Con
respecto ás reunións convocadas pola dirección da empresa, con
toda rapidez, para aplicar un plus que equipare as condicións
salariais das tendas
de INDITEX Ourense e Lugo a outras provincias, desde CCOO queremos indicar: segue
Que
loxicamente estamos a favor de calquera incremento económico, pero
non se pode dicir que o plus foi negociado. O importe do mesmo
decidiuse unilateralmente pola dirección da empresa e o que se expón
para Lugo e Ourense non equipara realmente condicións, non soluciona a
diferenza con respecto a outras provincias e non se achega ás
pretensións que ten CCOO:
-
Desde
CCOO traballamos para que todas as traballadoras e traballadores de
INDITEX teñan as mellores condicións laborais, xa sexan de tendas,
loxística
ou oficinas,
evitando que haxa traballadores e traballadoras de primeira,
segunda e terceira categoría. -
Por
iso desde CCOO cremos que a única forma seria e responsable de
evitar diferenzas nas condicións entre o persoal, é unha reunión
global a nivel de Galicia. INDITEX ten que sentar a negociar de
verdade, porque todo o persoal ten que ter as mesmas condicións
independentemente da provincia e o centro de traballo. -
Outras
opcións sindicais son moi libres de dicir e facer o que queiran,
pero nós limitámonos aos feitos e estes son que non hai
negociación, hai decisión unilateral da empresa no que respecta a
importes de complementos por provincia e aínda que non podemos
negar que o complemento é importante, non podemos conformarnos,
porque as diferenzas salariais e sociais seguen existindo. -
En
CCOO só temos un obxectivo, conseguir que algún día, esperemos
máis pronto que tarde, absolutamente todo o persoal das tendas de
INDITEX, teña as mellores condicións sociais e económicas.
