Categoría: Union Comarcal Ferrol
-
CCOO Servizos renova a súa maioría nas eleccións sindicais en FREMAP Coruña
CC.OO. revalida a súa maioría nas eleccións celebradas onte nos catro centros de Fremap na provincia da Coruña: Coruña, Ferrol, Santiago e Ribeira, cun censo total de 76 electores. Dos 5 representantes
elixidos 4 son de CC.OO. e 1 de UGT.
CC.OO. pasa de 3 a 4 representantes, UGT de 2 a 1, resultado que o sindicato entende como un
recoñecendo das traballadoras e traballadores da empresa ó traballo
realizado por CCOO.
Desde CCOO
queremos agradecer ás traballadoras e traballadores de Fremap Galicia a confianza depositada nesta organización. -
Convocatoria para o Proceso Congresual da Federación de Servizos de CC.OO. de Galicia
Por
medio da presente nota, comunicamos que se convocaron os procesos
congresuais de CCOO, e tes á túa disposición as normas que rexerán
devandito proceso no ámbito da Federación de Servizos deGaliciana seguinte ligazón:http://www.ccoo-servicios.es/g
alicia/html/37982.html Así
mesmo, comunicámos que até o 19 de novembro, poderase consultar a inclusión individual no censo da asemblea correspondente ao correspondente ámbito
de participación nos locais indicados na anterior ligazón, ou ben
solicitando información ao
teléfono 981145885, ou ao correo electrónico direccionprovisional.galicia@servicios.ccoo.es Aquí pode consultarse o último número dun boletín coas últimas noticias da Federación de Servizos deGalicia,domundo laborale de ofertas para afiliados. Para subscribirse só hai que enviar un correo a comunicaciongalicia@servicios.
ccoo.es . -
Normas definitivas do Proceso Congresual da Federación de Servizos de Galicia
A Dirección Provisional de CCOO Servizos Galicia, na súa reunión do pasado 20.10.2016 aprobou a modificación do Anexo Organizativo, á súa vez aprobado no Consello Federal do pasado 14.09.2016, adecuando ao mesmo os anexos organizativos dos sindicatos comarcais de Galicia, aprobados a posteriori.
-
Convocatoria e normas para o desenvolvemento do Plenario en Galicia da Sección Sindical de CCOO en SUPERMERCADOS DIA
A Comisión Executiva da
Federación de Servizos de CCOO, na súa reunión do pasado 12 de
setembro de 2016, aprobou a convocatoria do Plenario da Sección
Sindical Estatal de SUPERMERCADOS DIA que se celebrará en Madrid
o próximo 29 de novembro de 2016, así como as Normas de
Funcionamento do mesmo.A Dirección Provisional de CCOO
Servizos Galicia, en cumprimento das normas aprobadas para este
proceso pola C.E. Federal, así como do Regulamento Interno de
seccións sindicais aprobado polo Comité Federal o 20 de abril de
2015, adopta as seguintes normas para o seu desenvolvemento en
Galicia.Normas Plenario DIA Galicia GL Normas Plenario DIA Galicia ES
