Categoría: Union Comarcal Lugo
-
Carta á Xunta de Galicia rexeitando a apertura de domingos e festivos no Comercio Galego
Unha vez máis, como cada ano, desde a Xunta de Galicia e en cumprimento da lei de horarios comerciais, solicítasenos que entreguemos unha relación de dez domingos e festivos que puidesen considerarse como de posible apertura comercial.A apertura de domingos e festivos en comercio, permite e fomenta unha loita desigual entre as grandes superficies e o pequeno comercio de proximidade, e coa escusa do incremento de postos de traballo, precariza as condicións das traballadoras e traballadores do sector.A estas alturas, a experiencia xa nos indica claramente que o incremento de horas comerciais non implica un aumento substancial do emprego, senón que máis ben lévanos á precarización das condicións laborais con incrementos abusivos de xornada, con aumento do número de horarios irregulares e impedindo a conciliación da vida laboral e familiar.Ademais a apertura de domingos e festivos, potencia unha perniciosa identificación entre lecer e consumismo desmedido.A Federación de Servizos de CCOO, unha vez máis, realizou un escrito de contestación situándose contra a apertura de domingos e festivos.Podes velo aquí -
CCOO Servizos obtén toda a representatividade nas eleccións de INDESNOR Lugo
Onte, xoves 28 de xullo, celebráronse eleccións sindicais na
empresa INDESNOR en Lugo pasando dunha delegada no anterior proceso electoral, a
un comité de empresa de 5 delgadas/os nesta ocasión. CCOO Servizos obtivo os 5
representantes que se elexían.A empresa galega Indesnor adícase a traballos de enxeñería con proxectos en todo o Estado empregando a máis de medio cento de persoas sobre todo en Lugo capital.A Agrupación de Servizos Técnicos de CCOO agradece a todo o persoal o seu apoio nestas
eleccións. Os delegados e delgadas de CCOO taballarán sen descanso na
melloras das condicións laborais de todos e todas. -
Concentracion fronte á central de Inditex para denunciar a situación laboral das traballadoras de LEFTIES (Inditex)
Hoxe, 22 de xuño, ás 12:00h, realizouse unha CONCENTRACIÓN diante da sede principal de lnditex en Arteixo en protesta pola reiterada actitude de desprezo da Dirección da empresa cara aos nosos dereitos e en demanda das melloras que levamos reclamando infrutuosamente desde hai moito tempo:
1.-A nivel ECONÓMICO:
-Incremento na porcentaxe de comisión de todo o persoal de Lefties.
-Incentivos equitativos cos que se cobran no resto das tendas da mesma empresa. Recordemos que LEFTIES É ZARA ESPAÑA, S.A. E NON UNHA CADEA INDEPENDENTE.
2.-A nivel LABORAL:
-Redución da excesiva carga de traballo mediante a oferta de horas ou ampliación de persoal.
-Eliminación da esixencia de xustificación nas solicitudes de redución de xornada por garda legal, xa que supón unha grave intromisión na intimidade e vida persoal das traballadoras.
Coñecemos casos de acoso e discriminación laboral que, evidentemente, crean conflitos persoais e tensións entre as traballadoras. A Dirección da empresa e Dirección de Tendas non fixeron nada efectivo até o de agora para atallar de maneira efectiva estes comportamentos. O único que se lles ocorreu foi iniciar uns ?protocolos de averiguación? de maneira unilateral, Sen Consultar nin dar participación ao Comité de Empresa, polo que se realizaron sen a transparencia necesaria. NON IMOS PERMITIR ESTE ESTILO DE DIRECCIÓN. Queremos e esiximOS que Se nos Xulgue unicamente polo noso traballo, non por outras circunstancias discriminatorias e alleas á relación labOral.
En canto á seguridade nas tendas, parece que, despois dunha longa loita por parte do Comité, a empresa vai contratar un VIXILANTE DE SEGURIDADE para a tenda do Torreiro. Esperamos que sexa unha medida permanente e non un APAÑO TEMPORAL como noutras ocasións.
LEFTIES, SOLUCIÓN XA!!!
CCOO UGT CIG
-
CCOO reitéralle ao Santander a petición dunha reunión formal sobre a adquisición do Popular
A sección sindical de CCOO-Servizos no Banco Santander reiteroulle hoxe á entidade, como principal interlocutora, unha reunión formal para que informe sobre a adquisición do Banco Popular. O sindicato demanda «axilidade» para ter canto antes información «de primeira man» sobre este proceso, alén do que diariamente se publica nos medios de comunicación e que está a xerar «intranquilidade» nos cadros de persoal de ambas as dúas empresas. Segue
Da Federación de Servizos de CCOO salientan que é a primeira vez que se aplica o mecanismo europeo de resolución de entidades financeiras, polo que no sindicato son «conscientes» de que os prazos poden alongarse. Con todo, as «incertezas» sobre o emprego directo e o indirecto requiren dunha resposta por parte da entidade compradora, neste caso o Banco Santander, xa que estamos a falar de case tres mil persoas en Galicia (1430 no Popular, 900 no Santander e 500 en empresas de servizos).
A principal preocupación de CCOO son os postos de traballo. Calquera reordenación, tanto da rede de oficinas como de servizos centrais, con perda de personalidade xurídica do Banco Pastor e do Banco Popular, debe realizarse «sen medidas traumáticas e de xeito consensuado coa representación legal do persoal», insisten desde o sindicato. Como exemplo, o que se fixo no Pastor-Popular no pasado exercicio, co asinamento de acordos para a garantía do emprego e a homologación das condicións laborais.
En segundo lugar, desde a Federación de Servizos do sindicato afirman que as garantías de emprego han estenderse ás diversas empresas en que o Popular é copartícipe.
Outra das inquedanzas de CCOO é o restablecemento da confianza de clientes e persoal da entidade vendida. Neste sentido, o sindicato coida que o Banco Santander debe «ofrecer solucións» para os pequenos accionistas que viron desaparecer os seus investimentos ?bonos e accións? por mor da aplicación do mecanismo único de resolución.
As persoas son o primeiro
Desde CCOO-Servizos afirman que se o Banco Central Europeo e a Comisión Europea pretendían «transmitir tranquilidade» ao sistema financeiro español, decidindo nun tempo brevísimo a resolución do banco e evitando así un custo ás arcas públicas pola inminente creba do Popular, outro tanto debe acontecer con todas as incertezas. O sindicato pide que, unha semana despois, se despexen canto antes todas as dúbidas, especialmente as referentes aos prazos, o futuro das marcas Banco Popular e Banco Pastor e as garantías reclamadas tanto polo persoal como a clientela. «As persoas son o primeiro», enfatizan desde CCOO.
-
A Federación de Servizos de CCOO continúa a rolda cos grupos parlamentarios para tratar a situación do Banco Popular
A Federación de Servizos de CCOO de
Galicia continúa a rolda de conversas cos grupos parlamentarios
galegos para abordar a problemática xurdida por mor da venda do
Grupo Banco Popular. Tras as xuntanzas do martes con En Marea e PP,
hoxe tivo lugar unha reunión con representantes do Grupo
Parlamentario Socialista. Segue

A
delegación de CCOO-Servizos estivo integrada pola secretaria xeral,
Lucía Trenor, pola responsable da sección sindical do Banco
Popular, Carmen Peteiro, e polo responsable do sector financeiro de
CCOO, Francisco Villares. Os voceiros sindicais alertaron das
«graves» repercusións sociais que para a nosa terra tería o
desmantelamento dunha entidade financeira «netamente galega» e
pedíronlles aos partidos políticos que se impliquen na defensa do
emprego e das condicións laborais.CCOO-Servizos
estendeu esa petición tanto aos postos de traballo directos- case
o 12 % do persoal do Popular, unhas 1430 persoas, está en Galicia-,
como ás empresas vinculadas -comercializadoras do parque
inmobiliario do banco, centros de chamadas, etc.-, que suman unhas 500
persoas.Reacción
do PSdeGA
delegación do Grupo Parlamentario Socialista afirmou «comprender e
asumir» a complexidade da situación. Así mesmo, amosou a súa
«receptividade e colaboración» tanto no eido parlamentario como no
político-social.Traballo
coordinado de CCOOCCOO-Servizos
ten a representación maioritaria no ámbito estatal e autonómico
nas empresas afectadas, isto é, tanto nos dous bancos como nas
empresas que lles prestan servizos. Así mesmo, todas as seccións
sindicais implicadas están a traballar coordinadamente desde que se
coñeceu a operación de compra.Isto
entra no calendario de encontros, que se estenderán á dirección do
Banco Santander e Universal Support -centro de chamadas con máis
de 200 persoas afectadas- tamén nesta semana.