Categoría: Union Comarcal Lugo

  • Xuntanza de delegadas e delegados de Alcampo Galicia

    No
    día de hoxe reuníronse nos locais de CCOO en Santiago, os delegados
    e delegadas de ALCAMPO de Galicia.

    Este
    ano finaliza a vixencia do Convenio Colectivo de Grandes
    Almacéns,(ANGED), polo que desde a Federación de Servizos de
    Galicia iniciamos xuntanzas de todos os delegados/as para preparar
    estas negociacións.

    O
    obxetivo desta xuntanza :

    • Debatir
      e propoñer os temas e puntos para a negociación.

    • Elaborar
      puntos para incluir na plataforma de CCOO.

    • Información
      e traslación da negociación.

    Todos
    os acordos aos que se chegue trasladaranse á Sección Sindical
    Estatal, para que, en coordinación co resto de Seccións Sindicais
    Estatais, elabore a plataforma e negociar o próximo convenio.

  • CCOO-Servizos traballará para homoxeneizar condicións laborais en Inditex

    A Federación de Servizos de CCOO de Galicia organizou este martes
    unha reunión coa representación legal do grupo de empresas de Inditex
    para marcar criterios de unificación da negociación e tamén traballar na
    homoxeneización das condicións laborais.

    Segundo CCOO-Servizos, existen diferenzas salariais e en materia de
    dereitos sociais entre o persoal destas empresas, incluso no caso das
    encadradas na mesma comunidade autónoma. En concreto, o sindicato
    destaca as diferenzas entre o colectivo de traballadores e traballadoras
    da rede de tendas respecto do departamento loxístico da empresa.

    CCOO-Servizos quere pór fin a esta «discriminación», xa que o persoal
    das tendas é, a final de contas, «a imaxe da marca Inditex». Por iso,
    esta federación traballará seguindo o criterio de unificar as condicións
    laborais no ámbito autonómico, co obxecto de reducir as diferenzas ata
    que desaparezan.
    O sindicato tamén «traballará arreo» para combater a precariedade e a
    eventualidade na empresa, xa que un dos principios básicos de CCOO é a
    defensa do emprego digno e de calidade «e así se vai esixir en canta
    mesa de negociación houber».
     

  • Reunión de delegadas e delegados de CCOO Servizos do Grupo Inditex

    O
    vindeiro 5 de abril
    terá
    lugar en Santiago
    a primeira
    reunión de representantes da
    Federación de Servizos de
    CCOO Galicia
    no
    Grupo Inditex,
    onde, entre outras
    cuestións,
    se analizará
    a situación da Negociación Colectiva das
    marcas que forman parte dese grupo (Zara,
    Berska, Stradivarius, Lefties, …).

    Unificar criterios en canto a negociación,
    potenciar a coordinación para aproveitar os recursos que o sindicato
    pon á súa disposición, mellorar a comunicación e aumentar a
    afiliación serán cuestións que centrarán o encontro.

    Preténdese
    incrementar o compromiso de posta en común periódica aportando
    experiencias e intercambiando criterios sobre problemática laboral e
    traballo sindical, así como coñecer de primeira man a situación do
    personal de cada centro de traballo.