CCOO mellora os resultados obtidos nas anteriores eleccións en Sport Street S.L., empresa da que provén Décimas SLU, despois da segregación en distintas marcas.
Categoría: Union Comarcal Ferrol
-
CCOO Servizos obtén toda a representatividade en DÉCIMAS (A Coruña, Ferrol e Santiago)
CCOO gañou as eleccións sindicais ao ter sido elexidas as tres delegadas de personal que se presentaron, quedando a CIG sen representación.Cabe salientar que o plantel é maioritariamente feminino e que estre feito se reflectiu na elección das representantes. CCOO quere expresar o seu agradecemento ás persoas que participaron neste proceso e en especial ás que co seu voto depositaron a súa confianza nas Comisións Obreiras. -
10 de Marzo – Día da Clase Obreira Galega do 2017
Hoxe, 10 de Marzo de 2017, conmemoramos o aniversario daquela tráxica
data de loita, pero tamén de honra e de dignidade da clase obreira
galega. Daquela, os traballadores e traballadoras da Bazán pelexaban
polo seu convenio colectivo, por un salario digno, contra a carestía da
vida, por mellores condicións de vida e polas liberdades democráticas.
Hoxe, 45 anos máis tarde, a cerna daquelas reivindicacións é a mesma:
seguimos loitando polos convenios colectivos, porque son o único
instrumento válido para mellorar as condicións laborais das
traballadoras e traballadores e porque con eles se aplica a primeira
repartición da riqueza nas empresas.Por iso agora é máis importante, se cabe, a negociación colectiva. E por
iso a patronal está menos interesada nela. A economía recupérase e
estase a xerar riqueza, pero a súa distribución é inxusta: as rendas
salariais perden peso fronte aos beneficios empresariais. Van aló case
nove anos de crise e de nefastas políticas que non nos sacaron dela; e,
sobre todo, dúas reformas laborais deixan tras de si un mercado de
traballo deteriorado, emprego escaso e precario, salarios desvalorizados
e unha negociación colectiva desposuída da súa antiga forza.Que
saiba a patronal que daremos a batalla convenio a convenio, empresa a
empresa, para recuperar a negociación colectiva. Temos capacidade de
mobilización e temos propostas para frear a perda de poder adquisitivo
dos salarios e para repartir de maneira negociada a produtividade.
Medidas, por exemplo, como as recollidas nos Acordos Interconfederais de
Emprego e Negociación Colectiva.Sen convenios non hai nin
emprego nin salarios dignos e a recuperación económica non será sólida
nin xusta. Sen negociación colectiva, a maioría social que carga cos
efectos da crise non recuperará os niveis de vida anteriores.
Galicia
é hoxe máis pobre, máis inxusta, máis desigual. Temos peores servizos
públicos e menor protección social que ao comezo da crise. Necesitamos
máis e mellores empregos. Necesitamos anular os devastadores efectos de
dúas reformas laborais e de case nove anos de axustes e recortes.O
Goberno galego debe liderar un novo modelo de crecemento económico
equilibrado e duradeiro, respectuoso co medio ambiente, condición
necesaria para que creza a produtividade. Só nesas condicións a
sociedade galega ampliará o seu horizonte de desenvolvemento e de
cohesión social.Este novo modelo de crecemento debe asentar na
formación ao longo da vida, na innovación e na industria, na creación de
emprego estable e con dereitos, na protección ás persoas desempregadas e
na igualdade entre mulleres e homes. Tamén ha contar con garantías para
a protección da saúde no traballo, para asegurar condicións de vida
dignas, con medidas para que as pensións, a educación, a sanidade ou a
atención ás persoas dependentes sexan dereitos consolidados.Porque eles foron hai 45 anos, somos. Pola loita que fagamos, serán.
VIVA A CLASE OBREIRA GALEGA!!
VIVA O DEZ DE MARZO!!
VIVAN AS COMISIÓNS OBREIRAS!!
DANIEL E AMADOR, NA MEMORIA!! -
Concentracións fronte ás sedes das patronais en defensa da negociación colectiva
UGT-Galicia e o S. N. de CCOO de Galicia convocaron para hoxe mércores, día 22 de febreiro, concentracións fronte ás sedes das patronais en
defensa da negociación colectiva. Os sindicatos lembran que o actual escenario
económico vén definido polo continuo do crecemento do produto interior bruto,
un 3,3 en Galicia en 2016 e uns prognósticos de aumento para 2017 do 2,4 %. CCOO
e UGT entenden que esta incipiente recuperación da economía se debe traducir
nunha mellora, tamén, do poder adquisitivo dos salarios, desvalorizados tras
máis de oito anos de crise.

Mediado xa o mes de febreiro, aínda non
foi posible consensuar coas patronais o díxito de aumento salarial para este
ano, tal e como se establecía no III Acordo sobre Emprego e Negociación Colectiva.
Os aumentos dos últimos meses sitúan a taxa interanual do IPC
no 3 % en xaneiro, prexudicando a capacidade de compra dos fogares. Porén, a
proposta das organizacións empresariais fica curta, con aumentos de «ata o 1,5
%», cifra inaceptable, pois suporía a perda de poder de compra dos
traballadores e as traballadoras nun contexto de expansión da actividade e dos
beneficios empresariais.UGT e CCOO apostan por compatibilizar a
mellora de competitividade empresarial coa mellora dos salarios reais: subas do
1,8 ao 3 %, con cláusula de revisión para evitar que o aumento do IPC
por riba da previsión prexudique o pactado.Ambos os dous sindicatos defenden a
recuperación dos salarios, pero tamén da calidade do emprego: nos últimos anos
non deixou de medrar a precariedade; hoxe, de cada 100 contratos que se asinan,
91 son temporais e 9 indefinidos, dos cales unicamente 5 son indefinidos a
tempo completo.Isto, sumado a un paro de longa duración
que afecta ao 58 % do total de persoas desempregadas, un paro xuvenil que
alcanza ao 40 % da poboación activa galega menor de 25 anos, a caída en 16
puntos da cobertura das prestacións por desemprego ?só recibe prestación o 53 %
das persoas paradas e rexistradas nos servizos públicos de emprego? e unhas
baixas pensións que ocupan os últimos postos a nivel estatal ?e das que
dependen cada vez máis familias? conduce a unha situación insostible.Os sindicatos defenden que a situación
actual esixe actuar con urxencia para rescatar as familias e construír un
modelo de crecemento que reduza o desemprego; que atalle a pobreza nas súas
múltiples manifestacións; que sirva para soster o modelo social recuperando a
calidade perdida na sanidade, a educación, a atención á dependencia; que aposte
pola industria e a innovación e a ciencia e por un marco democrático das
relacións laborais; que recupere a calidade do emprego, a negociación colectiva
e o tratamento do despedimento. Nesta orde de cousas non se pode esquecer a
necesidade de derrogar as reformas laborais impostas que tan lesivas están a
ser para o mercado laboral. -
O dereito a gañar o mesmo
Cando falamos de
brecha salarial nosa cabeza vai a «as mulleres cobran menos que os
homes por igual traballo» exclusivamente, sen mirar outros factores
que inflúen directamente nesta diferenza.O primeiro que temos
que reflexionar é que a brecha salarial é unha discriminación
directa cara ao sexo feminino e vai aumentando coa idade. Que
significa isto?, é ben sinxelo, a brecha salarial aumenta a medida
que o fai a idade das traballadoras, e non deixa de crecer desde os
30 ata a idade de xubilación, o que terá consecuencias nas pensións
do futuro. Ao chegar a idade de xubilación os homes cobrarán máis
que as mulleres co que nos atopamos ante unha circunstancia tan real
como denunciable e é o empobrecimiento da muller unha vez finalizada
a súa etapa laboralE por qué? Na nosa
sociedade a muller segue encargándose das responsabilidades
familiares e tanto a maternidade «real» como «a potencial» seguen
sendo condicionantes para atopar emprego ou permanecer nel. Para
solucionar isto é necesario que dunha vez haxa unhas políticas
públicas sociais tanto para maiores como para menores que permitan o
desenvolvemento profesional das mulleres e se deixe de encadrar á
muller como coidadora ou como responsable do fogar. É necesario
fomentar e sensibilizar na corresponsabilidade.Tamén é certo, que
o menor salario das mulleres obedece, non tanto aos factores
controlados na negociación colectiva como a outro tipo de factores
que deben ser tidos en conta e que van desde o tipo de xornada, a
ocupación, o nivel de estudos, a idade ata a modalidade de contrato.
A crise económica tivo un efecto negativo tanto no emprego masculino
como no feminino, sendo este último o máis afectado pola
precariedade. As mulleres son as que ocupan o primeiro posto en
contratación a tempo parcial xa que non só traballan menos horas
senón que a remuneración por unha hora a tempo parcial é inferior
a remuneración por unha hora a tempo completo.A ocupación das
mulleres concéntrase en sectores feminizados onde as remuneracións
son máis baixas e a posibilidade de formación está moi limitada.
Debemos esixir actuacións públicas encamiñadas ao investimento
público para a profesionalización e mellora de cualificación a
través da formación destes sectores como son hostalaría, comercio,
telemarketing? coa finalidade de incrementar o seu valor engadido.Tampouco debemos deixar de mencionar outra realidade e é que un
maior nivel de formación das mulleres non se traduce nun maior
salario medio. Isto confírmanos que con independencia do nivel de
formación, a diferenza salarial persiste e aumenta. Por último para
combater esta situación de desigualdade e discriminación nas
condicións laborais e salariais hai que adoptar medidas para
fomentar o emprego de calidade entre as mulleres e que impulsen a
contratación a xornada completa desde o inicio, hai que facer
cumprir a obrigatoriedade de negociar plans e medidas de igualdade
nas empresas e hai que desenvolver políticas que faciliten a
conciliación da vida laboral, familiar e persoal que contribúan á
permanencia das mulleres no mercado laboral, posibilitando así o seu
desenvolvemento profesional.Berta Fernández
Secretaria de Muller e Igualdade de CCOO Servizos Castela e León. -
Mobilizacións o día 19 en toda Galicia «por uns salarios e emprego dignos»
CCOO e UGT convocan mobilizacións nas principais cidades e vilas galegas
(A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo) para o
vindeiro domingo, día 19. Os sindicatos denuncian que, mentres soben os
prezos, os salarios perden poder adquisitivo e aumenta a desigualdade.MANIFESTACIÓNS
-Santiago: 12 h, Alameda-Praterías
-Ourense: 12 h, ao redor da Subdelegación do GobernoCONCENTRACIÓNS
-A Coruña: 12 h, Delegación do Goberno
-Ferrol: 12 h, edificio da Xunta
-Lugo: 12 h, Subdelegación do Goberno
-Pontevedra: 12 h, Subdelegación do Goberno
-Vigo: 11.30 h, museo MARCOUGT e CCOO reiteran que nos últimos anos a cidadanía tivo que afrontar a
perda progresiva de poder adquisitivo dos salarios, das pensións e das
rendas de protección, o que está a xerar un crecemento sostido da
desigualdade. Isto é consecuencia do forte aumento do desemprego e da
xeneralización da precariedade laboral, así como da suba dos prezos das
subministracións básicas, electricidade, gas e auga.A imposición
de políticas de austeridade e continuos recortes, tanto no eido social
como laboral, disparou as taxas de desemprego ata niveis insoportables e
provocou a dualidade do mercado de traballo. Isto derivou nunha
sociedade máis empobrecida e nun retroceso inxustificado de dereitos
sociais e laborais.A tímida recuperación económica que se
rexistra desde o 2015 non está a chegar nin aos salarios nin á rede de
protección social. E, por se fose pouco, a cidadanía tense que enfrontar
á suba do custe dos servizos básicos.
Os gobernos non poden mirar
cara outro lado e as organizacións patronais tampouco. Son culpables do
que pasa, da suba incontrolada dos prezos, da perda de poder de compra
dos salarios, das pensións e das rendas de protección.Por todo
isto, UGT-Galicia e o S. N. de CCOO de Galicia chaman a cidadanía galega
a saír á rúa este domingo contra o encarecemento da vida, especialmente
contra a suba dos servizos básicos esenciais.
Hai que saír á rúa
para demandar subas salariais, das pensións e das rendas de protección.
Subas que permitan recuperar o poder adquisitivo, retomando o IPC como
índice de actualización.Hai que saír á rúa para reclamar máis e
mellor emprego; contra a precariedade laboral; contra a brecha salarial;
pola recuperación de dereitos e da calidade dos servizos públicos; por
unha prestación de ingresos mínimos que axude a combater a desigualdade e
a pobreza; e pola derrogación das reformas laborais.