Coa finalidade de expoñer a situación actual da Federación de Servizos de Galicia aos delegados das comarcas de A Coruña e Ferrol, convócase unha asemblea que terá lugar o próximo 21 de setembro ás 11:00 no salón de actos do Edificio Sindical de A Coruña, Av. Alfonso Molina, km 2, planta baixa.
Categoría: Union Comarcal Ferrol
-
A declaración de Zona de Gran Afluencia Turística nunha Cidade non pode supor a precarización do emprego e a perda de dereitos
A
Federación de Servizos de CCOO de Galicia quere saír ao paso das
declaracións vertidas na prensa por parte da Patronal de Grandes
Almacéns (ANGED), nas que vén dicir que deixar fóra das
devanditas zonas ás grandes cadeas de distribución evita a
competitividade das tendas físicas vs tendas online e evita a
creación de centos de postos de traballo que serían necesarios para
atender un horario comercial máis amplo.É
necesario aclarar que a Patronal ANGED xa vén pedindo desde hai
moitos anos a liberalización total do comercio e só grazas ao
rexeitamento dos Sindicatos e do Pequeno Comercio se puido evitar.Esta Patronal sempre argumenta que esta liberalización vai crear emprego, e con todo, ano tras ano o que fai é precarizar a situación no sector, asinando convenios cos seus sindicatos afíns que van minguando as condicións de traballo nos centros. Só no último convenio pasouse a aumentar a xornada en 28 horas anuais e deixar de remunerar os domingos e festivos pasando a traballarse coma se dun día máis se tratase (co que nos podemos imaxinar en que situación nos quedariamos se, como pretenden, nos fan abrir todos os domingos e festivos do ano). Segue
Por
suposto non aceptamos tampouco que se defina ao comercio como un
servizo público, ANGED confunde e esquécese de engadir a
preposición e definilo como o que realmente é, «un servizo para
o público».Entendemos
que o desafío do comercio hoxe pasa por entender as necesidades do
consumidor ofrecéndolle o que necesita e mantendo un bo ambiente
laboral nas tendas para que o traballador poida desenvolver o seu
traballo en condicións óptimas, e non en fomentar o consumo
irresponsable e baixar prezos á conta das condicións laborais dos
traballadores.Por
último, se ANGED o que propón é que nos acheguemos ás condicións
de libre apertura de Portugal, nós propomos achegarnos ás
condicións doutros países onde tamén no comercio se pode conciliar
a vida familiar e laboral.En
definitiva estamos de acordo en afrontar ese debate coherente sobre o
futuro do comercio, sempre que sexa iso (coherente), e non busque
precarizar aínda máis as condicións xa de seu inasumibles de todos
os traballadores e traballadoras do comercio, e considerando que 12
horas ao día 6 días á semana son máis que suficientes para
atender ao consumidor. -
Xuntanza de delegadas e delegados de Alcampo Galicia
No
día de hoxe reuníronse nos locais de CCOO en Santiago, os delegados
e delegadas de ALCAMPO de Galicia.Este
ano finaliza a vixencia do Convenio Colectivo de Grandes
Almacéns,(ANGED), polo que desde a Federación de Servizos de
Galicia iniciamos xuntanzas de todos os delegados/as para preparar
estas negociacións.O
obxetivo desta xuntanza :-
Debatir
e propoñer os temas e puntos para a negociación. -
Elaborar
puntos para incluir na plataforma de CCOO. -
Información
e traslación da negociación.
Todos
os acordos aos que se chegue trasladaranse á Sección Sindical
Estatal, para que, en coordinación co resto de Seccións Sindicais
Estatais, elabore a plataforma e negociar o próximo convenio. -
-
CCOO-Servizos traballará para homoxeneizar condicións laborais en Inditex
A Federación de Servizos de CCOO de Galicia organizou este martes
unha reunión coa representación legal do grupo de empresas de Inditex
para marcar criterios de unificación da negociación e tamén traballar na
homoxeneización das condicións laborais.Segundo CCOO-Servizos, existen diferenzas salariais e en materia de
dereitos sociais entre o persoal destas empresas, incluso no caso das
encadradas na mesma comunidade autónoma. En concreto, o sindicato
destaca as diferenzas entre o colectivo de traballadores e traballadoras
da rede de tendas respecto do departamento loxístico da empresa.CCOO-Servizos quere pór fin a esta «discriminación», xa que o persoal
das tendas é, a final de contas, «a imaxe da marca Inditex». Por iso,
esta federación traballará seguindo o criterio de unificar as condicións
laborais no ámbito autonómico, co obxecto de reducir as diferenzas ata
que desaparezan.O sindicato tamén «traballará arreo» para combater a precariedade e a
eventualidade na empresa, xa que un dos principios básicos de CCOO é a
defensa do emprego digno e de calidade «e así se vai esixir en canta
mesa de negociación houber».
-
Reunión de delegadas e delegados de CCOO Servizos do Grupo Inditex
O
vindeiro 5 de abril
terá
lugar en Santiago
a primeira
reunión de representantes da
Federación de Servizos de
CCOO Galicia
no
Grupo Inditex,
onde, entre outras
cuestións,
se analizará
a situación da Negociación Colectiva das
marcas que forman parte dese grupo (Zara,
Berska, Stradivarius, Lefties, …).Unificar criterios en canto a negociación,
potenciar a coordinación para aproveitar os recursos que o sindicato
pon á súa disposición, mellorar a comunicación e aumentar a
afiliación serán cuestións que centrarán o encontro.Preténdese
incrementar o compromiso de posta en común periódica aportando
experiencias e intercambiando criterios sobre problemática laboral e
traballo sindical, así como coñecer de primeira man a situación do
personal de cada centro de traballo.