Categoría: Union Comarcal Ferrol

  • Da tranquilidade ao medo: CCOO Servizos denunciamos que Froiz volve deixar sen protección a tenda de Caranza

    Ferrol, 24.04.2025 — O persoal da tenda Froiz situada na rúa Juan de Austria, no barrio de Caranza (Ferrol), quere facer pública a súa preocupación pola recente decisión da empresa de retirar o servizo de vixilancia privada, medida que fora adoptada logo dunha mobilización do cadro de persoal e da intervención dos delegados e delegadas da CCOO.

    Durante as semanas en que estivo activo o servizo de vixilancia, constatouse unha mellora notable no ambiente de traballo. Grazas á súa presenza, desapareceron as ameazas directas aos traballadores e traballadoras, así como os roubos que viñan sufrindo desde hai tempo. Esta mellora xerou unha sensación de tranquilidade e seguridade tanto no persoal como na clientela.

    Unha decisión incomprensible e perigosa

    A retirada do servizo de vixilancia supón un retroceso grave, que xa comeza a traducirse nun novo aumento da tensión no establecemento. O medo a acudir ao traballo volve estar presente entre o cadro de persoal, que sente unha vez máis desprotexida ante situacións que poñen en risco a súa integridade física e psicolóxica.

    Cómpre lembrar que a tenda de Caranza se atopa nun contexto social especialmente complexo, no que existen situacións de exclusión e vulnerabilidade que ás veces teñen impacto directo na dinámica do establecemento. Estes factores, que non se dan con igual intensidade noutras tendas da empresa, orixinan conflitos que fan necesario manter medidas de protección estables e adecuadas.
     

    Demandas reiteradas

    Desde a sección sindical de CCOO reiteramos as nosas demandas xa expostas na anterior mobilización:

    • Restablecemento inmediato do servizo de vixilancia privada na tenda de Caranza.
    • Formación específica ao persoal para afrontar situacións de risco de maneira segura e eficaz.
    • Creación e aplicación dun protocolo claro de actuación ante roubos, intimidacións e agresións.
       

    Seguiremos mobilizándonos

    Queremos deixar claro que non estamos a pedir privilexios, senón o cumprimento de dereitos laborais básicos: poder traballar nun ambiente seguro e digno. Se a empresa non rectifica esta decisión irresponsable, o persoal non descarta retomar e intensificar as medidas de presión, comezando por una xornada de folga  e concentración, xa convocada para o próximo venres, 25 de abril, e novas concentracións.

    ____________________________________

    enlightenedActualización: A folga en Froiz Caranza deixa a tenda pechada grazas a un seguimento do 95%

    A xornada de folga convocada polo persoal da tenda Froiz de Caranza rematou cun seguimento masivo por parte do cadro de persoal, alcanzando o 95%, o que imposibilitou a apertura do establecemento ao público durante todo o día.

    Este éxito de participación demostra, unha vez máis, o fondo malestar existente entre as traballadoras e traballadores da tenda situada na rúa Juan de Austria, tras a decisión da empresa de retirar o servizo de vixilancia privada. Unha medida incomprensible que, tal como xa denunciamos, volveu xerar medo e inseguridade entre o persoal, despois dun período no que se conseguira recuperar un clima laboral tranquilo e protexido grazas á presenza dese servizo.

    Desde a sección sindical de CCOO Servizos queremos agradecer e poñer en valor o compromiso e a unidade do cadro de persoal, que hoxe deixou claro que non está disposto a tolerar máis retrocesos nas súas condicións de traballo.

    Folga FROIZFolga FROIZFolga FROIZFolga FROIZ

     

  • «Ou salario ou conflito», advirte a secretaria xeral de CCOO

    "Levámolo dicindo durante todo o verán, despois de que a CEOE se erguese da mesa de negociación: "salario ou conflito". É unha cuestión de principios", sinalou a dirixente sindical ante os medios de comunicación.

    "A clase traballadora non pode pagar o custo da crise. Fálase moito de pacto de rendas, pero a patronal só quere oír falar del cando os traballadores e as traballadoras sexan quen asuman o custo da crise, por iso cómpre actuar tamén sobre os beneficios empresariais", clarificou a sindicalista.

    Hoxe venres, 7 de otubro, a secretaria xeral de CCOO, canda o seu homólogo da UGT, estarán na concentración convocada en Ourense, ás 12 horas, diante da patronal provincial.

    Mobilizacións do venres, 7 de outubro

    Xoves, 6 de outubro

    — Ourense: concentración ás 12.00 horas diante da Confederación de Empresarios de Ourense. Asistirán a secretaria xeral de CCOO e o secretario xeral de UGT

    — Lugo: concentración ás 12.00 horas diante da Confederación de Empresarios de Lugo (só CCOO)

    — Pontevedra: concentración ás 12.00 diante da Cámara de Comercio (só de CCOO)

    — Vigo: concentración ás 12.00 horas diante da Confederación de Empresarios de Pontevedra

  • Proclamación de candidaturas da Comarca de Ferrol

    Desde a Federación de Servizos de CCOO de Galicia unha vez máis comunicamos que en base ao regulamento das asembleas congresuais de Nivel I punto D, Candidaturas:

    • A proclamación das candidaturas entenderase definitiva se finalizado o prazo habilitado para presentar reclamacións ás mesmas non se formalizou ningunha reclamación.
    • Se só houbese unha candidatura proclamada, non se procederá á súa votación, quedando elixidos todos os candidatos e candidatas (titulares e suplentes). Ler máis

    Polo que se resolve, tras a finalización do prazo de presentación de candidaturas 

    Quedan proclamadas as seguintes candidaturas da Comarca de Ferrol presentadas en tempo e forma: 

    • Candidatura asemblea Nivel I – III Federación de Servizos de Galicia
    • Candidatura asemblea nivel III Unión Comarcal Ferrol 
    • Coordinador ou Coordinadora da Federación na UC de Ferrol 

    Que só foi presentada unha candidatura en cada unha das asembleas, por iso non se procederá á súa votación
    Quedan elixidas todas as persoas que conforma a candidatura, tanto titulares como suplentes.
    Que pola Lei de Protección de Datos non se poden publicar, pero desde a Secretaria de Organización estamos a vosa disposición para calquera dúbida ou aclaración.