposición das persoas
    traballadoras do sector, para acadar a necesidade de que as
    condicións recollidas no convenio se cumpran. Nesta central sindical
    temos claro que non podemos relaxarnos unha vez acadado o acordo, e
    que calquera convenio non é bo nin malo por si mesmo, senón porque
    realmente se aplique.

  • O Gran Hotel La Toja (HOTUSA) faltou á súa palabra sobre o emprego e incumpriu o acordado no ERE

    • Defendamos os nosos dereitos laborais, defendamos os postos de traballo da xente da comarca e da vila!
    • Pactos incumpridos por parte da empresa HOTUSA. Hai culpables, basta de abusos, loitamos polo emprego
    • Pola estabilidade na nosa localidade. Aféctanos a todos, tomos somos afectados!
    • Se non loitamos polo noso futuro e o benestar na nosa terra, que futuro queda para a nosa xuventude?
    • Si ao traballo, si á defensa dos nosos dereitos! Si á liberdade de expresión!
    • Non á represión contra Comisións Obreiras e os seus delegados e delegadas!
    • Basta xa de castigos a abusos laborais desta empresa.
    Concentración: 9 de decembro – 11 hrs. – Diante do Concello do Grove
    BASTA DE REPRESIÓN SINDICAL!  DESPEDIDOS READMISIÓN!
  • Negociación para a mellora de condicións laborais en Randstad Pontevedra

    O pasado mércores 23 de novembro celebrouse unha reunión do Comité co obxectivo de mellorar as condicións
    de traballo do persoal desta empresa de multiservizos en dous aspectos
    principais: o tempo de traballo e as condicións económicas. Posteriormente tivemos unha
    asemblea nos locais de CCOO en Vigo este sábado día 26 á que asistiu máis da
    metade do persoal. 

    Nesta asemblea explicouse a proposta que
    sobre bolsa de horas e melloras salariais se trasladou por parte do Comité de Empresa (formado por 5 persoas de CCOO) nesa reunión coa dirección, así como a
    intención de mellorar as condicións de traballo tanto a nivel estatal coa
    negociación de renovación do Convenio Colectivo de empresa, como nos centros de
    traballo desta provincia. 

    Un dos problemas que se detectou neste primeiro encontro coa Dirección foi a falta de disposición a aceptar a proposta
    do Comité por entendela desmesurada e non axustada ao actual Convenio de Empresa que se atopa en ultractividade.

    Tras expoñer a situación aos asistentes á
    asemblea, decidiuse que o Comité prepare unha nova proposta buscando o
    obxectivo xeral inicial de mellora de condicións e se volte a presentar á
    dirección, valorando a posibilidade de iniciar mobilizacións no caso de que as
    súas xustas reivindicacións non se teñan en conta.